"Xavier" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • PERSOEIRO

    Escritor francés, irmán de Joseph de Maistre. Publicou Voyage autour de ma chambre (1794) e algunhas novelas que xa anunciaban o romanticismo, como La jeune sibérienne (1825).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e guionista. Compaxina desde hai anos a súa obra literaria con colaboracións en cine e televisión (Terras de Miranda) e a realización de documentais (Ma Clon ou Londres-Santiago). Das súas obras destacan Morrer na herba (1995), Sinfonía inacabada (1996), Manancial (1997, Premio Xerais de Novela) e Ira (1999). Obtivo o Premio Blanco Amor (1999) e o Premio do Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e deseñador. De nome Francesc Xavier Errando Mariscal, estableceuse en Barcelona en 1970 e comezou a debuxar en revistas underground. Participou nas actividades do grupo italiano Memphis e en 1991 deseñou o can Cobi e a nena Petra, mascotas dos Xogos Olímpicos e Parolímpicos de Barcelona (1992). Foi un dos principais representantes da nova tendencia á artistización do deseño e á superación do rigor funcionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e historiador, irmán de Manuel Martínez Santiso. Dedicouse á arqueoloxía, á pintura, á caligrafía e ao xornalismo. Colaborou nos xornais locais El Anunciador, El Brigantino, Las Mariñas, El Mandeo e Betanzos Liberal. Escribiu unha continuación da Historia de la ciudad de Betanzos do seu irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial carlista, irmán de Xoán Martínez Villaverde. Foi depurado en 1832 do exército e uniuse ás filas dos carlistas. En 1834 levantou unha partida carlista nos arredores de Chantada e organizou a ocupación de Lugo, durante a que morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. A partir de 1954, en colaboración con Ramón Masats e Ricard Terré, realizou unha serie de exposicións (1958 e 1959) coas que reivindicou o valor documental e estético da fotografía urbana que facía. A partir da década de 1960 traballou como fotógrafo independente de publicidade e moda para publicacións como Triunfo, La Vanguardia ou El Periódico. Publicou o libro Barcelona, blanc i negre (1964), Costa Brava Show (1966) e a autobiografía Full de contactes (1998, Premio Gaziel). Recibiu o Premio Luis Navarro de Fotografía Moderna (1954). Tras a súa morte o Institut de Cultura de Barcelona instaurou o Premio de Fotografía que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi colaborador de El Eco de Santiago ata 1920, cando marchou a Madrid. Alí traballou en Vida Nueva. Publicou Monicreques (1910), Valores nuevos de la política. Basilio Álvarez y los agrarios gallegos (1916), La patria del almirante e El más valiente (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Discípulo de L. Millet, E. Morera e J. Pahissa, a súa obra conseguiu unha gran proxección internacional. Despois do seu primeiro éxito, Cinco canciones negras (1945), experimentou con diferentes estilos e tendencias. Así, tivo unha época antillana (Cuarteto Indiano, 1951), abstracta (Concierto breve, 1953), impresionista (Sonatine pour Ivette, 1960) e ecléctica (Concertino 1+13, 1975). A súa produción operística limítase ás obras El gato con botas, Una voce in off e Babel 46 (1967, estreada en 1994). Recibiu o premio Ciutat de Barcelona (1982), o Premio Nacional de Música (1991) e a Medalla de Oro al Mérito en Bellas Artes (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Redactor de opinión de El Correo Gallego, foi xefe de prensa da Xunta de Galicia, presidente da Asociación da Prensa de Santiago, director da revista Abesana e cofundador de Teima. Foi tamén creador e impulsor dos programas Saber e xogar e Romarías e Etcétera (1989) da TVG, e da publicación Xornal Diario (1991). Participou na publicación de Cultura y medios de comunicación en sociedades dependientes (1982) e escribiu Disparos (1989), El Correo Gallego: Doce décadas de periodismo en Galicia (1991) e Sumud. Conversa con Palestina (2003). Recibiu o premio extraordinario Galicia de Xornalismo (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, gravador e pintor. Como debuxante, deuse a coñecer sobre todo en Papitu (1909-1911), asinando a miúdo co pseudónimo de Babel. Cultivou tamén o cartelismo, o gravado, a ilustración (Abecedari Català per a nens, 1920), a pintura mural (adegas das Galeries Laietanes, 1915), a decoración de interiores (vestíbulos da Pedrera) ou a cerámica (adegas corporativas do Pinell de Brai).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesc Xavier Nogués i Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Cavaleiro de Oliveira, pertenceu á Ordem do Nosso Senhor Jesus Cristo. Tempo despois, converteuse ao protestantismo, e publicou en Amsterdam Mémoires de Portugal (1741) e Cartas familiares (1741), e en Londres Amusement périodique (1751), Discours pathétique (1756) e Le Chevalier d’Oliveira brulé en effigie (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director audiovisual en GAM, director de radio na Cadena SER e director xeral da cadea de televisión Localia Galicia, pertencente ao Grupo Prisa. Desde abril de 2004 pasou a ocupar o cargo de director xeral da Cadena SER en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Tui onde foi catedrático de Filosofía. Ordenouse presbítero en 1879 e licenciouse máis tarde en Teoloxía. Foi secretario particular do bispo Fernando Hüe Gutiérrez, Capelán de Honra de Súa Maxestade e predicador da súa Real Capela, e pertenceu ao Consejo de Vigilancia contra el Modernismo (1919). Colaborou en diferentes xornais e sobre todo en El Eco del Miño e está considerado como un dos fundadores de Integridad. Polo seu labor en Sevilla a propósito dunha epidemia recibiu a Gran Cruz de Beneficencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrou moi novo xunto cos seus pais a Montevideo, onde traballou de camareiro e frecuentou a comezos da década de 1920 os ambientes libertarios. Representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos no consello federal da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), contribuíu á súa reorganización a partir de 1926. Desterrado en 1933 pola Ditadura de Gabriel Terra, retornou a Galicia e ingresou na Coruña no Sindicato de Camareros Terrestres adherido á CNT. Formou parte do Comité da Confederación Regional Galaica-CNT nos últimos tempos da Segunda República Española e participou en numerosos actos de propaganda por toda Galicia. Co triunfo do golpe militar de 1936, foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión por actividades clandestinas. Desde 1945 exerceu de enlace entre o comité da Confederación Regional Galaica na clandestinidade e o comité nacional da CNT, e formou parte do comité local da CNT coruñesa. Desfeito o organigrama cenetista logo das detencións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en 1944 con Antonio Fernández. En 1950 recibiu unha pensión da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tomiño e asistiu como alumno libre a clases de debuxo no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Ao ano seguinte ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando e realizou a súa primeira mostra en Pontevedra. Estudou os distintos estilos e escolas artísticas españolas e europeas ao longo de diversas viaxes e en 1955 recibiu unha pensión para asistir a El Paular (Segovia), onde cultivou a paisaxe. Neste mesmo ano concedéronlle o Premio de Estado Carmen del Río da Academia de San Fernando. Rematou os seus estudos en 1956 e tras realizar novas viaxes regresou a Galicia en 1959. Durante a súa residencia en Ourense a partir de 1962 vinculouse aos Artistiñas de Vicente Risco, cos que realizou diversas mostras e participou na decoración do Hotel Mindanao de Madrid e dalgúns Paradores de Turismo de España (1966). Ao redor de 1967-1968 cofundou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Prado Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e autor teatral. Coñecido como Xavier Prado Lameiro, traballou no ámbito gandeiro, o que lle permitiu aprender o léxico e os costumes dos labregos galegos. Autor dos poemarios A carón do lume (1918) e Cóxegas e moxetes (1928), en que se reflicte a vida rural galega, destacan sobre todo os volumes de pezas teatrais Monifates (1928) e Farsadas (1928). Escritas en galego e castelán e dotadas dunha linguaxe clara e directa, posúe trazos dialectais propios da provincia de Ourense. Reiniciou a publicación de O Tío Marcos da Portela (1917), que cesou ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Vázquez Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e investigador. Doutor en Xeografía pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Xeografía na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia Galega de Ciencias, ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Galaico-Minhoto. Coordinador do proxecto Galicia Xeografía de Hércules de Ediciones, das súas obras destacan Bibliografía económica de Galicia (1960), Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (1980), Didáctica da Xeografía (1981), Cartografía Xurisdicional de Galicia no século XVIII (1990), Os ríos galegos. Morfoloxía e réxime (1992), Estudios de xeografía de Galicia (1995) e Galicia, esa descoñecida (1999). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1996) e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO