"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • Estrela da constelación da Aguia, a duodécima máis brillante da volta celeste a unha distancia de 17 anos luz. É a secuencia principal e pertence ao tipo espectral A5. Xuntamente con Vega e Deneb determina o triángulo de estío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador pioneiro dirixido aos afeccionados da informática no ano 1975. A versión de BASIC deste equipo constituíu o primeiro produto oficial da multinacional Microsoft.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos EE UU, no Estado de Xeorxia, na chaira costeira atlántica. Formado na confluencia do Oconee e do Ocmulxee, desemboca no esteiro do Atlántico, ao S de Savannals, logo dun percorrido de 221 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mesa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en 1973 da Galería de Arte desa cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego aparecida en Brión en novembro de 1985 e subtitulada “Revista informativa do Concello de Brión”. Editada pola Casa de Cultura, foi dirixida por X. Ramón Pais. Constaba das seccións: “Lembranzas”, onde se incluía historia, etnografía e arqueoloxía, e “Encontros ca a cultura”, xunto cun suplemento titulado O Xornal Verde con datos sobre medio ambiente. Informaba sobre orzamentos e actividades do propio concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, historiador, pedagogo e polígrafo. Foi Catedrático de Historia de Dereito Español na Universidade de Oviedo (1897-1910), dende onde tentou achegar a cultura universitaria á masa obreira, e Catedrático de Historia na Universidade de Madrid (1914-1936). Foi director xeral de Ensino Primario (1911-1913), cargo dende o que creou as escolas ao aire libre. No exilio acadou un gran prestixio internacional pola súa teoría pedagóxica. Nomeado polo Consello da Sociedade de Nacións, interveu na redacción do Anteproxecto do Estatuto do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia, do que foi membro dende 1921 ata 1940. Director do xornal republicano La Justicia e da Revista crítica de historia y literaturas españolas, portuguesas e hispanoamericanas. A súa obra máis importante, como historiador, é a Historia de España y de la civilización española (1906-1911); como pedagogo escribiu, entre outras obras, Giner educador (1915), Pestalozzi y nosotros, Ideario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido o 13 de marzo de 1455 por graza de Enrique IV de Castela a Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso, aínda que a Real Cédula de Privilexio non lle foi outorgada ata 1475. Este era señor da casa de Moscoso e da casa de Altamira, unha das máis ricas en vasalos e terras, e buscou a unión de toda a nobreza galega, rebaixada nas súas competencias coa política centralizadora dos Reis Católicos. Ao morrer sen descendencia, o título pasou a Urraca de Moscoso e Castro, e logo a Rodrigo de Moscoso Osorio, cabaleiro de pluma e espada, fillo do caudillo irmandiño Pedro Osorio. Loitou en 1468 na Segunda Guerra Irmandiña, participou na toma de Granada polos Reis Católicos e escribiu unha serie de composicións incluídas no Cancionero General de Hernando del Castillo. Ao seu fillo, Lope Osorio de Moscoso e Andrade foille outorgado polo Rei Filipe III a Grandeza de España en 1613. Creou a escuadra galega no 1537 e foi destinado a Italia como Gobernador. O quinto conde de Altamira, Rodrigo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabel de Castro e Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada preto de Santillana del Mar, Cantabria. Descuberta no 1869 por Cubillas, foi estudada por primeira vez por Marcelino de Sautuola no 1879. Malia os esforzos de Sanz de Sautuola a partir do ano 1880, non foi ata 1902, logo da descuberta das covas francesas de Les Combarelles e Font de Gaume, cando se recoñeceu a autenticidade das magníficas pinturas altamiranas, que lle custaran a Sautuola a acusación de falsificador. Foi daquela cando Emile Cartailhac e Henri Breuil publicaron os primeiros estudios de resonancia internacional. O xacemento arqueolóxico da cova escavouse dende 1875, poñendo ao descuberto unha serie de niveis que parten dun Musterense mal definido, seguido por un Solutrense non confirmado polas últimas investigacións e, finalmente, polo Madalenense (14000-10500 BP), momento que coincide co máximo apoxeo da actividade artística. A importancia desta cova reside nas súas manifestacións artísticas, agrupables en tres zonas: a máis próxima ao acceso dende o exterior (onde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortaleza construída no s XV sobre unha edificación preexistente, no territorio do actual concello de Brión. Foi construída polo conde Lope Sánchez de Moscoso co gallo de se defender dun posible ataque do Arcebispo Alonso de Fonseca. Sufriu o asolamento ocasionado polas guerras irmandiñas pero logo volveu ser reconstruída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Este título foi concedido polo Rei Enrique IV de Castela a Xoán de Viveiro, señor de Viveiro, Altamira e Barcial de Loma, o 15 de maio de 1473. Sucedeuno o seu fillo Alonso Pérez de Viveiro. En 1584, Filipe II concedeulle a Xoán Pérez de Viveiro, Mercadio e Guzmán, quinto vizconde de Altamira, o condado de Fuenzaldaña e os títulos de xentilhome de Cámara da súa Maxestade, gobernador do exército de Extremadura, dos estados de Flandes e de Gurlon, e embaixador en Francia. Ao morrer sen descendencia recolleu os títulos Xoán Esteban Pérez de Viveiro, a quen seguiu o seu fillo Alonso Pérez de Viviero. As distincións desta casa pasaron logo aos condes de Gripol porque levaban o apelido Viveiro e, máis tarde, ao marqués de Alcañices. As armas desta liñaxe levan, en campo de ouro, tres estrugas de sinople, cada unha con sete follas, enriba de tres cons da mesma cor, sobre ondas de azur e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Altamiros (Ávila) dende onde pasou a Galicia e a outros lugares da península e de América. Moitos membros desta familia ingresaron nas Ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara, Carlos III e San Xoán de Xerusalén. Os de Allariz levan como armas, en campo de prata, dez roeles de azur, postos en tres paos, con catro roeles o do centro (armas dos de Lemos). Os de Andalucía e Extremadura engaden un bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Os de Aragón traen, en campo de ouro, dez roeis de azur colocados de dous en dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político mexicano. Na súa narrativa, coa que acadou sona, tentou achegarse aos temas indíxenas mexicanos. Evolucionou cara ao Realismo, do que a novela El Zarco (1901) é o seu mellor expoñente. Expuxo as súas ideas liberais en El Correo de México, publicación da que foi un dos fundadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dourador de retablos. Realizou o estofado, pintado e dourado do retablo maior de San Xulián de Luaña (Brión) no ano 1604, no retablo maior da igrexa de San Francisco de Santiago en 1605 e a decoración das caixas dos órganos da catedral santiaguesa cara a 1607.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á locución ‘mesa de noite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bari, na Pulla, Italia, ao SL de Bari (61.242 h [1996]). Conserva as murallas e unha catedral do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano de Mongolia (1543-1583). Neto do Dayan Khan, apoiouse na rama sudmongólica dos ordos e dos tumetos, e conquistou un amplo territorio entre Huhn Nur e a Xungaria. Atacou China e chegou a asediar Pequín (1550), posteriormente concedéuselle o título de Príncipe da China para acadar a paz. Levou unha vida semisedentaria en Huh Hoto. Favoreceu a reintrodución entre os mongois do budismo tibetano, eliminado da China no 1368 xunto coa dinastía Yuan. Recibiu o terceiro Dalai Lama, da seita do Sombreiro Amarelo (Gelugpa) que se estende por toda Mongolia. Comezou, así, un florecemento da cultura mongólica que entrou no seu período clásico. Baixo o seu pulo fundáronse moitos mosteiros e estendeuse a crenza na reencarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monumento elevado enriba do solo, de pedra, madeira ou metal, destinado aos sacrificios culturais (cruentos ou incruentos) ou a colocar imaxes, queimar incenso ou perfumes, etc segundo o tipo de culto das diversas relixións. É, en todas as relixións, o lugar de contacto entre a divindade e os homes; xa existía na época prehistórica, nas civilizacións antigas do Próximo Oriente e nas tumbas de Exipto. Entre os pobos semitas era corrente o tipo de altar con catro cornos; no Xudaísmo, o altar do holocausto foi moi importante dende a construción do templo de Xerusalén. No mundo grecorromano haino nas tumbas e nas casas. En Grecia existía o pritaneón, altar da cidade, con lume constante e que tamén aparecía nas palestras, nos ximnasios, etc. O tipo máis común tiña forma de ara, pero na época helenística eran monumentais. En Roma o culto imperial fixo que moitos altares se dedicasen aos emperadores: algúns foron de dimensións monumentais, como o Ara Pacis Augustae....

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde ás voces ‘seo, peito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada por baixo da cola de Escorpión.

    VER O DETALLE DO TERMO