"baró" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Está situado na parroquia de Baroña (Porto do Son). Trátase dun asentamento marítimo construído sobre unha península que ocupa na súa totalidade, polo que a morfoloxía da planta está condicionada por ese feito. Estivo ocupado entre o s I a C e a fin do s I d C. Estaba rodeado por dúas murallas: da exterior, duns 35 m de longo, arrincaban outras dúas murallas cara ao núcleo central; a interior, que rodeaba o poboado, só permitía o acceso ao recinto habitacional a través dunha única porta. No castro hai ao redor de 20 vivendas de formas circulares ou alongadas e de paredes rectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narcose obtida pola inhalación dunha mestura anestésica de presión superior á presión atmosférica. Emprégase nas intervencións cirúrxicas que implican a abertura dunha pleura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Realizou adaptacións cinematográficas de varias obras literarias. Triunfou especialmente con Le père Goriot (O tío Goriot, 1922) e en Nêne (1923). Dirixiu tamén La maison de l´Espoir (A casa da esperanza, 1916), Pêcheurs d´Islande (Pescadores de Islandia, 1924), La duchesse de Langeais (A duquesa de Langeais, 1942), Les mystères de Paris (Os misterios de París, 1943) e Rocambole (Chiste, 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no val de Monterrei, entre os concellos de Monterrei e Verín, que aínda tiña vida conventual no século XII. Non se conserva ningunha documentación relativa ao mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da serra da Edreira, na parroquia de Castro de Laza (concello de Laza). Ten 1.406 m de altitude máxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista italiano. Entrou no mundo dos economistas, influído pola escola de Lausana e, en especial, por Léon Walras, co artigo “Il ministro della produzione nello Stato Collettivista” (O ministro da produción no estado colectivista, 1908), onde desenvolveu as ecuacións do equilibrio xeral aplicado ao socialismo, de xeito semellante ao que Walras fixera para o capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que posúe o título de barón.

    2. Dona dun barón.

    3. Nalgúns países, filla dun barón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No Reino Unido, nobre de rango inmediatamente inferior ao barón. Este título é hereditario e leva consigo o uso do apelativo sir. Foi creado en Inglaterra por Xurxo I no 1611 para financiar a colonización do Ulster; estendeuse a Irlanda no 1619 e no 1625 instaurouse en Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Territorio ou lugar sobre o que exerce a súa xurisdición un barón ou unha baronesa. Na xerarquía feudal figuraba por debaixo do vizcondado na xerarquización da aristocracia leiga.

    2. Título ou dignidade de barón.

    3. Demarcación feudal posuída por un barón; este exercía funcións xurisdicionais, absolutas nalgunhas rexións europeas, e dun carácter máis restritivo noutras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un barón ou a unha baronía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e historiador italiano, chamado propiamente Cesare Barone. Foi superior do Oratorio de San Filipo Neri (1593) e confesor pontificio (1594). A súa principal obra son os 12 volumes dos Annales eclesiastici (Anais eclesiásticos, 1588-1607), historia da Igrexa ata 1198, continuada por diversos autores, que acadou vinte e unha reedicións completas; escrita en ton apoloxético como resposta ás Centuries de Magdeburg, representou, non obstante, un avance na crítica histórica. Publicou un Martyrologium romanum (O martiroloxio romano, 1586).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastornos ocasionados por variacións súbitas da presión atmosférica, tanto por diminución (hipobaropatía) como por aumento (hiperbaropatía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos órganos sensibles á distensión das paredes nas que están situados. Regulan a presión sanguínea e a frecuencia cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para verificar a validez do principio de Arquímedes nos gases. É unha balanza de brazos iguais que, cunha presión atmosférica normal, mantén o equilibrio entre unha esfera de cobre, baleira e pechada hermeticamente, e outra maciza de peso equivalente e volume moito máis pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinusite nasal provocada por cambios súbitos da presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oscilación da superficie sólida da Terra rexistrada no sismógrafo. Xeralmente é irregular e dun período inferior ao minuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo regulador da cantidade de combustible que, nas turbinas de gas para usos aeronáuticos, compensa a presión de acordo coas variacións de presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que rexistra ao mesmo tempo as variacións de presión e de temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Otite provocada por cambios súpetos da presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO