"corón" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 45.

  • Xénero de herbáceas da familia das brasicacéas, de ata 30 cm de lonxitude. Presentan follas fondamente pinnadas, flores brancas de 25 mm de diámetro dispostas en pólas laterais opostas ás follas, que dan lugar a froitos rugosos en silicua de ata 4 mm, na que o septo é tan ancho coma o menor diámetro do froito. En Galicia aparecen, en entullos e camiños, as especies: C. didymus, orixinaria de Sudamérica, e C. squamatus. Coñécense popularmente como mestruzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo superior do oogonio formado por cinco ou dez células, que presentan as carofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ecuatoriano. Describiu nas súas novelas a explotación dos indios sudamericanos e os problemas agrarios que existían. É autor de Huasipungo (1934), En las calles (1935), Huairapamushcas (1948), El chulla Romero y Flores (1958) e a triloxía Atrapados (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias (20.295 h [2001]). Ten cultivos mediterráneos e subtropicais, industria do moble, do tabaco, do algodón e alimentaria. Tamén é destacable a pesca de baixura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1535 viaxou a Nueva España e tres anos despois foi nomeado gobernador de Nueva Galicia. Descubriu o Gran Canón do Colorado e a súa desembocadura, explorou o val do Río Grande, e as chairas do O do Mississippi ata as Montañas Rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO