"ful" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • itrificación producida pola caída dun lóstrego en materiais compactos ou que son pouco coherentes e con moito sílice, sobre todo as areas. As fulguritas adoitan ter forma de tubos estreitos, ás veces retorcidos, de diversos centímetros de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada na Coruña a partir do 2 de febreiro de 1882. Cesou a súa edición probablemente o 26 de xullo de 1888. Os responsables da revista foron Anxo Vázquez Taboada e Carlos Pol. Subtitulouse “Semanario de intereses morás e materiás, noticias e anuncios” e incluíu numerosas composicións en galego de destacados escritores, como Curros Enríquez ou Basilio Losada, e relatos en prosa. Puido continuar a súa edición en Betanzos co subtítulo de “Cencerrada semanal. Pr’os xueves d’o ano todo”. Atacou o periódico conservador e católico Las Mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos rálidos, ao que pertencen algunhas galiñolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combinación de cartas no xogo do póker formada por un trío e unha parella. Na escala de valoración está por encima da cor e por debaixo do póker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e relixioso. Os seus primeiros estudios lingüísticos defendían a unidade da lingua catalana. En 1910 redactou unha Gramàtica elemental de la llengua valenciana (1915), na que, como membro da Acadèmia de la Llengua Catalana, adoptou unha posición ecléctica fronte ás Normes ortogràfiques do Institut d’Estudis Catalans (IEC) e certas solucións ortográficas dialectais. En obras posteriores (Compendi de la gramàtica valenciana, 1921, e Vocabulario ortogràfic valencià-castellà, 1921) acentuou esta tendencia vulgarizante. En 1928 ingresou na Academia Española. As súas posicións gramaticais aínda variaron en Ortografia valenciana (1932), pero seguiu sen aceptar as normas do IEC. Tamén publicou, entre outras obras, Historia de la villa y condado de Cocentaina (1920), Temes pràctics per a l’ensenyança de la llengua valenciana (1926) e Los caballeros de apellido March en Cataluña y Valencia (1935)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Estudiou nas academias militares Sandhurts e Camberley. Na Primeira Guerra Mundial especializouse na guerra mecanizada e organizou os ataques con tanques contra Cambrai (1917). Nomeado xeneral (1930), retirouse no 1933 e serviu como correspondente nas guerras de España e Etiopia (1936-1939). Volveu ao servizo na Segunda Guerra Mundial como analista. Expresou as súas ideas sobre a guerra en diversas obras entre as que destacaron: Tanks in the Great War (1920) e War and Western Civilization (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro norteamericano. Especializouse na busca de sistemas construtivos baseados nos elementos prefabricados e conseguiu innovacións tecnolóxicas como as cúpulas xeodésicas, de malla tubular hexagonal ou pentagonal. Construíu vivendas dotadas de sistemas para a transformación da enerxía solar e eólica en calor e electricidade. Fundou a Strutural Study Associates (1929) e a Dymaxion Transports (1933-1935), e produciu un automóbil e un avión de liñas aerodinámicas, dos que o seu deseño se utilizou despois en toda a industria do transporte. Escribiu, entre outras obras, Educación-automación (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Da súa produción destacan Poems (1940), The Middle of a War (1942), A Lost Season (1944), Epitaphs and Occasions (1949), The Second Curtain (1953), Counterparts (1954), Collected Poems 1936-1961 (1962), From the Joke Shop (1975), Fellow Mortals (1982) e Available for Dreams (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Comezou no cine con películas de serie B, que progresivamente abandonou para dedicarse a producións de maior entidade. Entre estes traballos destacan I Shot Jesse James (Balas vingadoras, 1948), Pickup on South Street (Mans perigosas, 1953), House of Bamboo (A casa de bambú, 1955), Run of the Arrow (Yuma, 1957), Merril’s Marauders (Invasión en Birmania, 1962), The Naked Kiss (Unha luz no hampa, 1964), Shark! (Arma de dous gumes, 1967), White Dog (Can branco, 1982) ou Street of No Return (Rúa sen retorno, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e editora estadounidense. Membro destacado do grupo transcendentalista, traballou no ámbito da formación das mulleres intentando cambiar o espírito puritano do seu país. Foi editora da revista The Dial e autora de Woman in the Nineteenth Century (1845), sobre a evolución do feminismo nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU, situada na aglomeración ao SO de Los Angeles (114.140 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pardela glacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos proceláridos, ao que pertencen as pardelas glaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fulminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fulmina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fulmina.

      1. Que ten un efecto rápido ou instantáneo.

      1. Que ten un efecto rápido ou instantáneo.

    2. Aplícase á substancia que serve para lanzar o proxectil nas armas de fogo ou que fai detonar unha carga explosiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Destruír ou matar un raio algo ou a alguén.

      2. Destruír algo por completo ou matar a alguén, especialmente cun raio ou cunha arma bélica.

    1. Causar unha enfermidade a morte repentina.

    2. Deixar rendido ou moi impresionado algo ou a alguén, especialmente unha mirada.

    3. Impoñer unha condena, especialmente en nome da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sal de ácido fulmínico.

      2. Calquera substancia explosiva.

    1. Sólido que explota ao ser percutido ou por acción da calor. Obtense disolvendo mercurio nun ácido nítrico en medio alcohólico. Emprégase como detonante nas armas de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO