"seu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
-
Relativo ou pertencente aos pseudocelomados.
-
Animal invertebrado do grupo dos pseudocelomados.
-
Grupo de animais que non presentan un verdadeiro celoma. A cavidade que presentan con paredes formadas por mesoderma, é un blastocele transformado e envolvido por unhas células mesenquimáticas, é dicir, un pseudoceloma. Algúns destes invertebrados son os nemátodos, rotíferos e acantocéfalos, entre outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falso embarazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á proxección en que os paralelos son rectilineos e paralelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a algúns dos moitos escritos apócrifos que circulaban na primitiva Igrexa atribuídos a san Clemente I, concretamente as Homilías, os Recoñecementos, e os dos Epítomes, que soen datarse no s III. De tendencia xudeognóstica, e tamén influencias arianas, presentan a Xesús Cristo como o eón divino, revelado previamente a Adán e a Moisés. A escola de Tübingen considerounos un testemuño do suposto conflito entre os partidarios de san Pedro e os de san Paulo na Igrexa primitiva. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á proxección en que os paralelos son circulares e concéntricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao edificio, en especial ao templo, que está rodeado dunha soa ringleira de columnas: oito nas súas frontes e quince nos laterais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que un organismo heterocigótico para un par de alelos perde unha porción do cromosoma do alelo dominante, que fai que o alelo recesivo se manifeste fenotipicamente.
-
-
Obra literaria atribuída por erro de tradición ou por falsificación a quen non é o autor verdadeiro.
-
Libro non canónico do Antigo Testamento, de acordo coa nomenclatura protestante, e que corresponde, para os católicos, ao apócrifo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pseudotensor de orde cero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade cos mesmos síntomas ca a esclerose, pero sen as lesións.
-
-
Relativo ou pertencente aos pseudoescorpións.
-
Artrópodo da orde dos pseudoescorpións.
-
Orde de artrópodos da clase dos arácnidos, con individuos de 1 a 7 mm, cos pedipalpos moi alongados e rematados en pinza, como a dos escorpións. De réxime alimentario carnívoro, atópanse baixo as pedras e cascas de árbores, entre a follada da terra e, incluso, entre papeis e libros vellos, como Chelifer cancroides.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de solo compacto, limoso, ácido, con humus xeralmente de tipo moder, e con concrecións ennegrecidas de ferro e manganeso, caracterizada pola presenza dunha capa freática temporal e pola sequidade estival.
-
-
Aplícase a unha obra ou escritura atribuída falsamente a quen non é o autor.
-
Persoa que falsifica unha escritura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto inorgánico que en estado libre presenta propiedades semellantes ás dos halóxenos. Os máis coñecidos son o cianóxeno e o tiocianóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anión derivado dos pseudohalóxenos que se comporta de xeito semellante aos haluros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen está afectado de pseudohermafroditismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno conxénito en que un individuo posúe as glándulas sexuais dun sexo, pero os xenitais externos do sexo oposto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria, causada por unha resposta deficiente dos tecidos periféricos á acción da hormona paratiroidal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das exidiáceas ao que pertence a lingua de ovella visguenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos ovinos da familia dos bóvidos, de ata 90 cm de altura, aspecto semellante aos carneiros, pelame denso e curto e cornos de sección triangular no extremo. Viven no Himalaia.