"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Grupo de virus constituídos por unha dobre cadea de ADN e unha cápside núa, de simetría icosaédrica, con 72 capsómeros; a maioría destes virus poden causar tumores cando están dentro de hóspedes vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous apéndices laterais que teñen os metámeros somáticos dos anélidos poliquetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Licenza e documento de identidade persoal, emitido pola administración do estado ou por organizacións internacionais, que faculta para viaxar por determinados países.

      2. pasaporte diplomático

        Tipo de pasaporte expedido polo ministerio de Asuntos Exteriores, para as embaixadas e consulados, tanto para os funcionarios como para outros cidadáns en condicións extraordinarias.

    1. Permiso ou posibilidade para facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento megalítico situado en Melide. Escavado na década de 1920, está formado por unha cámara poligonal de grandes dimensións e un corredor curto. Conserva restos da mámoa, mais carece de tampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Frontón e Pombeiro (Pantón). O seu cumio acada os 707 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga de cinco cidades. Das diversas que houbo na Antigüidade, destacan as dúas de Palestina: a Pentápole do Mar Morto, que comprendía Sodoma, Gomorra, Adama, Seboim e Bala ou Segor, e a Pentápole filistea, integrada por Gaza, Ascalón, Asdod, Gat e Accarón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa tranquila, pouco decidida e falta de carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra metálica dunha porta ou ventá que permite abrilas ou pechalas apertando un resorte.

    2. Peza metálica de diversas formas, que está pendurada na parte exterior dunha porta, e que se usa para chamar petando con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor. Actor na súa xuventude de Teatro-Circo, é autor de diversas obras de teatro, algunhas publicadas nos Cadernos da Escola Dramática Galega e na colección Castrodouro, como O xigante don Gandulfo, señor de Tentequedo (1980) ou O pauto (Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega 1983); Ei, Feldmülhe (I Premio de teatro Rafael Dieste, 1991); Venenos (IV Premio de Teatro Rafael Dieste, 1994), Teatro-minuto (1996), Animal vacío (2002) e O milagre de Baíñas (2003). Tamén colaborou coas revistas Nordés e Agália e escribiu obras de narrativa infantil como O pintor do vento (1985), A porta prohibida (1985) e O demo presumido (1987), que destacan polo súa ironía e a crítica social que subxace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenealoxista. Estivo ao servizo de Fernando de Andrade. Escribiu Relación de algunas casas y linajes del Reino de Galicia (1534?), en que tratou das familias Andrade, Churruchaos, Figueroa, Lago, Lantaño, Lobeira, Mariñas, Meira, Mesía, Moscoso, Paraga, Saavedra, Soutomaior e Ulloa, das que analizou a súa antigüidade, parentescos con outras casas, relación coa monarquía e descrición de patrimonio, rendas e feitos. A súa obra ten interese tanto para o coñecemento dos acontecementos en que se envolveu a nobreza baixomedieval galega como para a reconstrución de todo o imaxinario galego da transición entre o medieval e o moderno. Empregou como fontes a súa propia memoria e a doutros e algúns escritos. Escribiu tamén Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia e Casas y linajes del Reino de Galicia (1543-1544).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado anualmente pola Fundación Santa María, pertencente a Ediciones SM, co obxecto de promover a creación literaria de calidade para nenos. Creado en 1978 para obras en lingua castelá, a partir de 1984 convocouse tamén para libros en éuscaro, catalán e galego. O primeiro gañador do concurso en lingua galega foi Paco Martín, autor de Das cousas de Ramón Lamote. Tamén obtiveron este premio Darío Xohán Cabana (1993), Fina Casalderrey (1994), Xosé A. Neira Cruz (1997 e 1999) e Agustín Fernández Paz (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega. Símbolo do instinto sexual e da forza xerativa masculina e tamén da fecundidade da natura, considerouse fillo de Dióniso e de Afrodita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rizón que se emprega para arrastrar polo fondo do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación do hemisferio boreal situada entre Cisne e Saxitario, con 62 estrelas visibles a simple vista. A estrela máis brillante é á−Vulpeculae que ten unha magnitude de 4,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito que se realiza con astucia e maña, tal como actúa o raposo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Usar astucias para conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cova onde mora o raposo.

    2. Monte de vexetación mesta e baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vigo. A súa construción comezou en 1625 coa entrada e a á norte da vivenda e continuou en 1712 co remate do patio en forma de U cara o L e a construción da torre. Realizouse en cachotaría e cantaría de granito e presenta dúas alturas, nunha planta en forma de U. Ten dous accesos, polo patio e pola horta. O conxunto complétase cunha torre e cunha capela exenta. Os escudos da torre, a porta principal de acceso e a porta da horta fan mención aos Saavedra e aos Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO