"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • [Borago officinalis, Fam das boraxináceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Néboa mesta e baixa, formada con frecuencia sobre o mar.

    2. Envolvemento do aire debido á auga que absorben os núcleos de condensación existentes na atmosfera. Por arrefriamento do aire, condénsase o vapor de auga e aumenta o envolvemento ata formarse unha néboa de arrefriamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde se plantan ou nacen as borraxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Borrageiros.

    2. Liñaxe orixinaria de Borraxeiros, en Agolada. Emprega as variantes gráficas Borrageiros, Borragueiros ou Borrajeros. As súas armas levan, en campo de goles, un carballo ao natural e, detrás del, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro. Outros traen, en campo de goles, unha árbore de sinople, perfilada de prata, saínte da punta do escudo e, detrás dela, unha barra de ouro; bordo do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Real Despacho do 21 de xaneiro de 1761, co vizcondado previo de Parada (Amoeiro) a Xaquín Salgado e Enríquez, señor da xurisdición e fortaleza de Borraxeiros, en Agolada. En 1958 este título foi rehabilitado por Manuel Taboada Roca. Leva como armas, escudo acuartelado: primeiro cuartel, coas armas dos Taboada; segundo cuartel, coas armas dos Camba; e terceiro cuartel, coas armas dos Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en San Cristovo de Borraxeiros (Agolada). De planta rectangular, está articulado en dúas alturas: planta baixa e piso. A cuberta é a catro augas. No interior alberga un patio central. As ameas e as torres nos ángulos danlle un aspecto de fortaleza. Conserva armas dos Salgado e dos Fiaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII e reconstruído en 1705, só resta unha porta situada na fachada principal e parte dos muros da nave. No interior, a nave presenta dous pares de columnas entregas con capiteis de follas, unha das bases está decorada con arquiños de ferradura e de medio punto. A portada conta cunha dobre arquivolta, decorada con bólas, que se sostén sobre catro columnas con capiteis vexetais con mazás. O tímpano decórase co relevo dunha cruz grega rodeada por un semicírculo de arquiños de ferradura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina literaria coa novela Cabeza de chorlito (1991), traducida ao castelán en 1993, e continuou con Criminal (1994), coa que acadou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega e o Premio San Clemente de lectores novos; Eu é (1996) e Contos malvados (1998). Ten participado ademais en varias publicacións colectivas como Antídotos contra a suor, promovido por O Correo Galego en 1995, co relato “Os gardacostas”; en Novo do trinque (1997) coa narración “Publicidade sen lucro”, e en Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas co relato titulado “Graceland”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morea de terróns e restos de pólas destinados a ser queimados no monte para aproveitar despois a súa cinsa como fertilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Noia. As súas armas levan, en campo de azul, unha borrea. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borreca, Borreu, Borreira e Borroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedor (de viño)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedor (de viño)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ostentación ou presumir dalgunha cousa.

    2. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘beber (viño)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequenas erupcións cutáneas producidas pola picadura dun insecto ou polo contacto con plantas urticantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Técnico de sistemas e deseñador. Traballou no Diario 16 de Galicia (1991-1998). Deseñou a publicación Metrópolis de Vigo (1991-1993) e foi editor e deseñador da revista comarcal El Valle (1993-1995). É director de Edicións e Sistemas de   Ir Indo e da EGU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estendeu por Jerez de los Caballeros, Antequera e Santander. Leva como armas: en campo de sinople (ou de goles), cinco cordeiros, de prata, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor liberal. Compañeiro de Riego no pronunciamento de 1820 e unido a el durante o Trienio Constitucional, militou posteriormente no partido moderado. Entre as súas obras cómpre destacar De la organización de los partidos en España (1855) e La cuestión social (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia e punta do litoral occidental da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove), situada no S da enseada de Castiñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria do Ferrol. As súas armas levan, en campo de azul, un conxunto de abellas.

    VER O DETALLE DO TERMO