"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
-
Conxunto de lazos.
-
Adorno xeométrico formado por unha serie de liñas entrecruzadas formando diversas figuras poligonais ou en forma de estrelas que se repiten.
-
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘fame’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capote ou manto curto de tea grosa, sen mangas e a miúdo provisto de capucha que se poñía sobre a túnica e que se usaba na antiga Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación Lagarto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da familia dos lacértidos, que presentan as extremidades ben desenvolvidas e escamas dorsais pequenas e granulares. Son animais terrestres, diurnos e con reprodución variable segundo as especies, xa que algúns son ovíparos, outros vivíparos (L. vivipara) e outros partenoxenéticos (en cinco especies sudoccidentais de Asia). En Galicia son comúns as especies L. lepida, L. schreiberi, L. vivipara e L. monticola.
-
-
Relativo ou pertencente aos lacértidos.
-
Réptil da familia dos lacértidos.
-
Familia de réptiles escamosos da suborde dos saurios que acadan uns 10-70 cm de lonxitude, co corpo longo e áxil, as extremidades ben desenvolvidas e provistas de cinco dedos delgados e con uñas. A cola é longa, aguzada, fráxil e rexenerable. Hai numerosas especies que habitan en Europa, Asia e África. Entre as máis características están os lagartos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de lagarto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: saurio.
-
-
Relativo ou pertencente aos lacetanos.
-
Individuo do pobo lacetano.
-
Pobo prerromano establecido na parte central de Catalunya e documentado nos textos grecolatinos desde o s III a C. Distinguíronse pola súa resistencia á ocupación romana nos primeiros tempos da conquista, pero foron sometidos por Catón en 195 a C.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento de vergonza por algo.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Martín (Bóveda). O seu cumio acada os 651 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral L da illa de Sálvora, situada na parroquia de Aguiño (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en La Vega de Granada e regado polo río Genil (2.486 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Destacou polas súas achegas metodolóxicas á crítica textual e polo coidado de diversas edicións de autores. Das súas obras destaca Betrachtungen über Homers Ilias (1837 e 1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos ascomicetos, da familia das hialoscifáceas, que presenta pelos marxinais formando diminutos apotecios brancos e gregarios. En Galicia pódese atopar a especie L. virgineum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos segmentos estreitos en que están divididas certas follas e outros órganos laminares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está dividido en lacinias.
-
REXIÓNS
Rexión de Italia central, situada no contorno de Roma, que comprende as provincias de Frosinone, Latina, Rieti, Roma e Viterbo (17.207 km2; 4.976.184 h [2001]). A súa capital é Roma. Esténdese entre Toscana e Umbria ao N, Campania ao S, os Apeninos ao L, e o Mar Tirreno ao O. A parte occidental é unha chaira costeira, centrada na Campagna Romana, mentres que a parte oriental é montañosa, cos montes Reatini (Terminilo, 2.213 m altitude) e Simbruini, con relevos calcarios atravesados polo val do Velio. No NO e SL de Roma alíñanse grupos de antigos volcáns (Volsini, Cimino, Sabatini, Albani e Nemi) con algúns lagos. A agricultura desenvólvese nas chairas (Maregma, Campagna Romana e Agro Pontino), con cultivos de trigo, millo, legumes e froita e explotación gandeira nas terras baixas e oliveiras e viñedos nas vertentes (Frascati e Albani). A industria concéntrase en Roma, centro terciario, administrativo e político e primeira área turística de Italia, á que se unen...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comida que ten como base o lacón, xeralmente acompañado por patacas, grelos e chourizo.
-
-
Que ten desidia e carece de espírito para facer calquera cousa.
-
Que lle gusta comer moito.
-