"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Político e editor. Director da editorial Macmillan, foi ministro plenipotenciario no N de África. Deputado conservador (1924), foi nomeado ministro de Defensa (1954), de Asuntos Exteriores (1955), chanceler do exchequer (1955-1957) e primeiro ministro (1957). O caso Profumo obrigouno a dimitir (1963). Publicou unha autobiografía (1966-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Georgia, EE UU, ao SL de Atlanta (106.610 h [1990]). As principais actividades económicas son a transformación de algodón e madeira e as industrias alimentarias e químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, drenado polo río Margañán, afluente do Tormes (1.619 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandería e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Pacífico Sur situada a uns 1.500 km ao SL da illa de Tasmania, Australia (176 km2). Foi descuberta en 1948, e é unha estación meteorolóxica na zona subártica. Foi declarada Parque Nacional en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Descubriu a composición do xeso, do leite e doutras substancias de uso corrente. Os seus estudios sobre a composición do aire e da auga facilitaron os traballos de Lavoisier, pero mantivo, en contra das ideas innovadoras de este, a vella teoría floxística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido feito á man con fíos trenzados ou anoados.

    2. Fío groso que se utiliza para facer bordado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano (260-261). Obtivo a dignidade imperial pola revolta organizada en Samosata polo seu pai Marco Fulvio Macriano. Foi derrotado polo Emperador Galieno en Iliria, onde morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (217-218). Foi prefecto do pretorio (212) e participou no asasinato de Caracalla. Cando foi proclamado emperador polo exército, continuou a guerra contra os partos e acadou unha paz pouco vantaxosa. Despois da elección do Emperador Heliogábalo foi derrotado e asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do nome persoal latino Macrinus, patronímico que deriva do adxectivo latino macer ‘fraco, cativo’. Santa Macrina a Menor de Cesarea (s IV) celébrase o 19 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. macroinstrución.

    2. Preprocesador dun compilador que resolve traballos moi complexos.

    3. Programa xerador que crea o grupo de instrucións en linguaxe obxecto, apropiadas para unha macroinstrución determinada en linguaxe fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘grande’, ‘longo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da química analítica en que as determinacións analíticas necesitan unha mostra da orde do gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e gramático. Foi autor duns Comentarii in Somnium Scipionis, explicación matemática e astronómica do soño de Escipión e, ao mesmo tempo, teoría neoplatónica da ánima e a divindade, e dos Saturnalia, sete libros de diálogos baseados en temas gramaticais e no valor dos coñecementos retóricos de Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal grego Makrobios, latinizado en Macrobius; e este, á súa vez, do adxectivo makrobios ‘de longa vida’, composto do adxectivo makros ‘longo’ e o substantivo bios ‘vida’. San Macrobio (s IV), mártir en Oriente, celébrase o 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de alimentación, considerado natural, que se basea na harmonía co universo e que recorre ás producións estacionais locais, segundo tradicións milenarias chinesas. Baséase no consumo de cereais integrais, fabáceas e pouca verdura. Evítanse as especias, os picantes e aderezos, así como o consumo de azucre, froitas tropicais, produtos animais, pesticidas e aditivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á macrobiótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama lateral dunha planta que aparece moi separada doutras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da medida do corazón, que se orixina por unha hipertrofia das paredes cardíacas ou por unha dilatación das cavidades do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dá froitos grandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformidade que consiste nun tamaño excesivo da cabeza, xeralmente provocada por hidrocefalia.

    VER O DETALLE DO TERMO