"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación das dolomías por metasomatose a partir de rochas calcarias, que sofren o intercambio de magnesio con augas ou rochas ricas neste elemento do contorno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do latín Domitianus, de orixe discutida. Unha hipótese faino derivar de domus e dunha divindade que protexía a presenza da muller na casa do seu home. Tamén hai quen pensa que podería vir da voz domitus ‘rendido’, forma derivada do verbo domare ‘domar’. Con este nome figuran no santoral san Domiciano de Huy (s VI), bispo de Langres, e san Domiciano de Mitelene (s VII), bispo desta cidade de Capadocia. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de domiciliar ou domiciliarse.
-
-
Asignar un domicilio a algo ou a alguén.
-
Designar unha conta nunha entidade bancaria para os pagos ou cobros de documentos de cambio.
-
Establecerse alguén ou algunha entidade nun determinado domicilio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao domicilio ou que se realiza no mesmo.
-
-
Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.
-
Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.
-
-
Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.
-
domicilio social
Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.
-
-
-
-
Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.
-
-
Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.
-
domicilio social
Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode dominar.
-
-
Acción e efecto de dominar, ou de exercer un poder sobre algo ou alguén.
-
Unha das xerarquías anxélicas segundo a tradición bíblica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de dominar ou dominarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen domina ou exerce dominación.
-
-
Calidade de dominante.
-
Relación existente entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro. A dominancia é completa ou sinxela cando o homocigoto do alelo dominante e o heterocigoto non se distinguen fenotipicamente; recibe tamén o nome de superdominancia ou heterodominancia. É incompleta ou parcial cando o heterocigoto presenta caracteres intermedios entre os dous homocigotos. Entre estas dúas clases pódense dar todos os graos. A dominancia tamén pode ser alternativa, cando cambia no transcurso do desenvolvemento, e condicionada, cando se ve afectada pola presenza de certos xenes, chamados modificadores, ou por variacións de idade, sexo ou ambiente. A dominancia tamén se pode presentar entre series de alelos.
-
Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.
-
Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais ata que exista unha certa distancia entre elas e o ápice vexetativo. Prodúcese pola acción das auxinas, que inhiben o crecemento das xemas laterais.
-
-
-
Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.
-
Aplícase á persoa que tende a dominar os outros de maneira despótica.
-
-
Aplícase ao alelo ou á serie de alelos que presentan dominancia.
-
Aplícase á mutación que produce o alelo ou a serie de alelos dominantes.
-
-
Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.
-
Quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tamén se denomina nota dominante.
-
Aplícase á propiedade inmoble a favor da que se establece unha servidume.
-
Termo empregado polos formalistas rusos para referirse ao procedemento ou factor que subordina todos os demais nun texto literario. Por exemplo, a rima e o ritmo considéranse factores dominantes do verso.
-
-
-
Ter unha persoa ou un estado baixo a súa autoridade a algo ou alguén.
-
Someter alguén baixo a súa vontade a outras persoas.
-
Reprimir alguén os seus sentimentos ou impulsos.
-
Conter ou reprimir algo prexudicial ou que está fóra de control.
-
Influír algo considerablemente na actuación de algo ou de alguén.
-
Ter coñecementos profundos dun determinado tema ou materia.
-
Constituír algo o punto máis alto en relación a outros.
-
Abarcar coa vista dende un lugar elevado.
-
Ser unha cousa superior por constituír o máis destacado ou predominante.
-
Ter unha persoa ou un estado autoridade sobre algo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
apegón.
-
-
Sétimo día da semana no cómputo antigo ou primeiro no cristián. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira verás que risa. Cada martes ten o seu domingo”.
-
-
Festa semanal dos cristiáns. A celebración ten a súa orixe na resurrección de Cristo e era o día da reunión dos crentes para celebrar a liturxia da palabra e a fracción do pan.
-
domingo de Pascua/de Resurrección
Festividade máis importante do calendario litúrxico cristián. Nel celébrase o día da resurrección de Cristo, que fora crucificado dous días antes, o Venres Santo. Esta data do domingo de Resurrección coincide co día da celebración da Pascua xudía. Ambas as dúas festas, conmemoran os alicerces a partir dos que se fundamenta o pobo de Deus e a súa Alianza con El. A Pascua é a celebración do paso do Mar Vermello no Éxodo de Exipto, o momento clave na conformación de Israel. A Resurrección é un novo paso, supón a redención definitiva do pecado.
-
domingo de Ramos/de Paixón
Domingo anterior ao domingo de Resurrección, no que a Igrexa conmemora, como un inicio da Semana Santa, a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén.
-
-
Día no que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, xa que en determinados lugares de Galicia é típico saír á rúa con sacos de fariña, borralla, betume ou feluxe para esparexer por riba da xente. O segundo domingo chámase domingo oleiro, pola práctica habitual do xogo das olas. Os participantes, colocados formando círculos, van pasándose os recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña duns aos outros. O que os deixe caer ten a obriga de pagar unha rolda de viño ou unha merenda. O domingo anterior ao de Entroido é o corredoiro, momento no que se celebra a corrida do galo, que consiste en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrinquen a cabeza. A festividade remata co domingo de Entroido, día no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma e ao domingo de piñata, celebración especialmente urbana na que se tenta...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do nome persoal e apelido patronímico Domingos.