"PRI" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 409.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Tui. Construído entre 1842 e 1844, destacou pola peculiaridade da súa planta elíptica. Ao exterior presenta un aspecto macizo. A fachada principal organízase en tres pisos separados por impostas e en que se abren vans. Tiña tres portas de acceso. En 1891 acolleu a celebración dos primeiros Xogos Florais integramente en galego. Pechado desde 1972, en 2000 recibiu a denominación de Fundación de Interese Galego e constituíuse a Fundación Teatro Principal de Tui, para intentar adquirir o inmoble e recuperar a súa actividade cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Pontevedra. Foi construído por encargo da xunta do Liceo Casino de Pontevedra cara a 1864 segundo un proxecto de Filipe Bouza Tredis. Adquirido por Manuel Becerra Armesto en 1880, cambiou o seu nome polo actual. En 1897 realizouse nel a primeira exhibición de cine da cidade. Foi reconstruído tras o incendio de 1980.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Colaborador de RNE e redactor do diario Pueblo desde 1944, fundou e dirixiu a revista Airiños, Aires e colaborou en Lar. Publicou Panxoliñas (1956), Camelias brancas (1958) e Cocina gallega enxebre (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o que a velocidade de saída dun líquido por un orificio que está situado nun nivel h baixo a superficie libre de líquido é a mesma que ten en caída libre desde unha altura igual, é dicir, v = √2 gh,---- da que g é a aceleración da gravidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quimioterápico de síntese que se presenta en forma de pos brancos de gusto amargo, que se emprega en medicina no tratamento da malaria cerebral e como antibacteriano de amplo espectro asociado ao sulfametoxazol.
-
PERSOEIRO
Teólogo e biblista. Monxe xerónimo, abrazou a reforma protestante. Fuxiu da Inquisición e refuxiouse en Xenebra, onde publicou diversos tratados teolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e investigador. Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi reitor da USC (1994-2002), vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (2001-2002) e membro do comité científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (desde 2003). Forma parte dos consellos editoriais e comités científicos de máis dunha vintena de publicacións periódicas, e os seus traballos traducíronse ao inglés, francés, portugués, ruso e árabe. Publicou, ademais de numerosos artigos de crítica literaria, El Jarama de Sánchez Ferlosio; su estrutura y significado (1973), Estrutura y tiempo reducido en la novela (1977), El comentario de textos narrativos: la novela (1989), El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), con...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lugo 27.1.1959) Escritor. Foi xerente da Universidade de Santiago de Compostela (1988-1990) e concelleiro en Santiago (1991-1999). Ademais de colaborar en diversas rodaxes do equipo Imaxe, escribiu Adeus, India, adeus (2000) e Cuarteto con piano (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado ruso que foi a orixe do estado moscovita. Comprendía a rexión do Volga superior e foi unha arteria comercial importante coas cidades de Rostiv, Suzdal’ e Vladimir. No s X establecéronse os campesiños da rexión de Novgorod e de Kiev. Cara a 1125 o herdeiro de Vladimir II de Kiev, Jurij Dolgorukij, fixo do NL do país un importante centro estratéxico en detrimento de Kiev. En 1157 o príncipe Andrés II Bogol’ubskij transformou o principado no estado máis potente de todos os principados rusos que en 1169 someteu a Kiev. A posición de Vladimir-Suzdal’ reforzouse durante o reinado de Vsevolod (1176-1212). A partir do s XIV adquiriron máis importancia as cidades de Tver e Moscova, ata que o principado foi superado polo crecente estado moscovita.