"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1804 - Ternovskoe, Kazan’ 1860) Teólogo e filósofo. Representante do eslavofilismo, propugnou unha interpretación do desenvolvemento cultural ruso independente do individualismo occidental que, en eclesioloxía, se traduciu na unidade libre (sobornost’) da Igrexa rusa, ante a unidade soa do catolicismo ou a liberdade do protestantismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kalynivka 17.4.1894 - Moscova 11.9.1971) Político soviético de orixe ucraína. Mineiro e guerrilleiro durante a Revolución de Outubro e a Guerra Civil, na década de 1920 traballou na organización do partido comunista en Ucraína e en 1931 trasladouse a Moscova, onde entrou a formar parte do Politburó. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) organizou a loita de guerrillas e, tralo conflito, fíxose cargo da planificación agrícola da URSS. Trala morte de Stalin foi elixido primeiro secretario do Comité Central do PCUS (1953-1964) e xefe de goberno da URSS (1958-1964). En política exterior avogou polo achegamento a Occidente e pola coexistencia pacífica con EE UU, que se demostrou especialmente na resolución da crise dos mísiles de Cuba (1962). En política interior puxo en práctica unha política de reformas que levaba á desestalinización do sistema e na que destacou a lectura dun informe secreto, especialmente crítico co réxime de Stalin, durante o XX Congreso do PCUS (1956). Criticado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vinnyc’a 1864 - Černihiv 1913) Escritor ucraíno. Demócrata revolucionario, describiu a sociedade e os acontecementos da revolución de 1905-1907, que reflite en V doroge (Polo camiño) e Os descoñecidos (1907); e a súa reacción, en Persoa grata (1908).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tambov 1903 - Moscova 1988) Matemático ruso. Foi profesor na Universidade de Moscova. Fixo importantes investigacións sobre a teoría das funcións reais, sobre a teoría da medida e sobre lóxica intuicionista. Propuxo a axiomática da teoría matemática moderna da probabilidade, coñecida co nome de axiomática de Kolmogorov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1892 - ? 1931) Economista ruso. Profesor da Academia de Agricultura, despois da Revolución de Outubro foi responsable do Instituto de Investigacións Comerciais de Moscova e formou parte do Comisariado de Finanzas. Teorizou a existencia de ciclos longos de crecemento capitalista de entre 40 e 60 anos, que posteriormente tomou o nome de ondas longas ou ciclo Kondratjev. En 1930 foi arrestado, acusado de ser dirixente do proscrito Partido Obreiro e Campesiño e exiliado en Siberia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Ust’-Kamenogorsk 1870 - Jekaterinodar, actual Krasnodar 1918) Xeneral ruso. Foi comandante supremo do exército ruso durante a Primeira Guerra Mundial e intentou o golpe de estado de agosto de 1917. Durante a guerra civil que sucedeu á Revolución de Outubro, dirixiu o exército branco do S de Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Žhytomyr 1853 - Poltava 1921) Escritor ucraíno. En San Petersburgo mantivo contacto cos defensores das ideas populistas, viviu un longo período (1874-1885) de prisións, exilio e deportacións en Siberia. Da súa obra, en ruso, destaca Epizody iz žizni iskatelja (Episodios da vida dun buscador, 1879), Son Makara (O soño de Makar, 1883), que lle deu popularidade, e Slepoj muzykant (O músico cego, 1886).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Žhytomyr 1906 - Moscova 1966) Científico e técnico ucraíno. En 1933 interveu na creación do grupo de estudios GIRD, onde traballou no desenvolvemento do cohete de propergol líquido GIRD-09. Ocupouse tamén dunha gran parte dos proxectos cósmicos da URSS. Foi membro da Academia de Ciencias da URSS e recibiu o Premio Lenin. Deu á URSS os primeiros e máis notables éxitos espaciais. O seu nome, sen embargo, quedou no anonimato ata despois da súa morte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1904 - Moscova 1980) Político ruso. Militante comunista desde 1927, foi primeiro ministro (1964-1980), formando parte da troica directora da URSS, con L.I. Brežnev e N.V. Podgorny. Favoreceu a distensión diplomática con EE UU e o reforzamento dos lazos económicos con Occidente. Desde 1970 foi progresivamente eclipsado pola acumulación de poderes de Brežnev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Poltava 1769 - 1838) Escritor ucraíno. Primeiro clásico da nova literatura ucraína, comezou a escribir a súa Enejda en 1794 (editada postumamente en 1842), na que, empregando os personaxes e mais o ambiente de Virxilio, describiu a sociedade ucraína da segunda metade do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Podveskij 1896 - Moscova 1926) Microbiólogo. Estudioso da microbioloxía do solo, foi o primeiro en identificar os actinomicetos como bacterias e desenvolveu en 1941 un sistema de clasificación bacteriana. En 1938 foi o iniciador na URSS dos estudios sobre os antibióticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1842 - Dmitrov, Moscova 1921) Teórico do anarquismo e xeógrafo ruso. De familia aristocrática, serviu no exército ruso (1862-1867) e dirixiu expedicións xeográficas a Siberia e Manchuria. Participou en Suíza na Primeira Internacional (1872), na que adoptou posturas bakuninistas. Regresou a Rusia e foi encarcerado durante dous anos, tralos que conseguiu escapar e residiu exiliado en Suíza, Francia e Reino Unido. En 1917 volveu a Rusia e colaborou cos soviets, sen aceptar sen embargo ningún cargo oficial. Escribiu Paroles d’un révolté (1885) e La conquéte du pain (1892). Na súa obra Axuda mutua (1902), argumentaba, en contra do concepto darwinista, que a cooperación en lugar da competencia fora o factor fundamental da evolución das especies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tambov 1899 - Moscova 1970) Director cinematográfico soviético. Preocupado pola montaxe cinematográfica, a súa obra é unha constante busca e experimentación de novas formas de linguaxe, desde xéneros diversos. Dirixiu Nakrasnom fronte (A fronte vermella, 1920) e Sibiriaki (Os siberianos, 1940).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sim 1903 - Moscova 1960) Físico nuclear. Dirixiu as investigacións que levaron á fabricación da primeira bomba atómica da URSS e á primeira bomba termonuclear do mundo. Foi director do Instituto de Enerxía Atómica e académico de ciencias da URSS, estudiou as aplicacións pacíficas da enerxía nuclear, como por exemplo os reactores nucleares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vyšnij Voločok 1874 - Boston 1951) Director de orquestra ruso e contrabaixista. Despois da revolución de 1917 marchou a París, desde onde procurou a difusión da ópera rusa por Europa. Dirixiu a Boston Symphony Orchestra (1924-1949) e é autor dun concerto para contrabaixo e orquestra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1745 - Bunzlau 1813) Mariscal e estratega ruso, príncipe Smolenskij. Foi un dos fundadores da moderna arte militar rusa. Participou nas guerras turco-rusas (1768-1774 e 1787-1792). Nas campañas contra Napoleón I Bonaparte amosou unha gran habilidade: entregou Moscova para salvar o exército e obrigou os franceses a volver polas terras que devastaran, baixo un clima inhóspito e ataques constantes do exército e dos guerrilleiros rusos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kiev 1929 - Londres 1979) Escritor ucraíno. Publicou en ruso Prodolzenie legendy (Continuación dunha lenda, 1957) e o éxito chegoulle coa novela Babij Jar (1966), que máis tarde publicou novamente en Londres, sen as supresións da censura soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vilnius 1835 - Petrogrado 1918) Compositor ruso. Foi un dos creadores da escola nacionalista rusa. Xunto con M. Bakarirev fundou o Grupo dos Cinco. Escribiu óperas, cancións e pezas para piano. Introduciu en Rusia a música romántica alemana.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e arqueólogo. Restaurou as catedrais de Cuenca e Burgos. Escribiu Historia de la arquitectura cristiana española en la Edad Media (1908-1909), El antiguo Palacio episcopal de Santiago de Compostela (1913) e Arquitectura civil española de los siglos I al XVIII (1922).
VER O DETALLE DO TERMO