"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Que é en valor, respecto a outro, como un e medio a un ou como tres a dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido formado por un metal e o osíxeno nunha proporción de dous átomos a tres. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biplano que ten unha das súas ás, xeralmente a inferior, de superficie menor ca a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Monxe e presbítero, foi enviado en 509, a Constantinopla por protestar polas persecucións monofisitas. Converteuse en patriarca de Antioquía en 512, foi favorable ao Henōtikón. Deposto polo Emperador Xustino (518), fuxiu a Exipto, onde desenvolveu unha grande actividade literaria durante dez anos. Ao retornar a Antioquía, frecuentou Constantinopla, onde coa protección da Emperatriz Teodora, traballou pola causa monofisita ata que, novamente exiliado, en 536 se refuxiou definitivamente en Exipto. As súas obras conserváronse sobre todo en traducións siríacas, destacan a colección de Cartas e unha serie de 125 Homilías; moitas das súas composicións poéticas consérvanse no Oktoekhos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Adepto ao neopitagorismo, fundou unha escola estoica. Posuía unha doutrina moral semellante á cristiá. Escribiu varios tratados en grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austro-alemán. Militante nazi desde 1928, favoreceu a entrada das tropas alemás no país (Anschluss). Como consecuencia diso converteuse en statthalter de Austria. Durante a Segunda Guerra Mundial foi comisario do Reich en Holanda (1940-1945). Xulgado polo tribunal de Nuremberg, foi aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos II, xunto co vizcondado de Albeos, en 1694 a Fernando Antonio Mariño de Lobeira Andrade e Sotomayor , señor de Albeos. A IV marquesa de La Sierra, María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo Figueroa (Pontevedra 14.11.1734-?), casou con Antonio Patiño Castro, fillo do II marqués de El Castelar e grande de España, e ambos os dous títulos uníronse no seu fillo, Ramón Fernando Patiño y Mariño de Lobeira (Zaragoza 26.7.1753-?), V marqués de La Sierra e III marqués de El Castelar, e nos seus sucesores ata que en 1984 Luis Patiño Covarrubias , X marqués de La Sierra e VIII marqués de El Castelar cedeu o título de marquesa de La Sierra (XI) á súa filla Magdalena Patiño Muguiro (Madrid 28.11.1958). Trae por armas escudo partido de Mariño e de Lobeira, timbrado con coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e escritor. Doutor en Filosofía (1951), especializouse en psicoloxía social, foi pioneiro no estudo da emigración e dedicouse principalmente á psicolingüística, ao estudo da linguaxe infantil e dos problemas relacionados co bilingüismo. Dirixiu (1969) o I Instituto de Ciencias de la Educación e foi o director científico do proxecto LINGUAPAX da UNESCO. Membro da Academia Europea, é doutor hororis causa polas Universidades de Ginebra e do País Vasco. Das súas obras destacan Del campo al suburbio. Un estudo sobre la inmigración interior en España (1959), Educación y bilingüismo (1986), España plurilingüe (1992), L’Europe de les llengües (1995) e Bilingüismo y lenguas en contacto (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Comprometeuse coa lingua a través da escrita de diversos poemas e a colaboración en publicacións, como Follas Novas, A Gaita Gallega, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela. Na súa obra aparecen nomeados moitos dos escritores galegos da época, algúns deles amigos seus. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como rexistrador da propiedade en diferentes localidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos simbranquiformes.

    2. Peixe da orde dos simbranquiformes.

    3. Orde de peixes, da clase dos osteíctios, con aberturas branquiais pequenas e fusionadas ventralmente nunha soa fenda transversal, e con branquias parcialmente atrofiadas, polo que a súa respiración é sobre todo bucofarínxea e intestinal. Son propios de pantanos, covas e augas estancadas, sobre todo das augas doces tropicais do SL de Asia e de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador romano. Como defensor do paganismo, polemizou con santo Ambrosio. Del consérvanse cinco discursos, corenta relationes oficiais e dez libros de cartas ao estilo de Plinio. Editou a Livio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sinafobránquidos.

    2. Peixe da familia dos sinafobránquidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos angüiliformes, á que pertence a especie Synaphobranchus kaupi (anguía abisal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘imprescindible’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura que consiste en estender ou restrinxir o significado dunha palabra, tomando o todo pola parte ou a parte polo todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adherencia de partes próximas, especialmente a que se produce do iris á córnea ou ao cristalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección nos seos craniais e nos bronquios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atresia de orixe cicatricial do orificio bucal, con perda de substancia dos labios e das meixelas, e adherencias destas á beira alveolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licuefacción do corpo vítreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e muralista mexicano. A súa pintura mostrou o triunfo da revolución a partir de morfoloxías neorrealistas. Como D. R. Rivera e J. C. Orozco, en 1922 comezou a realizar pinturas monumentais, ao tempo que mantiña unha actividade política directa como secretario da Confederación Sindical Unitaria. Exiliado, percorreu EE UU, Uruguay e Arxentina (1932-1934), poñendo en práctica as técnicas murais máis vangardistas. Pintou os frescos para a Casa del Sindicato de Electricistas (1939, México) e a Escuela Méjico de Chillán (1941-1942, Chile). Durante a posguerra fixo grandes ciclos histórico-simbólicos como La revolución mexicana e La marcha de la Humanidad (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO