"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efcecto de refundir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de refutar.

    2. Argumentación mediante a que se intenta descualificar opinións ou posicións opostas á propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do 18 de decembro de 1966. Editado por La Región, constitúe unha edición internacional deste mesmo xornal dirixida aos emigrantes galegos en toda Europa. Distribuído a través das caixas de aforros por toda Europa, a partir de 1976 chegou a América Latina, EE UU e Australia. Conta con máis de 300 correspondentes en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de regular ou regularse.

    2. Modo de funcionamento dun aparato que consiste en comparar a magnitude que se regula e a magnitude da diferenza para que os dous valores sexan canto máis aproximados mellor. A regulación pode ser manual ou automática; esta última lévase a cabo mediante un regulador.

    3. Propiedade xeral dos óvulos animais e dos embrións novos para resolver deficiencias ou integrar células excedentes.

      1. Capacidade dunha célula, dun tecido ou dun organismo para reaccionar ante diversos estímulos, con tendencia a limitar as perturbacións que se puidesen derivar e en manter o equilibrio fisiolóxico dentro duns límites de tolerancia.

      2. regulación celular

        Mecanismo de control do metabolismo da célula que ten a función de poñer en marcha e deter a produción de proteínas, enzimas e produtos de secreción para que non se desprenda enerxía na síntese de moléculas mentres non sexa necesario facelo.

    4. Conxunto de obras fluviais, como por exemplo espigóns, diques, canalizacións ou pequenas presas, feitas para evitar as inundacións ou manter o réxime dun curso de auga dentro duns límites.

    5. Operación encamiñada a deixar no estado e na posición orixinal ou normal todas as pezas dunha máquina ou dun mecanismo que tenden a variar as súas posicións relativas co funcionamento prolongado.

      1. Corrección ou axuste do funcionamento dun aparato, dunha máquina, dun mecanismo ou da marcha dun proceso para obter un resultado determinado ou o máximo rendemento.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de regulamentar.

    2. Conxunto de regras que rexe unha comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de regularizar ou regularizarse.

    2. Conxunto de operacións contables, que teñen por obxecto a comprobación xeral das anotacións, a determinación dos resultados do exercicio e a fixación da situación patrimonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de regurxitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rehabilitar ou rehabilitarse.

      1. Reintegración legal dun reo á vida normal, coa restitución de todos os dereitos e as dignidades das que foi privado como consecuencia da condena. Supón a cancelación dos antecedentes penais, presupón ter satisfeitas as responsabilidades civís provenientes da infracción e ter transcorrido o tempo establecido sen volver delinquir de novo.

      2. rehabilitación da creba

        Declaración xudicial que fai cesar todas as interdicións legais producidas pola declaración de creba, agás o caso de creba fraudulenta.

    2. Recuperación, mediante procedementos adecuados, dunha habilidade corporal normal que, a causa dunha enfermidade ou dun traumatismo, se perdera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rehidratar ou de rehidratarse.

    2. Proceso en que se engade auga a certos produtos alimentarios que foron previamente sometidos a deshidratación. O alcance da eficacia máxima na rehidratación é un obxectivo prioritario no desenvolvemento de alimentos deshidratados instantáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de converter algo en cousa ou de concibilo en analoxía coa natureza e a estrutura das cousas. Tradución do alemán Verdinglichung, o termo referiuse en filosofía á tendencia propia do fisicalismo, en oposición ao fenomenalismo.

    2. Termo que consiste nunha presentación do individuo limitada á súa exterioridade, aos xestos e comportamentos, e que relega a un segundo plano toda referencia á súa interioridade psíquica. Alude a un procedemento vinculado á corrente obxectalista iniciada polo nouveau roman francés, na década de 1970, que influíu notablemente no movemento da Nova Narrativa galega. Pola outra, remite a unha técnica que reduce o home á categoría de cousa mediante a privación das súas características máis especificamente humanas e á atribución de trazos correspondentes a obxectos, con intención degradante. Esta técnica foi empregada, entre outros, por Francisco de Quevedo na súa obra satírica e burlesca, e por Ramón del Valle-Inclán, que someteu os seus personaxes a un proceso de cousificación que o autor, transformado en demiúrgo, move e dirixe ao seu antollo.

    3. Nome dado por György Lukács ao fetichismo das mercadorías, inspirándose en Marx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de carbonilación de fenois que se leva a cabo refluíndo solucións alcalinas de fenois en cloroformo, dando lugar a o-hidroxibenzaldehidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reimplantar.

    2. Restitución dun tecido ou dunha parte orgánica ao lugar de onde foran extraídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reimportar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reimpoñer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cartógrafo. Foi piloto mercante e auxiliar facultativo e minas. Colaborou con G. Schulz na realización do mapa petrográfico e mineiro de Galicia e nos mapas xeográfico, mineralóxico e orográfico de Asturias. Fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey de Sierra Albanilla (Almería). Foi vicepresidente do Comité Rexionalista de Lugo e representou a Ribadeo na deputación provincial. Escribiu Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878) e El puente de Ribadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reincorporar ou reincorporarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova infección sobre un terreo anteriormente xa afectado co mesmo axente patóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reiniciar ou reiniciarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reinserir ou reinserirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reinstalar ou de reinstalarse.

    VER O DETALLE DO TERMO