"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de reintegrar ou de reintegrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente de codificación da lingua galega que defende a recuperación e o uso da escrita histórica do galego, a escrita galego-portuguesa -a mesma que emprega o luso-brasileiro na actualidade-, porque considera que o galego e o portugués son a mesma lingua e, consecuentemente, variantes dun mesmo diasistema. Polo tanto, seguindo estes criterios, a lingua que se fala en Galicia tamén se fala en Portugal, Brasil, diversos países africanos e Timor Oriental. Dentro do reintegracionismo pódense distinguir dúas correntes: unha partidaria de acollerse sen límites á norma portuguesa (a mesma ortografía ca o portugués e practicamente a coincidencia total nos outros aspectos; sería a postura que defende, por exemplo, a Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal) e outra partidaria dun achegamento máis moderado ao portugués. A proposta máis radical foi definida por Manuel Rodrigues Lapa que consideraba o galego como un dialecto rústico que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reintegracionismo.

    2. Seguidor ou partidario do reintegracionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reiterar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reivindicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ínculo real ou imaxinario que se establece entre dúas ou máis cousas.

      2. ínculo que existe ou que se supón que existe entre dúas ou máis cousas, conceptos ou xuízos, de forma que establecido un deles hai que pensar á vez no outro ou nos outros, e viceversa. Para Aristóteles era unha categoría e definiuna como a referencia dunha cousa a outra. Entre os escolásticos abranguía un campo moito máis amplo de modalidades e subdivisións. Nesta liña Eduard von Hartmann fixo da relación unha categoría fundamental (Urkategorie) que incluía as outras. Hai que destacar a distinción tradicional entre a relación lóxica e a ontolóxica ou real, onde a escolástica distinguiu entre relación increada e creada, e entre relación transcendental, a que non constitúe a cousa senón que segue a esencia da cousa en que se inclúe, e predicamental, refencia real dunha cousa a outra. A clásica comprensión metafísico-ontolóxica da relación cedeu lugar, en Kant, a unha concepción prioritariamente gnoseolóxica daquela. Polo...

      3. ínculo entre varios elementos dun conxunto. Para precisar esta idea intuitiva, defínese a relación (R) como calquera subconxunto dun produto cartesiano de dous conxuntos A e B. O tipo de relación máis frecuente é aquela en que n = 2, chamada relación binaria, que é un subconxunto de A×A. Unha relación binaria é chamada simétrica se cada vez que a R b, tamén se cumpre b R a; é antisimétrica se nunca se cumpre a R b e b R a á vez; é reflexiva se sempre é a R a; e é transitiva se cada vez que a R b e b R c resulta que a R c. Unha relación que é á vez reflexiva, simétrica e transitiva é unha relación de equivalencia, mentres que se é á vez reflexiva, antisimétrica e transitiva é unha relación de orde. Defínese tamén o concepto de relación inversa.

      4. relación de transformación

        Relación entre as tensións alta e baixa (ou entre as correntes correspondentes aos circuítos de tensión baixa e alta) nun transformador.

      5. relación xurídica

        ínculo de dereito existente entre dúas ou máis persoas (sociedade) ou unha ou máis persoas cunha cousa ou máis.

      1. Feito de establecer un vínculo de coñecemento, actividade ou interese entre dúas ou máis persoas, entidades ou grupos sociais.

      2. relacións de produción

        ínculos das persoas arredor do proceso de produción de bens materiais. Baixo esta interpretación, presente na análise de Karl H. Marx, as relacións de produción establécense no proceso de traballo, é dicir, no proceso de acción do home sobre a natureza, e modélanse segundo o nivel histórico das forzas produtivas. As relacións sociais de produción refírense ás formas de propiedade dos medios de produción, á situación que no proceso de produción ocupan as clases e os grupos sociais, ás relacións mutuas establecidas entre eles e ás formas de distribución do que se produce.

      3. relacións diplomáticas

        Relación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos. Os órganos centrais desta relación son os xefes de estado e os ministros de Asuntos Exteriores, e os órganos periféricos son os axentes diplomáticos e os cónsules. Están reguladas polos convenios de Viena de 1961 e 1963, ratificados por España.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable publicado posiblemente en Monterrei na segunda metade do s XVI. Editado por Gonzalo Rodrigo de la Passera en folla voante a dúas columnas e con letras góticas e capitais gravadas en madeira, non leva nin lugar nin data de edición, polo que deu lugar a grandes dúbidas. Consérvase un exemplar copiado no Archivo Histórico Nacional de Simancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • relacionable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode relacionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á relación ou a unha relación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer unha relación entre dúas ou máis persoas ou cousas.

    2. Facer relación dun feito.

    3. Manter unha relación con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de relativizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de relaxar ou relaxarse.

      1. Diminución da tensión, en oposición á contracción.

      2. Diminución dunha dor.

    2. Oscilación eléctrica en que a amplitude aumenta lenta e progresivamente desde un valor inicial fixado ata un valor final determinado e volve ao valor inicial bruscamente.

    3. Acción xurídica pola que o reo do xulgado eclesiástico era enviado ao xulgado secular para que este lle aplicase a pena debida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de relegar.

    2. Pena de desterro que podía ser temporal ou perpetua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de relevar.

    2. Exención dunha obriga ou requisito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de remover ou removerse.

    2. Privación dun cargo, emprego ou función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de remodelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de remunerar.

    2. Cantidade recibida polo traballador en contrapartida á súa colaboración no proceso produtivo dunha empresa. A determinación do nivel de remuneración, intimamente ligado ao concepto de produtividade, realízase de dúas formas: ben segundo o tempo empregado e baseándose nunha relación contractual e independentemente da produtividade; ben segundo o resultado obtido ou o número de unidades producidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de render ou renderse.

    2. Acción de presentar, ante quen corresponda, a relación de gastos e ingresos dunha administración ou xestión para que poida ser comprobada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cálculo empregada en teoría cuántica de campos e en mecánica estatística, que consiste en substituír os valores teóricos ou arbitrarios dalgunhas constantes físicas por valores realmente observables, mediante o chamado grupo de renormalización.

    VER O DETALLE DO TERMO