"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención cirúrxica que consiste na corrección da desviación do tabique nasal, mediante a colocación dos ósos e cartilaxes na posición adecuada e a reposición plástica de cartilaxe previamente modelada coa forma oportuna.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e tratadista da arte italiano. En 1515 foi a Roma, onde foi discípulo de Baldasarre Peruzzi, e en 1537, chamado por Francisco I de Francia estableceuse en Fontainebleau, onde foi primeiro arquitecto (1541). Traballou como escenógrafo, enxeñeiro e ebanista. Das súas obras destaca o castelo de Ancy-le-Franc (1543-1545). Escribiu os oito libros de Trattato di architettura (1537-1575).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nastia que está provocada polo golpe ou sacudida que se lle dá a unha planta ou a un órgano vexetal, como por exemplo a que se produce na sensitiva (Mimosa pudica) ao tocala.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles e con El grito del pajero obtivo unha bolsa para ir a Roma (1884), onde pintou Entierro de Cristo e El padre Jofre protegiendo un loco (1887). Ao volver en 1889 instalouse en Madrid. Extremadamente sensible á cor e á luz, liberouse de trabas académicas e de preocupacións estilísticas e pintou obsesionado pola luz que difumina os obxectos. As súas técnicas achéganse aos acuarelistas ingleses (cores disoltas en auga, transparencias) e tamén aos postimpresionistas (pincelada grosa, a miúdo espátula). Destacan Y aún dicen que el pescado es caro! (1894), Paseo a orillas del mar (1909), Niños en la playa (1910) e o friso Costumbres y fiestas de las regiones españolas (1911-1919) realizado para The Hispanic Society of America (Nova York).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de plasticidade excepcional que presentan certos materiais a determinadas temperaturas e velocidades de deformación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica da mamila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía reparadora dun defecto nun tendón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nastia debida a variacións da temperatura ambiental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao material que se abranda cada vez que se somete a unha temperatura suficiente e que se endurece cando arrefría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está disposto en catro ringleiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase as construcións que presentan unha ringleira de catro columnas na fachada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
haptonastia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reconstrución cirúrxica do tímpano e da cadea de ósos do oído medio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do tórax, especialmente a resección das porcións da parede torácica para a obtención do colapso pulmonar. Antigamente foi unha técnica que se empregou no tratamento da tuberculose pulmonar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada na illa da Toxa (O Grove). Ten planta rectangular cunha soa nave. Presenta a particularidade de ter a fachada cuberta con cunchas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do colo uterino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos animais, de simetría radial, que durante o seu desenvolvemento embrionario presentan tres capas blastodérmicas (ectoderma, mesoderma e endoderma).
-
VER O DETALLE DO TERMO
triblástico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que procede dos tecidos (tromboplastina tisular) ou do sangue (tromboplastina sanguínea) que, xunta outros factores da coagulación e cataliza a formación de trombina a partir de protrombina.