"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • Corpo que está situado enriba do epidídimo, que consta de tubos cerrados e que representa o resto da porción posterior do corpo de Wolff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constrición do glande por un anel formado polo prepucio fimótico ou inflamado, ou que quedou desprazado para atrás accidentalmente e non pode volver cara adiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á palabra que se relaciona con outra ou outras pola súa similitude formal, etimolóxica ou fonética. Por exemplo, son parónimos túmulo e tálamo, dispensa e despensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calma ou lentitude na maneira de falar ou de actuar alguén, ou de ocorrer algo.

    2. economía do pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai as cousas ou que se desenvolve con parsimonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao patrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que propicia a conservación do patrimonio familiar ou dunha sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de bens, valores e créditos que se trasmite por herdanza.

      2. patrimonio familiar

        Patrimonio que algunhas lexislacións asignan a un núcleo familiar, con carácter inalienable e indivisible, co fin de asegurar a produción, só transmisible por herdanza a unha persoa.

      1. Conxunto de bens mobles e inmobles de valor cultural que pertencen a unha comunidade e que merecen un réxime especial de atención, coidado e protección.

      2. patrimonio cultural

        Conxunto de testemuños que forman a herdanza cultural dunha sociedade. Segundo a idea tradicional está constituído por unha serie de bens cun recoñecemento oficial, -como os máis destacados dun pobo ou dunha cultura determinada-, que han de ser preservados e legados ás xeracións futuras. Designa monumentos, grupos de edificios e sitios que teñan un valor histórico, estético, arqueolóxico, científico, etnolóxico ou antropolóxico, así como o patrimonio documental ou bibliográfico.

      3. patrimonio da humanidade

        Conxunto de monumentos, conxuntos ou sitios caracterizados por un valor excepcional desde o punto de vista histórico, artístico, estético, etnolóxico, antropolóxico ou científico, aos que o Comité de Patrimonio Mundial da UNESCO lles concedeu un valor universal, coas esixencias previas de autenticidade e protección xurídica que garantan a súa conservación. O termo creouse en 1972, como resultado da celebración dunha convención sobre a protección do patrimonio cultural e natural celebrada en París e aprobada por todos os países membros da UNESCO. A característica fundamental era a pretensión de asociar a conservación da natureza coa preservación dos sitios culturais. En Galicia foron declarados Patrimonio da Humanidade o centro histórico de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e a muralla de Lugo (2000).

      4. patrimonio do Estado

        Conxunto de bens non afectos do uso xeral que pertencen ao Estado, ás comunidades autónomas e aos entes locais, segundo a lexislación española.

      5. patrimonio histórico español

        Conxunto formado polo patrimonio cultural, o patrimonio natural e os bens mixtos culturais naturais españois. Segundo a Constitución de 1978 o Estado español ten a obriga de garantir a súa conservación, promover o seu enriquecemento, fomentar e tutelar o acceso dos cidadáns e protexelos da espoliación.

      6. patrimonio nacional

        Conxunto de bens de titularidade estatal que, segundo a lexislación española, son afectos polo uso e servizo do rei e dos membros da familia real para o exercicio da alta representación que a Constitución de 1978 e as leis lles atribúen. Tamén se integran nel os dereitos e cargas sobre as fundacións e reais padroados. Cando é compatible co uso e servizo do rei ou dos membros da familia real, o Patrimonio Nacional pode utilizarse con fins culturais, científicos ou docentes.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente pobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo de orixe francesa. Decano dos mestres parisienses de medicina, foi un orador de quen se conservan fragmentos en lingua vulgar. Actuou principalmente en París e Limoges. En 1306 legou á Sorbonne a súa biblioteca, composta por máis de cento vinte volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1336-1387), fillo e sucesor de Afonso IV de Aragón. Durante o seu reinado, a Coroa de Aragón acadou a súa máxima expansión territorial. Concluíu a guerra con Xénova en 1336. En 1388 auxiliou a Castela fronte aos benimeríns ata que o sultán marroquí se retirou. Incorporou definitivamente o Reino de Mallorca á coroa aragonesa despois de vencer a Xaime III de Mallorca (1349). Participou na guerra de Venecia contra Xénova (1351) ata que asinou a paz en 1386. Proclamouse rei de Sicilia en 1377 despois da morte do seu xenro Federico III e en 1379 obtivo os ducados de Atenas e Neopatria. Por cuestións sucesorias -non se aceptaba a súa filla Xoana como herdeira-, enfrontouse ás nobrezas de Aragón e València, ás que venceu en Épila e Mislata, respectivamente (1348). O problema sucesorio solucionouse co casamento con Leonor de Sicilia, coa que tivo os futuros Xoán I e Martiño I. O seu apoio a Enrique de Trastámara, que lle prometera a cesión do Reino de Murcia, valeulle o enfrontamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen nunha serie vai inmediatamente antes do último

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xudeu. Instalouse en Palestina (1934) e ingresou en 1947 en Haganah, o exército xudeu de autodefensa. Deputado no parlamento israelí desde 1959, foi un dos fundadores en 1965 do Avoda (Partido Laborista de Israel), do que foi o seu presidente (1977-1992; 1995-1997). Primeiro ministro interino de Israel (abril-xuño de 1977) e líder da oposición durante a etapa de goberno do Likud (1977-1984), presidiu un goberno de unidade nacional coa participación dos laboristas e do Likud (1984-1986). A raíz da vitoria laborista en xuño de 1992 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e negociou coa OLP a aplicación dos acordos establecidos en setembro de 1993. Despois do asasinato de Y. Rabin (novembro de 1995), foi nomeado primeiro ministro, pero perdeu as eleccións xerais de 1996. Ocupou o ministerio de Asuntos Exteriores no goberno de coalición de A. Sharon (2001-2002). Escribiu, entre outras obras, Que saia o sol (1999). Recibiu, xunto con Yasser Arafat e Yitzhak Rabin, o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Maksim Gor’kij, combinou primeiramente o realismo ruso co romanticismo revolucionario. Presentou a condición humana dos marxinados, de forma comprensiva e favorable, a evolución da burguesía e o nacemento do proletariado. En 1899 uniuse aos activistas revolucionarios marxistas e en 1902 foi proposto para a Academia Rusa de Ciencias, pero foi vetado polo tsar. Participou na Revolución de 1905, polo que foi encarcerado a finais de 1906. Logo de viaxar por diversos países a fin de conseguir cartos para o Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, adheriuse á Revolución de Outubro (1917) e colaborou na organización da vida cultural soviética. En 1934 presidiu o I Congreso de Escritores Soviéticos, onde se proclamou o realismo socialista. Da súa obra destaca Mat’ (A nai, 1902), un libro propagandístico sobre o espírito revolucionario dunha anciá campesiña; e as obras autobiográficas Detstvo (A miña nenez, 1913), V Ijud’akh (Camiñando polo mundo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente malo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación, nunha partitura musical, que indica que ese fragmento marcado debe ser interpretado cunha sonoridade moi suave. OBS: Adóitase indicar pp ou ppp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piero di Lorenzo di Chimenti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, primeiro marqués de Baiona (1625), fillo do oitavo conde de Benavente. Filipe IV nomeouno vicerrei de Sardeña (1625-1631).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e enxeñeiro, fillo do marqués de Bendaña. Formouse no Colegio de Artillería de Segovia e foi comandante de artillaría de Ferrol. Encargouse de realizar os planos das principais prazas marítimas de Galicia e acadou o grao de coronel. Rexedor de Madrid no Trienio Constitucional, realizou viaxes científicas por Alemaña e Escandinavia, e exiliouse como liberal en Portugal e Brasil, onde dirixiu explotacións mineiras. Tamén realizou estudos xeolóxicos e mineiros en Filipinas (1839-1943), onde formou dúas valiosas coleccións de minerais (unha delas doouna á Universidade de Santiago de Compostela). Retirado do exército, dedicouse a estudar as augas termais de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • planetesimal.

    VER O DETALLE DO TERMO