"Marc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 524.
-
GALICIA
Economista. Foi catedrático de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (1775-1792), alcalde do Crime da Audiencia de Valladolid e Oidor da Audiencia de Valladolid. Nomeado corrixidor de Bilbao (1778), foi secretario da primitiva Sociedad Económica Compostelana e alcalde de Casa y Corte de Madrid (1805). Escribiu Reflexiones sobre la ley agraria (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político venezolano. Colaborou no derrocamento do presidente Rómulo Gallegos (1948). Presidente do goberno (1952), gobernou ditatorialmente ata que foi deposto (1958). Foi xulgado e encarcerado (1964-1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter comarcal editada en Lalín a partir de 1998. Estaba dirixida por Manuel Núñez Fiúza e integrada no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu noticias municipais, deportivas e culturais de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral. Foi pretor en Sicilia (82 a C) e participou na primeira reacción antiaristocrática de Marco Emilio Lépido. Refuxiouse en Hispania, seguiu a Sertorio e combateu sen éxito en València e Sagunt (75 a C). Pompeio apresouno nunha emboscada e foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral romano. Derrotou a Catilina preto de Fiesole e combateu a Xulio César en Hispania, como legado de Pompeio (54-49 a C), pero foi derrotado. Ao morrer Pompeio organizou a resistencia en África e venceu a César na Batalla de Ruspina (46 a C). Pouco despois foi derrotado en Tapso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Evolucionou desde unha etapa de neoclasicismo academicista ata as correntes vienesas. A partir de Albergo Ambasciatori, volveu ao clasicismo chamado romano antigo, e con Benito Mussolini converteuse en arquitecto oficial do réxime e en máximo representante da arquitectura fascista. Dirixiu a construción da Cidade Universitaria de Roma e construíu o pavillón italiano da Exposición Universal de París 1937.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo e editor musical. Publicou estudos sobre o violín, como Les violinistes (1922), e biografías, como Vivaldi et la musique instrumentale (1948), obra onde estableceu unha catalogación da obra vivaldiana que tivo moita difusión en Francia; e Corelli: His Life, His Work (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico. Formado na facultade de Belas Artes da Universidad de La Plata, en 1980 asociouse con Luis Puenzo para crear a produtora Cinemanía, unha das máis destacadas de cine publicitario en Hispanoamérica. Produtor de La historia oficial (1984), de Luis Puenzo, que obtivo o Oscar á mellor película en lingua non inglesa, dirixiu Plata quemada (2000, Goya á mellor película hispanoamericana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mellor marca obtida por un deportista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos nove arcontes que gobernaron Atenas na Antigüidade. Este cargo foi instituído cando, coa caída da monarquía, as atribucións militares do rei pasaron a un maxistrado. A partir do s IV a C só tivo atribucións administrativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marco Polo.
-
GALICIA
Comarca situada no centro da provincia do mesmo nome e no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ O. Limita ao N coa comarca do Salnés, a de Caldas e a de Tabeirós-Terra de Montes, ao O co Salnés, a ría de Pontevedra e O Morrazo, ao S coa comarca e ría de Vigo, e ao L coas comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Abrangue unha superficie de 623,9 km2, en que acolle unha poboación de 114.206 h (2001), distribuída entre os concellos de Barro (37,6 km2, 3.468 h), Campo Lameiro (63,8 km2, 2.235 h), Cotobade (134,7 km2, 4.687 h), A Lama (111,7 km2, 2.947 h), Poio (33,9 km2, 14.271 h), Ponte Caldelas (87 km2, 5.921 h), Pontevedra (118,3 km2, 74.942 h) e Vilaboa (36,9 km2, 5.735 h). Esténdese en sentido O-L desde o fondo das rías de Pontevedra e Vigo cara ao límite da provincia. Na xerarquía funcional dos núcleos de poboación, destaca...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Actuou en Madrid e París, onde a súa ópera Non irritar le donne inaugurou (1801) o Théâtre des Italiens. Máis tarde residiu en Italia, onde estreou máis de vinte óperas e música relixiosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Caramiñal baixo a advocación da santo Isidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira. Está composto por 20 parroquias matrices e 2 anexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Boiro, Lousame, Noia, Porto do Son e Rianxo. Está composto por 21 parroquias matrices e 2 anexas.
-
PERSOEIRO
Usurpador do Imperio Romano (259-269). Foi xeneral de Valeriano e de Galieno, a quen traizoou, lle matou un fillo e despois fíxose proclamar emperador. Obtivo vitorias importantes contra os bárbaros na Galia, pero matárono os seus soldados.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Arnuíde (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 646 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano de Gallaecia que, segundo Plinio e Ptolomeo, habitaba no convento xurídico Lucense e ocupaba, posiblemente, a península do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.