"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medicamento psicoactivo que se emprega no tratamento das enfermidades en que están alteradas as funcións mentais ou as facultades afectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo do efecto dos psicofármacos, que comprende, por exemplo, os efectos dos estimulantes e sedantes, alcohol e drogas alucinóxenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo experimental e cuantitativo das relacións existentes entre o estímulo e a sensación, do que os resultados principais foron o descubrimento dos limiares da sensación e a lei de Weber-Fechner, así como a constitución da psicofisioloxía.
-
-
Relativo ou pertencente á psicofísica.
-
Especialista en psicofísica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en psicofisioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da psicoloxía experimental que se serve dos métodos da fisioloxía para estudar os fenómenos psíquicos e descubrir as leis cuantitativas que os rexen. Tivo a súa orixe no descubrimento de J. Müller da enerxía específica dos nervios e constituíuse como ciencia co traballo que W. Wundt desenvolveu no campo das sensacións e no estudo dos tempos de reacción. Nútrese das achegas de numerosos laboratorios de psicoloxía experimental e dos estudos neurolóxicos e endocrinolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á psicofísioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área de investigación vinculada á fonética da conduta do falante, na que se estudan problemas relacionados coa psicomotricidade da articulación, coa fonética da percepción lingüística ou cos trastornos da articulación producidos por factores psíquicos ou polo sistema nervioso central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia farmacoloxicamente activa, como os bromuros e os tranquilizantes, que debilita as funcións mentais e as facultades afectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina científica que estuda os procesos psicolóxicos que permiten a produción e a comprensión da linguaxe. O seu creador foi o psicólogo condutista E. Osgood, que consideraba que a teoría da información ofrecía un marco axeitado para o estudo da linguaxe, como unha forma de comunicación humana. Posteriormente, N. Chomsky dirixiu o interese desta disciplina cara á análise das producións e comprensións lingüísticas, como medio de desvelar as funcións mentais superiores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á psicolingüística.
-
-
Persoa especializada en psicoloxía.
-
Persoa con capacidade para comprender a psicoloxía allea e prever as súas reaccións.
-
-
-
Ciencia que estuda a conduta e os estados de consciencia ou procesos mentais relacionados con ela, das persoas, consideradas individualmente ou como membros dun grupo social. Pódense distinguir dúas épocas na súa historia, diferenciables tanto polo contido como polo método. A psicoloxía clásica, ou psicoloxía racional, comportaba unha sistematización dos datos empíricos a partir duns presupostos puramente filosófico-metafísicos. A psicoloxía moderna, en cambio, arrinca do método cuantitativo experimental e pode subdividirse na denominada psicoloxía das escolas (o condutismo, a psicanálise, o funcionalismo e o estruturalismo, entre outros) e unha máis sintética e, asemade, máis especializada, psicoloxía contemporánea. Polo que respecta aos métodos ou ás técnicas cómpre destacar os de carácter clínico e os de carácter experimental. Debido á crecente especialización da psicoloxía e á interrelación entre as especialidades, é difícil de establecer unha enumeración das diversas ramas e manifestacións....
-
-
Todo o que se refire ou pertence á alma ou psiquismo do home ou ao principio dos animais.
-
Conxunto de trazos psíquicos, caracterolóxicos e de comportamento que definen a maneira de ser dunha persoa ou dun grupo social.
-
Síntese dos trazos característicos -históricos, culturais e morais- dun pobo ou dunha nación.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á psicoloxía como ciencia.
-
-
Relativo ou pertencente á psicoloxía, á psique ou ao psiquismo.
-
guerra psicolóxica
Conxunto de métodos empregados para influír nas opinións, nos sentimentos e nas crenzas dun individuo ou dun grupo social, e, máis particularmente, dos seus membros máis destacados e poderosos, co fin de determinar as súas actitudes e os seus comportamentos nun sentido ou noutro.
-
-
Escola económica centrada na análise das relacións entre o home e a riqueza. O seu espírito xeral é a dedicación ao estudo psicolóxico do home, que actúa na esfera económica, baixo a influencia de diferentes móbiles económicos ou doutra clase. Nun sentido estrito o seu nome é propio da chamada escola de Viena.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente ou doutrina filosófica que se desenvolveu durante parte do s XIX, que tende a reducir os problemas, lóxicos, estéticos ou metafísicos aos seus factores ou determinantes psíquicos.
-
-
Relativo ou pertencente ao psicoloxismo.
-
Seguidor do psicoloxismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da psicoloxía experimental que se ocupa da medida das funcións mentais en xeral e das características psíquicas do individuo, en particular, contrastándoas cun modelo típico determinado. Está orientada a medir o rendemento ou comportamento da persoa nunha situación concreta e sérvese, fundamentalmente, dos tests.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á psicometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á psicomotricidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade motriz da persoa contemplada desde o punto de vista psicolóxico, é dicir, como unha actividade que está en función dunha intencionalidade, característica que a diferenza da motricidade. Preténdese superar o dualismo cartesiano corpo-alma e expresar a unidade funcional existente entre psiquismo e motricidade.