"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
PERSOEIRO
Antropólogo francés. Realizou investigacións entre os baruya de Nova Guinea (1967). Integrouse na École Pratique des Hautes Études e posteriormente foi profesor de antropoloxía no Collège de France. Designado director de estudios na École des Hautes Etudes en Sciences Sociales (1975), fundou o Centre de Recherche et de Documentation sur l’Océanie (CREDO) en 1995 e dirixiuno ata 1999. Foi director científico do Musée du Quai Branly (1997-2000). Fundador da antropoloxía económica francesa, combinou o marxismo co estruturalismo de H. Lévi-Strauss. Das súas obras destacan Rationalité et irrationalité en économie (1966), La prodution des Grands Hommes (1982) e L’énigme du don (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e foneticista francés. Foi membro do Institut de France e profesor da Universidade de Montpellier. Especialista de gramática comparada, tamén estudiou a fonética e a versificación. En fonética traballou para establecer os principios xerais do cambio fonético, seguindo a tradición atomista e filolóxica da fonética histórica. Considerou as leis fonéticas como universais que actúan no cadro sistemático propio de cada lingua particular. Foi o primeiro en formular a lei das tres consoantes do francés, modelo de regra fonolóxica sincrónica. Cómpre destacar as súas obras Dissimilation consonantique (1895), Traité de phonétique (1933), Essai de psychologie linguistique: style et poesie (1950) e Le vers français (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica. Autora das series Mass+ó e EN CLAVE DE FA los, protagonizada polos faros das costas galegas, realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1988) e desde entón expuxo en Cangas, Ponteareas, Moaña e Madrid. Entre outras mostras colectivas participou na Bienal Novos Valores de Pontevedra (1985 e 1989) e en diversas convocatorias de Arte no Morrazo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘noiva’.
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que designa ‘unha vella solteira’.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos gúridas.
-
Membro da dinastía sunnita de Irán que gobernou (1148-1215) o actual centro de Afganistán, con capital en Fīroz Kūh. Impúxose aos gaznévidas (1150) e estendeu o seu dominio a todo o N da India. Un dos seus membros fundou o Sultanato de Delhi.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e organista. Estudiou en París con V. d’Indy. En 1939 trasladouse a Madrid, onde ensinou órgano no conservatorio, que dirixiu posteriormente. Renovador da ópera vasca, da súa produción destaca Mirentxu (1910) e Amaya (1920). Así mesmo, compuxo obras sinfónicas, música de cámara e zarzuelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, drenado polo río Agüera e delimitado ao S por Euskadi (1.765 h [2001]). A cabeceira do municipio é El Puente. Posúe agricultura (cereais, legumes) e gandería (bovina). Ademais da industria derivada (produtos lácteos), posúe manufacturas de ferro e serradoiros. O encoro de El Juncal aprovéitase para producir electricidade. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo do Caze e as casas dos Pinta e os Villota.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘noivo’.
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Irixoa e O Viveiró, no concello de Muras. O seu cumio acada 928 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente os hadrosáuridos.
-
Dinosauro pertencente á familia dos hadrosáuridos.
-
Familia de dinosauros ornitópodos pertencente á superfamilia hadrosaurios. A característica diferenciadora desta familia é o cranio plano, e algúns tiñan bultos óseos no fociño. Engloba, entre outros, os xéneros Kritosaurus, Hadrosaurus, Shantungosaurus, Maiasaura, Edmontosaurus.
-
-
PERSOEIRO
Sociólogo francés. Influído por Marx e Durkheim, usou a estatística e o cálculo de posibilidades nos seus estudios sobre as clases sociais e as necesidades humanas. Das súas obras destacan Les cadres sociaux de la mémoire (1925) e Morphologie sociale (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos halosáuridos.
-
Peixe teleósteo da familia dos halosáuridos.
-
Familia de teleósteos haplones, abisais e fisoclistos. Presentan o corpo alongado e afiado con aletas ventrais nunha posición abdominal. Engloba os xéneros Holosaurus, Holosauropsis e Aldrovandia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de sangue na urina. A hematuria é a manifestación de moitas enfermidades locais do ril e do tracto urinario e doutros procesos patolóxicos de orixe renal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hematuria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de hemoglobina na urina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do método histórico que consiste na busca e reunión das fontes e que se completa coa crítica histórica.
-
-
Relativo ou pertencente á heurística.
-
Que serve para descubrir ou inventar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido que só se coñece en disolución acuosa ou en forma salina. Tamén se coñece co nome de ácido ditiónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido que procede do metabolismo do ácido benzoico, dos benzoatos que proveñen da alimentación e da utilización do ácido benzoico como conservante alimentario. É un compoñente normal dos ouriños e descubriuse por primeira vez nos ouriños dos animais herbívoros.