"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Físico acerbaixano. Discípulo de Bohr, foi profesor nas universidades de Khàrkov e Moscova. Traballou practicamente en todos os eidos da física do s XX: atómica e nuclear, do estado sólido e do plasma, hidrodinámica, raios cósmicos, magnetismo e crioxenia. Diversos fenómenos e teorías levan o seu nome. En particular, desenvolveu a teoría que explica o comportamento superfluído do helio-3 líquido e tamén é o autor da teoría einsteniana do campo unificado. Foi denomiado o Einstein soviético. Entre as súas obras destaca Course of Theorical Physics, nove volumes escritos en colaboración de E.M. Lifshitz. Recibiu a medalla do Instituto Max Planck (1960) e diversos galardóns soviéticos, entre eles o Premio Lenin (1962). En 1962 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre ferromagnetismo, as baixas temperaturas, o helio líquido e física nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista ucraíno. Coñecido como Mark Aldanov, escribiu novelas históricas en ruso influídas sobre todo por L. N. Tolstoj. Destaca a tetraloxía Myslitel, sobre a Revolución Francesa e o primeiro imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que destrúe as larvas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos organismos que habitan no corpo das larvas.
-
PERSOEIRO
Socialista ruso. Foi deportado a Vologda en 1868 pola súa adhesión á organización Zeml’a i svoboda (Terra e Liberdade). Escribiu Cartas históricas, onde expuxo as súas ideas sobre as relacións que se aproximaron máis ao populismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista de circo ruso. Comezou a súa carreira como trapecista e destacou como pallaso. Vinculado aos movementos vangardistas, colaborou con V. V. Majakovskij e Meyerhold. Tamén traballou moi activamente co movemento teatral proletario, realizando diversas pantomimas de carácter satírico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político ruso. Destacou na Guerra de Afganistán e abandonou as forzas armadas para dedicarse á política e formou parte do Congreso das Comunidades Rusas (KRO) en 1995. Ese mesmo ano foi elixido deputado na Duma. Nas eleccións presidenciais de 1996 presentouse como candidato independente pero Boris Jelcin nomeouno asesor e secretario do Consello de Seguridade Nacional. Desde este cargo conseguiu poñer fin á Primeira Guerra de Chechenia, pero foi cesado pouco despois, acusado de preparar un golpe de estado. En 1997 creou o Partido Nacional Republicano e desde 1998 gobernou o territorio siberiano de Krasnojarsk.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista mexicano. Escribiu narrativa, teatro, reportaxes, crónicas e guións de cine. Da súa produción destacan La polvareda y otros cuentos (1959), La voz dolorida (1961), Los albañiles (1963, Premio Biblioteca Breve), Pueblo rechazado (1969), El juicio (1972), A fuerza de palabras (1977), Los periodistas (1978), El evangelio de Lucas Gavilán (1979) e Asesinato (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmonauta ruso. Foi o primeiro home que saíu fóra do vehículo estando en órbita terrestre, feito que tivo lugar o 18 de marzo de 1965, durante o vo de Voskad-2, e que durou uns 20 minutos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi autor de novelas como Barsuki (Os teixos, 1924), Vor (O ladrón, 1927) e outras, onde fixo retratos psicolóxicos á maneira de F. M. Dostojevskij. Tamén escribiu pezas teatrais como a editada en 1942, Našestve (A invasión, 1942; Premio Stalin 1943). Recibiu o Premio Lenin en 1957.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor. Abandonou a medicina pola literatura. Influído por N. J. Danilevskij, propugnou para Rusia un mesianismo bizantino político, social e relixioso nas súas obras Rusia e O oriente e os eslavos (1885-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS (1953), interveu na polémica sobre o papel da lei do valor na economía socialista e participou na elaboración do programa de ensino da economía política da URSS.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Influído na súa mocidade por A. S. Puškin, a súa obra orientouse cara a un romanticismo byroniano que daba importancia esencial á experiencia íntima do poeta. Posteriormente, acentuou os elementos realistas, o que se reflite, en parte, no seu paso á prosa cunha escolma de relatos capitais no tránsito do romanticismo ao realismo na literatura rusa, tal e como aparece en Geroj nasego vremeni (Un heroe do noso tempo, 1840). Da súa produción destacan as obras teatrais Os españois (1830), Homes e paixóns (1830), Mascarada (1836) e Os dous irmáns (1836), e a obra poética A morte do poeta (1837), obra que o fixo famoso e provocou o seu exilio ao Cáucaso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Reelaborou lendas propulares e escribiu relatos e novelas polémicas contra os nihilistas. A vida do pobo ruso e das relixións foron os temas fundamentais das súas obras, como en Ledi Macbeth Mcenskogo ujzeda (Lady Macbeth do distrito de Mcensk, 1865), sobre a que Šostakovič compuxo a ópera homónima en 1934; e Sobor’ane (Xente de igrexa, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Publicou Camiños para mellorar a rendibilidade das empresas socialistas (1956) e Principais problemas da mecanización e a automatización da produción (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, político e etnógrafo. Concelleiro de Pontevedra pola candidatura monárquica nas eleccións municipais de 1931, participou na fundación da Unión Regional de Derechas (URD) en Pontevedra. Elixido deputado en 1933, ingresou en Renovación Española (1934) e foi reelixido deputado en 1936. Nomeado polos sublevados xefe da Guarda Cívica durante a Guerra Civil Española, escribiu La medicina popular en Galicia (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mejer Wallakh.
-
VER O DETALLE DO TERMO
veza.
-
PERSOEIRO
Matemático e enxeñeiro ruso. Realizou importantes estudios matemáticos e mecánicos. Desenvolveu unha teoría xeral da estabilidade e da regulación de sistemas non liñais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena ruso. En 1984 foi expulsado do seu cargo de director do Teatro Taganka e do país. Seguidor de K. S. Stanislavskij, Meyerhold, Vakhtangov e B. Brecht, das súas montaxes destacan Dez días que conmocionaron o mundo (1965), Escoita! (1967), Tartufo (1969), Hamlet (1974), O troco (1976), A casa no embarcadoiro (1980) e Crime e castigo (1983). Dos seus últimos traballos sobresae unha versión de Os irmáns Karamazov.
VER O DETALLE DO TERMO