"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • PERSOEIRO

    Historiador. Especialista en historia medieval e no estudo da formación de cidades históricas como Santiago de Compostela, escribiu Introdución al fenómeno urbano medieval gallego, a través de tres ejemplos: Mondoñedo, Vivero y Ribadeo (1976), La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media (800-1150) (1986) e El Mundo de las peregrinaciones, Roma, Santiago, Jerusalén (1999). Colaborou, ademais, coas publicacións Compostellanum e Revista científica ICOMOS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica alemana. Coñecida como Marlene Dietrich, en 1930, despois do éxito de Der blaue Engel, converteuse nun dos grandes mitos eróticos do star-system da man de Joseph von Sternberg. Xuntos interviron en The Devil is a Woman (1925), Morocco (1930) e Shangai Express (1932). Da súa filmografía destacan Angel (1937), Touch of Evil (1958) e Shoner Gigolo, armer Gigolo (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político venezolano. Foi presidente de Venezuela (1984-1989) con Acción Democrática. Emprendeu unha política de reordenación financeira e estabilización do mercado de cambios, pero foi acusado de corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia dixestiva, a miúdo en forma de hematémese, que se orixina por unha esgazadura da mucosa do esófago. Obsérvase en pacientes alcohólicos e adoita ir precedida de vómitos intensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de anemia hemolítica, de evolución crónica con perda persistente de ferro polos ouriños (hemosiderinuria). Durante o sono, a hemólise agudízase e prodúcese hemoglobinuria, que dá unha cor escura aos ouriños. A diagnose confírmase no laboratorio provocando a hemólise con soro acidificado (proba de Ham-Dacie). OBS: Tamén se denomina hemoglobinuria paroxismal nocturna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno hereditario do tecido conectivo descrito polo médico francés Bernard-Jean Antonin Marfan (1858-1942) que ocasiona alteracións oculares, osteoarticulares e cardiovasculares. Prodúcese un crecemento esaxerado dos ósos longos, cun talle e unha envergadura excesivas para a idade, e os dedos moi longos (aracnodactilia). As articulacións son moi laxas e hiperestensibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta de tea que se apoia sobre unha tenda de campaña para gardala da choiva ou do sol.

    2. Cuberta lixeira, xeralmente de vidro e ferro, madeira ou formigón, colocada na fachada dun edificio, nas paradas de transporte público, nunha porta, escalinata ou plataforma, destinada a resgardar da choiva ou do sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro, diplomático e escritor. Foi ministro de España en China e o primeiro diplomático español naquel país. Estableceuse en Macau (1843) e explorou boa parte da costa chinesa. Publicou A Ibérica (1852), onde defendeu unha federación ibérica respectuosa coas minorías nacionais, diversas poesías e a traxedia en prosa Aristodemo (1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica italiana. Ligada profesionalmente ao seu home, o realizador Federico Fellini, debutou no filme Senza pietá (1948), dirixido por Alberto Lattuada. Dos seus papeis protagonistas cómpre salientar Luci del varietà (1951), Lo sceico bianco (1952), La strada (1954), que a consagrou como unha das principais actrices europeas da época; Le notti di Cabiria (1956), coa que conseguiu o premio á mellor actriz no Festival de Cannes de 1957, Giulietta degli spiriti (1965) e Ginger e Fred (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Numidia, fillo do Rei Gaia. Durante as Guerras Púnicas, foi enviado a Hispania para axudar os cartaxineses contra os romanos. Volveu a África no 206 a C e, como lle usurparan o reino, aliouse con Roma e conquistou Cirta. No 202 a C participou na derrota de Aníbal e Cartago recoñeceu a independencia do seu reino. Coa axuda de Roma, pacificou o país e promoveu unha forte actividade agrícola e comercial. As súas continuas incursións na Tripolitania provocaron unha nova reacción dos cartaxineses (150 a C); coa intervención de Roma iniciouse a Terceira Guerra Púnica (149 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. De nome Leonid F’odorovič Miassin, ingresou no Ballet Ruso de Diaghilev en 1913, onde creou diversas coreografías. Foi máximo responsable escénico do Ballet de Montecarlo (1932-1937) e en 1949 creou a súa propia compañía en EE UU, a Highlights Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral inglés. Utilizou con mestría a sátira e o realismo social, o que o converteu no último gran dramaturgo da época isabelina. Compuxo as comedias The City Madam (1632), A new Way to Pay Old Debts (1633) e as traxedias The duke of Milan (1618), The roman actor (1626) e The emperor of the East (1631).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Porto, Portugal, situada ao N da aglomeración de Porto (152.067 h [1991]). É o principal porto pesqueiro de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relaxante da musculatura esquelética que se emprega no tratamento dos estados espásticos hipertónicos e hipercinéticos e como relaxante muscular en cirurxía, en substitución do curare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Licenciouse en 1884 na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como titular do concello de Fene desde 1895. En 1891 trasladouse a Ferrol, onde dirixiu o Boletín del Colegio Médico-Farmacéutico e colaborou na prensa local. Publicou Escuelas de Artes y Oficios del Ferrol. Memoria leída en la solemne apertura del curso de 1901 a 1902 [...] (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poetas-músicos alemáns que tiveron moita relevancia nos ss XIV, XV e XVI. Organizábanse en grupos corporativos e eran fieis ao estrito formalismo do simbolismo musical. O máis famoso foi Hans Sachs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial. Durante a Segunda Guerra Mundial axudou a numerosos fuxidos dos países belixerantes a pasar ao exilio. Ao remate da guerra introduciuse na industria turística. A axencia de viaxes co seu nome converteuse nunha das máis importantes organizacións turísticas do mundo, con sucursais en Europa e América, e con hoteis nos principais puntos turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura imaxinaria que se representa por unha serea que se está a bañar dentro dunha talla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.

    VER O DETALLE DO TERMO