"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Forma prefixada de orixe grega empregada en anatomía para indicar conexión ou relación cos atlas, vértebras dos tetrápodos. Pode presentar tamén a variante alomórfica atlo-.

    2. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras relativas ao atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación empregada para referirse a un xénero fósil (Atlanthropus) creado en 1954 a partir dun fragmento cranial, tres maxilares e algúns dentes illados, atopados en Ternefine (Alxeria) por C. Arambourg. Os investigadores actuais integran este xénero na especie Homo erectus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atlas lingüístico das falas galorrománicas, dirixido por Jules Gilliéron e con enquisas feitas por E. Edmont, publicado dende o ano 1902 ao 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No pensamento hindú, orixinariamente, alento vital ou principio de vida dos seres vivos. A partir dos Upanishād, o atman vaise identificando co braman, aquilo absoluto que penetra e envolve a todos os seres e incluso ao mesmo principio divino (braman-atman).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante. Arrendou en 1851, en compañía de Victoriano Braña e de Augusto José de Vila, a fábrica de vidrio La Minerva (A Coruña). En 1857 formaba parte do núcleo fundador do Banco da Coruña, que preside en 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anda ás atoutiñadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obstáculo que atranca o acceso a un lugar, particularmente aquel que se coloca na entrada dun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar cunha tranca ou algo semellante unha porta, unha ventá, etc.

      1. Poñer un obstáculo nun paso ou camiño para que non se poida pasar.

      2. Obstaculizar un lugar aberto con barreiras pasivas (fortificacións, valados) ou activos (campos de minas, fogo directo de distintas armas).

    2. Quedar obstruída algunha cousa.

    3. Quedar unha cousa parada sen poder seguir adiante.

    4. Deterse alguén naquilo que está a facer ou dicindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obstáculo que dificulta ou impide o avance.

    2. Obstáculo que dificulta a realización de algo ou o desenvolvemento esperado dunha acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘garda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario sueco. Formado no Prerromanticismo sueco, constituíuse en abandeirado do grupo literario Auroraförbundet. Toda a súa obra é unha procura da arte en si mesma, da poesía pura. Compuxo unha serie de poemas dramáticos recollidos baixo os títulos de Fagel Bla (O paxaro azul, 1814) e Lycksalighetens Ö (A illa da felicidade, 1824-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘escopeta’ e ‘pistola’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘escopeta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘ameazar’ e ‘tirotear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘tiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘revólver’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘revólver’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘garda’ e ‘escopeteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘pistola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filme producido por Francia, Alemaña e Italia en 1987, dirixido por Louis Malle e interpretado por Gaspar Manesse, Raphael Fejto, Francine Racette e Stanislas Carré de Malberg. A trama desenvólvese nun internado francés durante a ocupación alemana, un universo pechado, afastado da realidade da guerra, onde estudia o protagonista. A chegada ao colexio dun grupo de alumnos xudeus e en especial a súa amizade cun deles, descóbrelle a cara amarga do conflito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta occitano. En 1861 publicou La miougrano entreduberto, colección de poemas breves, impregnados de sentimento romántico, onde intenta unificar o estilo da literatura provenzal antiga co sentido popular e realista da literatura occitana renacente. En 1885 tirou do prelo o libro de poemas Li fiho d’Avignoun, dun sentimentalismo exaltado. Tamén é autor de Lou rèire-soulèu (1889) e dos dramas Lou pan dòu pecat (1878) e Lou raubatori (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO