"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Política birmana. Estudiou Filosofía, Ciencias Políticas e Economía en Gran Bretaña e, en 1989, foi cofundadora e secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia, movemento opositor á ditadura. Ese mesmo ano foi arrestada e mantida en residencia vixiada ata 1995. En 1991 concedéuselle o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal sódico ou amónico da hexanitrodifenilamina. Emprégase como colorante e en fotografía para facer filtros de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārāshtra, India, no altiplano do Decán (573.272 h [1991]). Mercado agrícola, centro industrial e turístico. Fundada no ano 1610, a partir do 1652 foi cuartel xeral do Emperador Aurangzeb na conquista do Decán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador mongol da India (1658-1707). Era o terceiro fillo do Emperador Šāh Palatino; Ǧ ahān. Foi vicerrei do Decán (1652-1658), rexión que gobernou despois dunha guerra fratricida. Logo de encarcerar o seu pai, proclamárono Emperador. Conseguiu estender o seu dominio, pero o seu fanatismo islámico fixo que permanentemente estivese a mal cos hindús. A súa morte precipitou a decadencia do imperio mongol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que se dedica a recoller as areas auríferas depositadas polos cursos fluviais, especialmente nas comarcas de Valdeorras, Lemos, Quiroga e Trives, e no golfo Ártabro. Nestas areas, o ouro preséntase polo xeral en forma de escamas e, máis raramente, de pebidas. O Miño, o Sil e os seus afluentes son os máis ricos en partículas de ouro. Da primitiva explotación destes depósitos quedan mostras nas Médulas, en Montefurado e nos lavadoiros de San Miguel de Outeiro, Vilamartín de Valdeorras e na canle do río Xares. Existen aureanas en Galicia dende época prerromana. As mulleres amasaban as areas auríferas, lavando despois a masa en barutos tecidos en forma de cesta. O oficio de aureana era característico da parroquia de Seadur, no concello de Larouco, e doutras dos concellos ribeiregos do Barco, Petín e Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañeira de santa Úrsula, non morreu -como esta e as once mil virxes- martirizada polos hunos na masacre de Colonia de 385 xa que, á volta da peregrinaxe a Roma, enfermou na capital alsaciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Aurelianus ‘relativo a Aurelio’. Santo Aureliano de Limoges (Francia) é un santo lendario como san Marcial (de quen fora perseguidor, e a quen sucedeu á fronte da diócese). A lenda conta que foi fulminado por un lóstrego aínda que logo, grazas ás oracións de san Marcial, resucitou e acabou converténdose. Este nome presenta como hipocorísticos as formas Auri e Lelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles dende o 546 e vicario pontificio para a Galia. Foi o enlace entre Xildeberto I e Totila, Rei dos ostrogodos e conquistador de Roma. Autor dunha regra monástica que despois foi incorporada á de san Bieito de Aniana. Adoita invocárselle contra a xordeira e os males de oídos, pola asociación popular do seu étimo Aurelius ao de orella

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de musulmán e cristiá, foi martirizado en Córdoba no 852, durante o reinado de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II, xunto coa súa esposa Natalia (Sabigotho). No ano 858 os monxes Usuardo e Odilardo trasladaron os seus restos mortais a Saint-Germain-des-Prés. A súa festa celébrase o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista cinematográfico francés. Escribiu os guións de La symphonie pastorale (Jean Delannoy, 1946) e de Jeux interdits (René Clement, 1952). Colaborador habitual de Pierre Bost, foi redescuberto polo realizador B. Tavernier nos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmá dos santos Adolfo e Xoán. A lenda conta que morreu degolada polos mouros cordobeses. A súa festividade celébrase o 19 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irxe e mártir da cidade romana de Ostia. Morreu afogada logo de ser tirada ao mar atada a unha moa de muíño. A súa festa conmemórase o 24 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abadesa dun mosteiro de París por designación de santo Eloi, o seu fundador. Cóntanse dela varios feitos sobrenaturais: un anxo pousou na súa cabeza unha coroa luminosa, unha monxa do seu convento quedou coa boca torta por rirse das súas austeridades, etc. Morreu martirizada nunha cadeira con cravos. A súa festividade celébrase o 11 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pallaso e acróbata de grande éxito internacional. Actor de carácter romántico, cultivou a comicidade acrobática pura. Creou o tipo de pallaso con vestido cadrado e bonete de cascabeis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, guionista e realizador de curtametraxes, foi o fundador da Revue du Cinéma, publicación na que editaba críticas e artigos sobre o cine francés e internacional dos anos corenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Foi un dos divulgadores do Helenismo na Italia prerrenacentista ao introducir manuscritos de Platón, Xenofonte e Píndaro, entre outros, que levara de Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ausetáns.

    2. Individuo dun populus prerromano que tiña como centro a comarca de Osona (Catalunya) e como cidade principal Ausa (actual Vic).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da área de influencia ( umland) dunha cidade que se atopa nun país estranxeiro, como por exemplo o Norte de Portugal verbo de Vigo para algunhas funcións, -comerciais sobre todo-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do Bronce final e primeira Idade do Ferro das illas Lípari e da costa nororiental de Sicilia. A súa denominación alude á irrupción nesas illas da cultura apenínica, precursora da etrusca, da que formaban parte os ausóns.

    VER O DETALLE DO TERMO