"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Foi Catedrático de Obstetricia, decano da Facultade de Medicina de Santiago e estudoso do saber filosófico. Publicou: Estudios de filosofía médica o Crítica de todas sus doctrinas y exposición de los dogmas hipocráticos considerados como elementos fundamentales de la ciencia y base firme de su certidumbre, reconstitución, progresos y perfeccionamiento (1861), verdadeira defensa de Hipócrates e do Hipocratismo en resposta ao discurso inaugural realizado por Pedro Mata na Academia de Medicina e Cirurxía de Castela a Nova en 1859; Instrución popular contra el cólera-morbo-asiático (1865), onde analiza esta enfermidade así como o seu posible tratamento e prevención; e Memoria presentada al Claustro de la Facultad de Medicina por su decano el Dr. D..., sobre las bases en que han de establecerse las relaciones de las salas de enseñanza con las generales del Hospital, declarado recientemente provincial (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bari, en Apulia, Italia, ao NL de Bari (82.347 h [1991]). Centro dunha grande área agrícola con industrias alimentarias derivadas. A cidade, importante xa na Italia bizantina, foi fortificada cara ao ano 1045 polos condes de Trani. Os monumentos máis importantes son a catedral (s XII), o palacio ducal (s XVI) e o Castelo do Monte, construído por Federico II entre o 1240 e o 1250.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido no Reino de Nápoles no ano 1507 a Gonzalo Fernández de Córdoba o Gran Capitán. No 1740 foille adxudicada a Grandeza de España ao undécimo duque, Ettore Carafa, morto en 1764.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Merina, en Madagascar. Soberano de Ambohimanga (1787), reforzou a súa autoridade, reorganizou a administrición, impulsou o funcionamento das asembleas de anciáns e reformou o sistema fiscal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ximnasta ruso. Conseguiu quince medallas olímpicas nas súas tres participacións: sete de ouro, cinco de prata e tres de bronce (Múnic 1972, Montreal 1976 e Mosvova 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e poeta bosnio que escribía en lingua serbia. Antes da Primeira Guerra Mundial foi detido polos austríacos. Na súa estancia en prisión escribiu o libro de meditacións líricas Ex Ponto (1918). Durante a Segunda Guerra Mundial, retirado da política, escribiu a triloxía Na Drini cúprija (‘A ponte sobre o Drina’), Travnička kronika (‘A crónica de Travnik’) e Gospodjica (‘A señorita’), que fixeron del unha das figuras literarias máis respectadas do seu país. En 1961 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor neerlandés. Representou o Realismo e evolucionou cara ao Expresionismo. Ao redor do ano 1945 fixo monumentos dedicados á resistencia dos Países Baixos ante a invasión alemá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista francés. Compuxo diversas obras, cun estilo similar ao de Corelli. Publicou o libro Principes de l’accompagnement du clavecin (Principios do acompañamento do clavecín, 1718).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao monstro que ten corpo de animal e cabeza humana. Pertencen a este grupo as sereas, as esfinxes e demais; foron moi correntes na arte de Oriente Próximo e na mitoloxía grega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do sistema de relacións sociais centrado na persoa do home.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos órganos masculinos dunha flor: os estames, funcionais, e os estaminodios, estériles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escravo romano que, segundo unha tradición estoica recuperada por Séneca, fuxiu do seu amo. Atopado e condenado a morrer na area, foi recoñecido e defendido por un dos leóns, ao que lle curara unha ferida durante a época que estivera en liberdade. A consecuencia dese feito foi indultado. Bernard Shaw tratou o tema satiricamente na súa comedia Androcles and the lion (1912).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de organización social na que o goberno é exercido polos varóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dirixido polos varóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de poligamia na que unha parte das plantas da poboación presentan flores hermafroditas e outras só flores masculinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fobia polos individuos do sexo masculino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Columna que sostén o androceo, orixinada pola prolongación do eixe floral ou pola concrescencia dos filamentos. É moi patente nas plantas monadelfas como a malva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Minos, rei de Creta. Morto nos xogos de Atenas, Minos, para vingalo, impuxo aos atenienses o tributo anual de sete mozos e sete doncelas destinados a ser devorados polo Minotauro.