"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • Colocar en pabeas ou moreas o mato rozado ou o cereal acabado de segar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferida producida a unha cabalería polo rozamento do cabestro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de encabestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o cabestro ás bestas.

    2. Enlearse as bestas no cabestro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de palabras, moitas veces de carácter formulístico, con que se comezan as cartas, os testamentos, as vendas, os libros ou calquera outro tipo de escrito.

    2. Elemento que se destaca na cabeceira dunha ficha ou rexistro bibliográfico, que permite ordenalo dentro dun ficheiro ou dun catálogo e facilitar a súa recuperación.

    3. Sistema utilizado pola facenda pública para a recadación de impostos e contribucións. Consistía en outorgarlles aos concellos ou aos gremios a facultade de recadar por si mesmos os impostos e contribucións correspondentes ao distrito ou ao gremio mediante o pagamento dun cupo fixo sinalado polo órgano fiscal. Introducido pola dinastía dos Austrias, xeneralizouse na Coroa de Castela a mediados da década de 1530 e uns anos máis tarde en Galicia. Con este sistema, a monarquía aseguraba a recepción dunhas rendas fixas anuais. Aplicábase ás principais cargas fiscais rexias da época, alcabalas e servicios, e a finais do s XVI ao novo imposto dos millóns. O campesiñado foi o principal afectado pois, aínda que a presión fiscal non aumentou en exceso, as crises agrarias incidiron sobre a súa debilitada economía e creáronlle graves dificultades para soportar esta fiscalidade; ademais, o feito de que a fidalguía estivese frecuentemente exenta destas cargas, fixo que a súa cota tivese que ser sufragada...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer ao principio dunha carta, dun libro, dun escrito ou de calquera tipo de documento unha palabra ou grupo de palabras, moitas veces de tipo formulístico, que funcionan como preámbulo.

      2. Construír o encabezamento dun escrito.

      1. Estar ou figurar á cabeza ou ao comezo de algo.

      2. Dirixir ou gobernar algo.

    1. Remendar algo, especialmente os calcetíns ou as medias de la cando rompen polo encabezo.

      1. Deter a fermentación dun mosto mediante a adición de alcohol vínico nunha proporción do 10 ao 17%, para que permanezan os azucres naturais da uva. Obtéñense así viños doces de entre 13 e 14° de gradación alcohólica.

      2. Aumentar a graduación dun viño engadíndolle alcohol, augardente ou outro viño con máis graos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mendo que se pon no piqueiro de escarpíns, calcetíns ou medias de la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Quiroga. Orixinaria do s XVI, reconstruíuse no s XVIII. Da primitiva construción conserva a nave con cuberta de madeira a dúas vertentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meter algo nunha gabeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén colla unha rabecha.

    2. Coller unha rabecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guisar ou adubar con escabeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade culinaria que se fai cun adubo de aceite, vinagre, sal, loureiro e outros ingredientes (allo, pementa negra, viño, cravo, tomiño, cebola e pemento doce), co que se preparan en semiconserva peixes e outras viandas, como o coello, a perdiz e o paspallás. O escabeche pode estar previamente cociñado ou non. É axeitado para preparar conservas comerciais, especialmente de moluscos, como o mexillón. OBS: Utilízase normalmente na expresión en escabeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cortar o cabelo.

      2. Cortar o pelo ou a la aos animais.

    1. Quitar a casca ás castañas.

    2. Caer o pelo por enfermidade ou por muda.

    3. Separarse a casca das castañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar o cabezo ou tona que se forma na superficie do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escarabeidos.

    2. Insecto da familia dos escarabeidos.

    3. Familia de coleópteros que, na fase adulta, se presentan como escaravellos de antenas rematadas nunha especie de abano, formado pola expansión dos artellos terminais -do terceiro ao sétimo- destes apéndices; por este motivo denomínanse tamén lamelicornios. Posúen patas longas e provistas de dentes no bordo externo das tibias que lles serven para cavar. As alas son de venación reducida. As larvas son grosas, de patas curtas e cabezas provistas de fortes mandíbulas, e adoitan ser saprófitas. As larvas dalgúns xéneros aliméntanse de raíces e poden chegar a causar danos económicos considerables, mentres que outras se alimentan de madeira, de produtos en descomposición, de cadáveres ou de excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Valladolid, traballou no eido da imaxinería. Entre as súas obras destacan San Miguel Arcángel, La Magdalena en el desierto, Cabeza de san Juan Bautista (1773) e Cabeza de san Pablo (1778). Realizou o cadeirado do coro da sala capitular da catedral de Valladolid e a do mosteiro de La Espina. Dende 1784 foi membro da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid, na que foi tenente de debuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa sudafricana. Considerada a primeira poetisa en lingua afrikaans, da súa produción destaca Die stil avontuur (A aventura silenciosa, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: faba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, unha barra de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO