"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Herba da familia das asteráceas cuberta dunha especie de borra de tomento branco, denso e suave. Os capítulos, xeralmente, presentan todas as flores tubulosas, poucas hermafroditas e moitas femininas. Os pelos do vilano non son plumosos e o receptáculo non presenta escamas nin brácteas. En Galicia están presentes as especies Pseudognaphalium luteo-album, en lugares areosos e húmidos, e Filaginella uliginosa, propias de lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Verín. As súas armas levan, en campo de azul, unha borrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se distingue ou ve con claridade e precisión.

      1. Obras pitóricas pouco concretas, de contornos ou de trazos que dan como resultado un efecto confuso, que pode ser feito intencionadamente para conseguir un resultado determinado: atmosfera, distancia, escuridade, etc.

      2. Obras desvaloradas de ton, por falla de mestría no oficio pitórico, e que fan o efecto de tacos imprecisos que desfán a harmonía do conxunto.

    2. Opción que posúen algunhas aplicacións de tratamento de fotografías ou infografía co fin de facer que unha parte ou a totalidade dun documento gráfico se distinga con pouca claridade ou precisión. Fundamentalmente se utiliza para imitar efectos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prosista e políglota inglés. Destacou polas súas obras autobiográficas: The Zincali, or An Account of the Gypsies in Spain (Os xitanos en España, 1841) e The Bible in Spain (A Biblia en España, 1842-1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ouriñal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ceramista e pintor. Relacionouse nun principio cos futuristas. Picasso considerouno, dentro das artes do lume, como o mestre da súa xeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megyé de Hungría (7.247 km2; 739.000 h [estim 1998]). A capital é Miskolc. É unha das grandes rexións industriais de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento formado por unha rede, malla ou tea moi fina, suxeito a un aro, por onde pasa a fariña e outras substancias en forma de po, separando ao mesmo tempo as partes finas das grosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasar a fariña ou outras substancias en forma de po polo bortel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo e estadista noruegués. Foi cabeza do partido agrario (1955), que é responsable da súa orentación cara a unha posición centrista. En 1961 foi elixido presidente do odelsting (Parlamento noruegués), e en 1965 chegou a ser primeiro ministro, pero en 1971 dimitiu en desacordo coa proposta de entrada do país na CEE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān de Lorestān, Irán, situada nun val moi fértil (183.879 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto binario de boro e un elemento menos electronegativo, xeralmente metais de transición. Os boruros adoitan obterse a partir da electrólise dos boratos fundidos; os metálicos teñen puntos de fusión moi elevados, unha dureza extraordinaria e condutividades eléctricas relativamente altas. Teñen aplicación como abrasivos, refractarios e emisores de electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro do que se supón a súa existencia pola interpretación errónea dun documento datado no ano 951 no que Ordoño III doaba á igrexa de Santiago a vila chamada Borvene. Pouco despois, neste mesmo diploma menciónase un mosteiro identificado cun cenobio supostamente chamado Borvén próximo ao río Miño, quizais na provincia de Ourense. Non obstante , o mosteiro citado fai referencia a San Pedro de Antealtares (que máis tarde cambiará a súa advocación orixinal pola de San Paio), mosteiro beneficiario desa doazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, xeógrafo e naturalista. Participou na expedición científica do capitán Nicholas Baudin á Nova Holanda (actual Australia) e percorreu as illas do Océano Índico. Exiliado de Francia durante catro anos, publicou unha Géographie de la péninsule ibérique (Xeografía da Península Ibérica, 1818). En 1829 foi o encargado da dirección dunha expedición científica francesa a Morea e en 1839 participou nunha expedición a Alxeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Escribiu novelas nas que reflectiu e analizou os problemas da súa época, como en: Mon village à l’heure allemande (A miña vila na hora alemana, 1945), Premio Goncourt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos mellores estilistas do decenio 1925-1935. Conxugando realismo e lirismo, abordou as relacións e a intimidade amorosas en filmes como A farewell to arms (Adeus ás armas, 1932), baseado no libro de Ernest Hemingway, Secrets (Segredos, 1933) e The mortal storm (Tempestades da alma, 1940). Dirixiu amais, as películas: Seven sweethearts (As sete noivas, 1942), Spanish main (O mar das Antillas, 1945) e The big fisherman (O gran pescador, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza de can lebreiro de orixe rusa, duns 70 cm de alzada, de pelo longo e ondulado, coa cabeza alongada e estreita. Antigamente se utilizaba para a caza de lobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista en probas de velocidade, foi o primeiro corredor europeo que gañou os 100 e os 200 m lisos nuns mesmos Xogos Olímpicos (Múnic 1972), cuns rexistros de 10’’ 14 centésimas e 20’’, respectivamente. Atleta moi técnico, formouse no centro estatal de adestramento de Kiev. Acadou as plusmarcas europeas de 100 m lisos e 200 m lisos con 10’’ e 20’’. Nos Xogos Olímpicos de 1972 conseguiu a medalla de prata co equipo de testemuños 4x100 da Unión Soviética. Retirouse en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa francesa e Raíña de Castela. Filla do duque Pedro de Borbón e de Isabel de Valois, casou co Rei Pedro I o Cruel (1351), quen a abandonou aos tres días de casar, e logo a perseguiu ata conseguir que a encarcerasen no castelo de Medina Sidonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia, filla de Otón IV, conde de Borgoña. Casou con Carlos IV de Francia. Acusada de adulterio, foi repudiada en 1322 e retirouse a unha abadía.

    VER O DETALLE DO TERMO