"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Actor de teatro e dobraxe, director e cantautor. Destaca o seu traballo na compañía Fulano, Mengano e Citano. Gravou o disco Bule, berra, chora (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e escenógrafo. A súa traxectoria teatral está vinculada ás compañías Teatro Circo, Escola Dramática Galega e Luís Seoane, coas que participou en espectáculos como Zardigot, Os vellos non deben de namorarse, A voda de Esganarello e O rei aborrecido, e nas que realizou distintas escenografías. Colaborador habitual da escola de formación teatral Casahamlet, publicou diversos traballos sobre plástica escénica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Oftalmólogo. Traballou no campo da histoloxía ocular, xunto con Cajal e P. del Río Hortega, e descubriu no nervio óptico a microglía e a oligodendroglía, descritas primeiro por este último. Tamén estudiou os efectos patolóxicos da avitaminose durante a Guerra Civil Española. Fixo contribucións técnicas, como o oftalmoscopio fotográfico, e publicou La excitación mecánica de la retina (1933) e Biomicroscopia del fondo del ojo (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor rexionalista, fillo do escultor Reimundo López Pol. Coñecido como Manuel Garabal, formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago con Mariano Tito Vázquez, influencia que explica o tenebrismo das súas primeiras obras (A enredante, 1926; Sol entre carballos, 1946), e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde descubriu a luminosidade e a cor (Rapaz comendo mazás; O millo, 1934). O feito de que frecuentase o taller de Cándido Garabal foi de grande importancia para o seu desenvolvemento artístico. Aínda que expuxo no acto inaugural da Sociedade Galega de Amigos da Arte (1929), ese mesmo ano abandonou a pintura, afectado de tuberculose. Xa recuperado (1932) reiniciou a súa actividade, especialmente prolífica tralo remate da Guerra Civil Española (1936-1939). En 1941 obtivo o título na Escola Superior de Belas Artes e converteuse en profesor de Debuxo Lineal e Decorativa na Escola Elemental de Traballo en Santiago de Compostela. Deste ano data a...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Coñecido como Ardeiro, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Dorna ou Ateneo Ferrolán. Da súa obra poética, caracterizada polo intimismo, a soidade e o amor, destacan A néboa dunha esperanza (Premio Cidade de Ourense 1981), En bela sombra de amaranto (Premio Celso Emilio Ferreiro 1985), O matiz esmeralda da sombra (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1992), a escolma Sombras e outras presencias (1992) e Un xardín no tempo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel Catoira, colaborou en diversas revistas literarias. É autor de A cadea (1977), Intento de fuga en la prisión central (1978) e das antoloxías Cen augas e Opera aperta. Poesía galega (1981). Coa súa composición “Traballadores do cemento” conseguiu o Premio Nós (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Exerceu como director de diversas escolas de Bos Aires e colaborador en diversas publicacións periódicas. É autor dos libros poéticos Cantares patrióticos a los héroes del Callao (1866), Camila O’Gorman (1870), Flores del alma (1872) e Pobres y ricos (1897), e da zarzuela nun só acto Las hijas sin madre (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piloto de motociclismo. Foi campión de España de super-bike (1990) e o primeiro español en conseguir un podio nesta modalidade no campionato do mundo. Foi nomeado Deportista lucense do ano (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Estudiou química na Universidad de Granada e doutorouse na Universidad de Madrid en 1958. Foi presidente do Consello de Intervención do Estado na central nuclear de Lemóniz e gobernador por España no Organismo Internacional da Enerxía Atómica. Desde 1974 colabora coa Real Academia de la Lengua Española na definición de vocábulos científicos. Publicou numerosos traballos de investigación científica e divulgación, e é autor, entre outras obras, de Lexicoloxía nuclear (1974) e Dicionario nuclear (1979), ambos en colaboración con outros autores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Foi redactor gráfico de Gaceta Ilustrada (1970-1976), Cuadernos para el diálogo (1976-1978) e El Periódico (1978-1982). Director da edición española da revista Photo (1981) e fundador da revista Foto (1982), foi membro fundador do Foro de Editores Gráficos de Prensa e vogal no apartado de fotografía para a elaboración da vixente Lei de Propiedade Intelectual.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Especializouse en arte galega e na obra de Goya. Foi membro da Comisión de Expertos da Bienal de Pontevedra (1982) e comisario de diversas exposicións como Compostela na arte galega (1993), Compostelana Historia: Redescubrimento-rexurdimento (1999) e O espello do mar na arte galega dos ss XIX e XX (2003). Entre as súas obras destacan El Arte del Finisterre gallego (1978), Goya: El programa neoplatónico de las pinturas de la Quinta del Sordo (1981), Los Caprichos de Goya y su significado (1982) e Alfredo Brañas e os artistas (2000). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Ingresou no Corpo Técnico da Administración Civil do Estado e foi asesor xurídico da Universidade de Vigo. Fundou a Asociación Amigos de los Pazos, da que é presidente, e coa que publicou Inventario de Pazos y Torres e El Camino Portugués, entre outras obras. Contribuíu á declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e á difusión e recuperación do Camiño Portugués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Os seus primeiros éxitos foron La velá de San Juan e María de la O. Con Rafael de León compuxo cancións, zarzuelas, sainetes e comedias, e popularizou a canción española. Tamén colaborou con Xandro Valerio, José Antonio Ochaíta, Salvador Valverde e Antonio Quintero cos que creou temas tan populares como Ay, pena, penita, Ojos verdes e Te he de querer mientras vivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clérigo e deputado. Foi denunciado á Inquisición en diversas ocasións entre 1796 e 1820 por defender posicións atrevidas en materia teolóxica e en 1809 por colaborar cos franceses. Tralo retorno do absolutismo sufriu unha nova persecución (1814-1820). Deputado nas cortes liberais (1820-1823), en 1825 sufriu a represión dos absolutistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director de programación. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Industriais de Madrid e formouse en dirección de teatro e cine pola TAI. Traballou como enxeñeiro de sistemas na central nuclear de Trillo, foi director comercial de RTVE e director xeral de Antena 3 TV (1993-1998). Desde ese ano ocupou os cargos de director xeral de Canal+ e de contidos de programación da plataforma DIGITAL+ de Sogecable ata xaneiro de 2004. Participou como actor secundario nos filmes París-Tombutú (1999), Gitano (2000), Sin noticias de Dios (2001) e Historia de un beso (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo brasileiro. Pioneiro en Brasil no sector da psicoloxía da aprendizaxe, foi director (1938-1946) do Instituto Nacional de Estudos Pedagógicos, do Ensino Público en São Paulo, membro do Conselho Nacional de Educação (1937) e director xeral do Departamento Nacional de Educação. En 1944 colaborou na reforma do ensino en Paraguay. Organizou e dirixiu o Seminário Interamericano de Alfabetização de Adultos (1949). Das súas obras destacan Juazeiro do padre Cícero (1926), Introdução ao Estudo da Escola Nova (1930), en que presenta os fundamentos psicolóxicos e biolóxicos das novas doutrinas pedagóxicas do s XX, Tendências da educaçao brasileira (1940), A pedagogia de Rui Barbosa (1954) e Cartilha do povo (1954), en que intentou adecuar a alfabetización ás características do medio social do alumno. Recibiu o título de Maestro de las Américas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Alternou a narrativa para adultos coas súas creacións para o público infantil e xuvenil, e foi un innovador do relato breve. Das súas obras destacan Algúns outros (1991, finalista do II Premio Torrente Ballester), Da esfinxe (1992), O patadón (2001), Estanislao, príncipe de Sofrovia (2002) e Irmán do vento (Premio Merlín de Literatura Infantil 2003). O relato “O xardín onde repousa o vento” foi premiado no Certame de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. Como dramaturgo publicou Auto do Entroido (1995) e A Música da noite (2001, Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, dramaturgo e ensaísta. Desenvolveu un labor docente na escola teatral Casahamlet. En 1965 fundou o grupo de Teatro Independente O Facho, e posteriormente puxo en marcha novas iniciativas como Teatro Circo (1969), a Escola Dramática Galega (1979), a Compañía Luís Seoane (1981) e Elsinor Teatro a principios da década de 1990. Dirixiu textos de diversos autores, con compañías como o CDG, Uvegá Teatro ou Os Quinquilláns, e dos seus espectáculos destacan Os vellos non deben de namorarse (1977), As criadas (1980), A casa dos afogados (1991), Electra (1994), Copenhague (1995), Últimas fasquías de setembro (2000) e Liturxia de Tebas (2003). Na creación dramática destacan as traducións do Woyzeck de Büchner e Quartett de Heiner Müller, e a publicación de Romaría ás covas do demo (1975), Viaxe ao país de Ningures (1977, II Premio de Teatro Infantil O Facho), Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1978, Premio Abrente), Todos os...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso agostiño. Coñecido como o Cicerón galego e Tertulián español, foi elexido vigair xeral no convento de Nostra Signora delle Grazie (Nápoles). Escribiu Flores Amoenae Eruditionis, Quinque Porticus Moralis Probatiae Piscinae Misticae Sanitatis (1717) e Phoenix Renatus ad Thora Augustinus, sobre a vida de Santo Agostiño (1601).
VER O DETALLE DO TERMO