"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Compositor. Escribiu máis dun centenar de zarzuelas, que oscilaron entre as de pequena extensión e a revista. Da súa produción destacan Los presupuestos de Villapierde, El mozo crúo, Episodios nacionales, Los tres maridos burlados, La corte del Faraón (1910) e La capa encantada, con texto de Jacinto Benavente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ceramista. Obtivo a medalla de prata no IV Salón de Artistas non profesionais da Coruña coa obra Vorágine Amorosa. Foi seleccionado pola ONU (1970) para enseñar cerámica en Ecuador. Realizou o escudo de Pontecesures na fachada do concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e etnógrafo. Capitán do exército vinculado ás JONS, durante a Guerra Civil Española uniuse aos sublevados e foi xefe de hospitais de Valladolid. Crítico co Franquismo, despois da guerra viuse involucrado no desvío irregular de aceite, polo que pasou catro anos na prisión de Carabanchel. Publicou traballos referidos a Galicia, dos que destacan Dicionario castellano-gallego. [...] en el lenguaje popular (1935), Tres andrómenas con retrouso (1952) e Refraneiro Galego, libro de refráns recollidos da fala dos soldados e con colaboracións de Vicente Risco, Xoaquín Lorenzo e Martínez Barbeito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. No seu libro Algebra ili isčislenie konečnykh (Álxebra ou cálculo de finitos, 1834) presenta un método orixinal para calcular raíces complexas. Asegurou que non se pode demostrar matematicamente o quinto postulado de Euclides e que coa negación deste postulado é posible desenvolver unha serie de teoremas sen contradición, é dicir, unha xeometría non euclidiana. Expuxo todos os detalles e as aplicacións do seu descubrimento en Pangeometrija (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada no lugar da Vila (Lobeira). É de orixe románica pero sufriu transformacións posteriores. Ten unha soa nave con cuberta de canón, e no interior destacan as tallas de san Bieito, san Ramón e san Vicente, así como unha imaxe da Inmaculada do retablo policromado. Da construción orixinal consérvase o muro N e unha porta lateral cun arco apoiado sobre impostas decoradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre de Bohemia da que o nome procede do castelo de Lobkoviče, preto de Praga. En 1459 foron elevados á categoría de señores libres e en 1624 acadaron o rango de príncipes do Sacro Imperio.
-
PERSOEIRO
Científico e poeta ruso. Impulsou a fundación e dirixiu a Universidade de Moscova (1755), que leva o seu nome. Foi considerado un dos pais da ciencia rusa e destacou en xeoloxía, mineraloxía, astronomía, física e química e metalurxia. Propugnou o estudo da química sobre unha base matemática e física, defendeu a teoría molecular e cinética da materia e foi un precursor de Lavoisier. Fixou os fundamentos da terminoloxía científica rusa ao adaptar os principais termos de física e química do latín ao ruso e esforzouse por crear unha lingua culta e unha literatura nacionais. Puxo as bases da versificación rusa moderna, publicou a primeira gramática rusa e escribiu odas, sátiras e dúas traxedias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro industrial. Foi o principal promotor do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, a primeira escola de cine española. En 1943 creou o Laboratorio de Experiencias e Investigacións cinematográficas na Escola de Enxeñeiros Industriais. En 1947 creouse o Instituto de Investigacións e Experiencias, do que foi director e profesor. Foi xefe da sección de Materias Primas da Subcomisión Reguladora da Cinematografía na década de 1940 e xefe do Negociado da Subdirección Xeral da Cinematografía no Ministerio de Información y Turismo na década de 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1802 foi pintor de cámara e Fernando VII confirmouno como pintor oficial da corte. Cultivou a pintura relixiosa, a histórica e a alegórica en grandes composicións ao fresco, como Carlos III poniendo su orden bajo el patrocinio de la Inmaculada, e o retrato, xénero no que se destacou e do que sobresaen os retratos Don Vicente Blasco e General Narváez. Foi director do Museo del Prado, profesor de debuxo da Raíña María Isabel de Braganza e de Isabel II, e membro das academias de Madrid, València, Zaragoza e Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista. Realizou numerosos estudios sobre fauna e contribuíu ao establecemento do coñecemento científico na Galicia da súa época. Mantivo contacto con moitos científicos notables da época, como Darwin, cos que colaborou dunha forma activa. Das súas obras destacan Fauna Mastológica de Galicia (1861-1863), Reseña de la historia natural de Galicia (1870), Identidad de Lacerta schreiberi (Bedriaga) y Lacerta viridis, var Gadwii (Boulanger) e investigaciones herpetológicas de Galicia (1884), Bosquejo histórico de la botánica española (1897) e Nouvelle espece de batracien anoure des Iles Philippines (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Delegado de El Progreso en Sarria e correspondente da axencia EFE en Lugo desde 1970, traballou nunha emisora local (1961-1964) e foi redactor en Radio Cadena e RNE. Director e fundador da Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago (APCSA), é cronista oficial de Portomarín. Publicou Sarria, capitalidad del Camino Francés en Tierras de Lugo (1984), Del viejo al nuevo Portomarín (1985), Paradela y su Concello (1990), en colaboración, El Camino Francés en Galicia (1992) e O Cebreiro (2003). Recibiu o Premio Belén de Begonte, o Premio Meigas e Trasgos de Sarria e o Premio Xacobeo 93.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e médico. Foi o primeiro director do Jardí Botánico de València, instalado en 1802. Das súas obras destacan os tratados Nova generum Polygamiae classificatio (1796), Cartas... sobre las observaciones botánicas que ha publicado D. Antonio José Cavanillas (1797-1798) e Disertación sobre el sistema de Linneo (1806).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa actividade escénica en grupos afeccionados como Trasno, Tespis, Sapoconcho e O Moucho Clerc, e tamén traballou para o centro Dramático Galego (CDG) en espectáculos como O Incerto señor don Hamlet e Un soño de verán, co que obtivo o Premio Compostela ao mellor actor de reparto. Coa compañía Ollomoltranvía participou en Commedia e Raíñas de pedra, e con Mofa e Befa destacan Para ser exactos (1993) e Finis Mundi Circus (1998), co que logrou o Premio María Casares ao mellor actor de reparto. Tamén realizou traballos para cine e televisión en series como Mareas Vivas ou Un paso adelante.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo ruso. O seu pensamento en lóxica propugnou unha teoría do xuízo a partir do contido dos conceptos e, en metafísica, expuxo un idealismo de orientación plotiniana. Das súas obras destacan Fundamentos do intuicionismo (1906) e Manual de lóxica (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Louis-Nicolas Louis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado á beira do Miño preto de Santa Ouxea, entre os concellos de Barbadás e Toén. Foi fundado polo confeso Fafila e o seu fillo Egas, que o doaron no ano 952 e, dirixido por san Rosendo e o abade Fránquila, polo que pasou a depender de Celanova.
-
PERSOEIRO
Rei de Aquitania (781-817) e emperador dos francos (814-840), fillo de Carlomagno. Como rei de Aquitania, foi coroado polo Papa Adrián I en Roma, e o seu pai encargoulle os asuntos fronteirizos cos sarracenos de España. En 817 estableceu a herdanza para os seus tres fillos, escrita no Ordinatio Imperii (817). A Lotario I, o primoxénito, deixoulle o trono imperial, a Luís II de Alemaña, o Reino de Baviera e as marcas orientais, e a Pipino I, o Reino de Aquitania, a Marca de Tolosa e algúns condados de Borgoña. Ao seu sobriño Bernaldo, fillo de Pipino I de Italia e herdeiro da Coroa de Italia, nomeouno vasalo de Lotario I xunto cos outros herdeiros. As loitas pola herdanza e o reparto territorial precipitaron a desmembración do Imperio Carolinxio. En 823, foi coroado emperador Lotario I polo Papa Pascual I en Roma. Ese mesmo ano naceu outro fillo de Ludovico, que casara en segundas nupcias con Xudite. A nova emperatriz pediu un reino para o seu fillo, pero o primeiro ministro, Wala,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal italiano, sobriño do Papa Gregorio XV. Obtivo do seu tío moitos beneficios, que estendeu á súa familia. Arcebispo de Boloña, recolleu unha importante colección de obras de arte, depositada hoxe no Museo Nazionale Romano, que inclúe unha mostra de estatuas antigas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e dramaturgo ruso. Membro dos bolxeviques desde 1904, desempeñou o cargo de comisario do pobo para a Educación (1917-1929) e outorgoulles certa liberdade aos artistas escénicos, como Stanislavski, Meyerhold, Vakhtangov ou Tairov. Da súa produción destacan Fausto e a cidade (1919), Oliver Cromwell (1920) e Don Quixote liberado (1921), que foron duramente criticadas polo marxismo máis radical e o ensaio O teatro e a revolución (1924).
VER O DETALLE DO TERMO