"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

    1. Relixioso que aínda non fixo os votos.

    2. Novel ou principiante en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático ucraíno. Na obra Procedementos para a medida dos gastos e os seus resultados nunha economía socialista para determinar a eficacia das novas técnicas (1958) introduciu elementos como a escaseza e a eficacia para seleccionar os investimentos que hai que realizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e cortesán ruso. Coñecido como Rasputin e como o monxe tolo, levou unha vida aparentemente de asceta e de taumaturgo. En 1905 visitou Peterburgo e introduciuse na corte como home de confianza da Tsarina Alexandra F’odorovna, á que lle fixo crer que podería aliviar as dores do seu fillo e herdeiro á coroa, Aleksej Nikolajevič, que padecía hemofilia. Asumiu o control do goberno, especialmente durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando o Tsar Nicolao II se ausentou para asumir o mando do seu exército. Os seus escándalos e os rumores sobre a súa conspiración a favor de Alemaña, foi algunha das causas do seu asasinato, a mans do grupo de monárquicos formado por Jusupov, Puriškevič e o gran príncipe Dmitrij Pavlovič. Considerouse un dos responsables do descontento popular co tsarismo, réxime que caeu un ano despois, tras a Revolución Rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (3.123 km2; 148.492 h [1995]). A súa capital é Ocotal (25.264 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín ruso. En 1955 ingresou na escola de ballet do teatro Kirov de Leningrado e anos despois converteuse no primeiro bailarín da compañía. En 1961 exiliouse da URSS e adoptou a nacionalidade británica (1962), e posteriormente a austríaca (1982). Membro do Royal Ballet of London (1962), actuou por todo o mundo coa súa parella Margot Fonteyn. Dotado dunhas calidades excepcionais e cunhas dotes interpretativas moi líricas, está considerado como un dos mellores bailaríns de todos os tempos. Foi director do Ballet de l’Opéra de París (1983-1989) e das súas producións destacan O lago dos cisnes (1964) e Manfred (1977). Protagonizou varias películas, como   Don Quijote (1973) e Exposed (1983). Recibiu o Premio Nijinski (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. Máximo expoñente da Ilustración no seu país, está considerado o creador da prosa moderna serbia. En 1760 renunciou á vida monástica e viaxou por diversos países. Encargouse da organización das escolas de Serbia e converteuse nun defensor do afrancesamento e da educación do pobo. Da súa obra destaca a tradución das fábulas de Esopo, publicadas baixo o nome de Basne (1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador e adestrador de baloncesto serbio. Como xogador conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi campión do mundo en Arxentina (1990), e como adestrador gañou varias ligas en Serbia e Montenegro e Grecia, cinco Copas de Europa (1992, 1994, 1995, 2000 e 2002), dúas Copas Saporta (1997 e 1999), o Eurobasket de Barcelona (1997) e o campionato do mundo de Grecia (1998). Tamén obtivo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e a medalla de bronce no Eurobasket de París (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía serbia fundada en 1815 por Miloš I de Serbia. Expulsada do trono polos Karadjordjević (1842), ocupou de novo o poder (1858) ata o asasinato de Alexandre I de Serbia (1903). Ademais, foron membros destacados dela Miguel III de Serbia e Milan I de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir de 1928. De tendencia socialista, foi dirixido por Xosé Gómez Osorio. Funcionou como voceiro dos ferroviarios afiliados á UGT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, músico e crítico. De inspiración romántica, nos seus inicios dedicouse á novela e ao ensaio filosófico (Russkije xno·ci, Noites rusas, 1844), á poesía (o almanaque Mnemosina 1824-1825) e á literatura de ficción (Kosmodrama, 1840). A novela 4338 god (Ano 4338, 1926) é unha das primeiras obras utópicas rusas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e revolucionario. Participou, xunto con A. Herzen, na loita pola liberación do pobo. Detido varias veces, en 1856 instalouse definitivamente en Londres. Buscador de novas formas poéticas para expresar os problemas sociais, utilizou uns temas e un estilo populares de inspiración romántica. Escribiu Monologi (Monólogos, 1844-1947), o poema Jumor (Humor, primeira e segunda parte 1840-1841, terceira parte 1867-1868) e Poesías (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista ucraíno, pai de Igor Davidovič Oistrakh. Considerado un dos violinistas máis virtuosos de todos os tempos, desenvolveu unha técnica en que predominaba a temperanza formal e a riqueza tonal. Debutou como solista en 1925 e traballou con orquestras en Rusia, Europa e EE UU. Destacan a súa interpretación do Triplo Concerto de Beethoven xunto a S. Richter e M. Rostropovič, e as coleccións Decca (1963) e Praga (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista ucraíno, fillo de David F’odorovič Oistrakh. Estudou violín co seu pai e perfeccionou a súa técnica no Conservatorio de Moscova (1949-1955). Desenvolveu un estilo que se caracterizou polas interpretacións modernistas, e realizou diversas actuacións en Europa e América, ocasionalmente xunto ao seu pai. Conseguiu diversos premios en festivais internacionais, como os de Budapest e Poznań.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e músico. Na súa obra alternou o ton melancólico cunha crítica satírica da sociedade contemporánea. Aproveitou a súa faceta de cantautor para poñer música ás súas creacións poéticas, das que destacan Lirika (1956) e Ostrova (Illas, 1959). Tamén publicou a novela autobiográfica Bud zdorov, skoljar (Boa sorte, alumno, 1963), a novela histórica Bednyj Avrosimov (O pobre Avrosimov, 1969) e Mersi, ili pochoždenija Sipova (Grazas, ou a aventura de Sipou, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Crítico co réxime socialista, cultivou con éxito a poesía pero destacou sobre todo coa novela Zavist’ (A envexa, 1924), obra polémica que o autor levou a escena baixo o título de Zagovor custv (A conspiración dos sentimentos, 1929). Despois de deixar de escribir en 1939 polas presións do goberno, desde 1956 traballou en xornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo ucraíno. Discípulo de Sergei N. Vinogradskij, estudou o papel dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos do carbono e do xofre. Foi o primeiro que obtivo cultivos de bacterias anaerobias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Estudou a formación das primeiras moléculas orgánicas a partir dos compoñentes inorgánicos dunha atmosfera primixenia, baixo a influencia dos raios ultravioletas do Sol. Das súas obras destacan A orixe da vida (1924) e A orixe química da vida (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo dos seis sistemas ou períodos en que se divide a era primaria ou paleozoica. Sitúase por riba do Cámbrico e por debaixo do Silúrico, e está comprendido entre os 505 e os 438 millóns de anos. Os seus materiais adoitan estar constituídos por xistos e cuarcitas, e nas series orixinais, en Gran Bretaña, hai moitas rochas volcánicas non sedimentarias e conglomerados e greses, entre outros. Os fósiles máis importantes son os graptolites, que serven para establecer a biostratigrafía deste sistema, os braquiópodos e os trilobites. Neste período apareceron os lamelibranquios, os antozoos, e os equinodermos. A flora queda reducida a algas diversas e abundantes. Os movementos da terra son habituais e as sucesións ordovícicas presentan mostras frecuentes de transgresións e regresións mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Ordovícico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estadista. Participou nas Guerras Napoleónicas, en contra da insurrección dos decabristas en 1825, na Guerra Ruso-turca (1828-1829) e na campaña en contra da revolución polaca (1831). Home de confianza de Nicolao I de Rusia, participou nas deliberacións do Tratado de París (1856), final da Guerra de Crimea.

    VER O DETALLE DO TERMO