"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Circunscrición eclesiática situada baixo a xurisdición dun arcebispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade de arquiduque.

    2. Territorio onde un arquiduque exerce o seu dominio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao arquiduque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliar superior ao de duque. A partir de Rodolfo IV (1358) é dignidade dos príncipes da Casa Imperial de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esposa ou filla dun arquiduque. Modernamente, título recibido polas mulleres da Casa Imperial de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lista de arcebispos dunha sé arcebispal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de trazos distintivos comúns a dous fonemas produto dunha neutralización fonolóxica. En galego o fonema /r/ non mantén unha oposición neutralizable con /p/, pois só teñen en común o seren consonánticos, pero si con /r/; mentres que /r/ é un fonema vibrante simple, /r/ é vibrante múltiple. Os trazos simple e múltiple son pertinentes en posición intervocálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao arquifonema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Laúde grande provisto dun mastro longo e dous pasadores, un para as cordas normais do laúde, e outro, máis elevado, para seis ou oito cordas suplementarias máis longas, e cun son máis grave. Foi utilizado como baixo continuo desde finais do s XVI ata finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de características estilísticas dunha obra, dende o punto de vista do lector, nunha época e nun momento concreto da historia, que o crítico literario toma como referencia para elaborar as súas análises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Jaén, Andalucía, na Sierra, drenado polo Guadalén (1.900 h [1996]). Cultivo de cereais e oliveira. Ten gandería lanar e porcina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa formada por dous hendecasílabos e dous heptasílabos alternados. Comeza cun hendecasílabo e ten rima consoante, polo xeral cruzada. Recibe esta denominación polo poeta grego Arquílocos. Comezou a utilizarse na poesía española a mediados de s XVI para traducir as odas de Horacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Está considerado como un dos grandes anovadores da poesía grega, en especial do metro iámbico (que el empregou exclusivamente para a sátira). Foi o primeiro en utilizar a propia vida como tema literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dado entre os cristiáns de rito oriental ao superior dunha comunidade monástica. Sinónimo nun principio de hegumen, foi reservado máis tarde para os superiores dos mosteiros máis importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Matemático e físico. Fillo dun astrónomo, supostamente parente de Hierón, tirano de Siracusa. Destacou en xeometría pura. Estudiou a Euclides e tivo algunha relación con Eratóstenes. A profunda orixinalidade da súa obra, o feito de que estea escrita en dialecto dórico e o intenso traballo de enxeñeiro que debeu levar a cabo fan supoñer certa oposición á ciencia oficial da época, representada polos científicos alexandrinos. A súa descuberta máis importante foi, mesmo para o propio Arquímedes, a demostración de que a área da esfera é igual á área lateral do cilindro recto circunscrito e que a área total deste cilindro e o seu volume son, ambos, unha vez e media os da esfera. Demostrou que a área do círculo é igual á dun triángulo rectángulo en que os catetos sexan, respectivamente, iguais ao radio e á lonxitude da circunferencia. O problema redúcese a calcular a relación da circunferencia co diámetro (número π). Arquímedes foi un mestre no cálculo numérico, e cos polígonos inscrito e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proposición segundo a que se collen dous elementos calquera, α e β, dun conxunto que teña estrutura de semigrupo ordenado, existe un número enteiro n tal que nα ³ β, é dicir, hai múltiplos do pequeno maiores ca o grande. Os conxuntos nos que se verifica esta proposición denomínanse conxuntos arquimedianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principios fundamentais da estática de fluídos, polo que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional (impulso de Arquímedes) aplicada ao metacentro igual ao peso do fluído desaloxado. Se se supón que o corpo e o líquido son homoxéneos e de pesos específicos γ1 e γ2, chámaselle P ao peso do corpo, e F á forza ascensional, cúmprese que P = Vγ1 e F =Vγ2, onde V é o volume do corpo. Se P > F, o corpo afúndese. Se P = F, o corpo nada entre dúas augas, e se P < F, o corpo flota. En todos os casos o peso do corpo medido dentro do fluído é P - F.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arquímedes.

    2. Dise do grupo conmutativo e totalmente ordenado que cumpre a propiedade seguinte: para todo elemento x > 0 e todo elemento a ³ 0 existe un número natural n tal que a £ nx. Os números enteiros, racionais e reais son arquimedianos.

    VER O DETALLE DO TERMO