"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gaston Duchamp.
-
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) pola Universidad de Madrid, en 1945 exerceu a cátedra de Lingua e Literatura Española no Instituto Español de Lisboa. Das súas obras destacan a serie de artigos España tiene que integrarse (1937), o conto Las dos flechas (1942) e a tradución de diversas novelas de Joaquim Paço d’Arcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, neto de X. Pascual López Cortón e sobriño de M. Bartolomé Cossío. Aos poucos meses de nacer trasladouse a Galicia, primeiro á Coruña, e logo, ata os 12 anos, á quinta familiar de San Vitorio, en Vixoi (Bergondo). En 1898 marchou a Madrid, onde entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza (ILE), aínda que xa, desde neno, se relacioanba con F. Giner de los Ríos. En 1905 acadou o grao de bacharel como alumno libre no Instituto da Coruña. En 1911 licenciouse en Filosofía en Madrid, pero xa frecuentara con anterioridade os ámbitos intelectuais europeos, escoitando a H. Bergson e asistindo ás clases de Bouglé, E. Durkheim, Ranh, Rodier e Martinenche. As estancias en París iniciáranse por causa da enfermidade de osteomielite que padecía. Nas aulas da ILE estudou con Giner, Simarro e Caso. Do primeiro herdou a forma de vivir, a formación científica e as preocupacións pedagóxicas; do segundo, a independencia espiritual e a liberdade de conciencia. En 1911 obtivo unha bolsa da...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo viquingo.
-
Individuo do pobo viquingo.
-
Pobo de guerreiros, navegantes e comerciantes escandinavos que no s VIII atacaron as zonas de paso de Europa Occidental. Os xefes das súas expedicións eran elixidos democraticamente e os seus barcos tiñan como característica a vela cadrada. Os daneses foron os primeiros que estableceron un estado de organización rudimentaria. Atacaron Dorset (789), Lindisfarne (793) ou Man (798), en Inglaterra, e Dublín (795) e mesmo chegaron ao interior de Irlanda. Mentres se establecían en Inglaterra, durante o s IX, tamén entraron en Francia a través dos ríos Sena e Loira, e despois a través do Elba e do Garonne. Chegaron á costa de Marrocos e alcanzaron o Mediterráneo. No s X foron expulsados de Irlanda e Inglaterra e asentáronse en Sicilia e Normandie, onde se instalaron, de aí que se coñezan co nome de normandos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen cambia de ideas e de amigos segundo lle convén.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, nas abas de Sierra Morena, ao S da provincia de Ciudad Real e 70 km da capital (2.972 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bahia, Brasil, situada na serra de Periperi (281.684 h [estim 2004]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque natural do NO de Zimbabwe lindante coa fronteira de Botswana (14 593 km2). É un dos hábitats meirandes de elefantes de África.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raquel Tejada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arthur Colley Wellesley.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Coñecido como o Coxo, Mariana de Neoburgo nomeouno secretario (1691). Adquiriu unha fortuna cuantiosa mediante a venda de cargos. Foi embaixador en Parma (1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘xabón’.
-
PERSOEIRO
Conde de Barcelona, rei de Aragón (1213-1276), de València (1239-1276) e de Mallorca (1226-1276) e señor de Montpellier, fillo de Pedro II. Á morte dos seus pais asumiu a rexencia o seu tío avó o infante Sancho. Aos trece anos casou con Leonor de Castela, matrimonio do que naceu o primoxénito Afonso. Alegando vínculos de parentesco, conseguiu a separación canónica e a lexitimación posterior do infante Afonso (1229). Solucionou o enfrontamento cos nobres e con algunhas cidades aragonesas coa Paz de Alcalá (1227) e comezou un período de grandes conquistas. Conquistou Mallorca (1229) e someteu Menorca á condición de tributaria (1231). Na conquista de Valéncia houbo un conflito de límites co Reino de Castela en Xátiva que se solucionou co Tratado de Almirra (1244). Conquistou Murcia para axudar o rei de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘topenear’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Rodríguez Otero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogada de xadrez en que o rei ou a raíña están ameazados por outra peza contraria. Se o rei non se pode salvar é xaque mate e remata o xogo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado patolóxico que se caracteriza por episodios periódicos e paroxismais de cefalea hemicranial. Diferéncianse dous tipos: a xaqueca clásica ou neurolóxica, en que o cadro comeza con trastornos neurolóxicos diversos, seguidos por cefalea hemicranial, náuseas e vómitos, e a xaqueca común, en que as alteracións neurolóxicas están ausentes, a cefalea afecta a toda a cabeza e as náuseas e vómitos poden faltar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoaquín.
-
PERSOEIRO
Dentista e revolucionario brasileiro. Coñecido como Tiradentes, pola súa profesión, foi a alma do movemento separatista coñecido como Inconfidência Mineira. Asumiu a responsabilidade exclusiva da conspiración e por iso foi condenado a morte e aforcado.
VER O DETALLE DO TERMO