"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción que se realiza en segredo.

    2. Ocultación dun feito, especialmente para obter aquilo que doutra maneira non se consegue.

    3. Pretensión de cargo, privilexio ou dignidade, feita con fraude, alegando feitos e circunstancias alleas á verdade. OBS: A súa pronuncia é sub-repción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fixo ocultamente.

    2. Que se obtivo por subrepción.

    3. Acta obtida por subrepción e falsa no contido. OBS: A súa pronuncia é sub-repticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subrogar.

    2. Cambio de entidade financeira, pola que se cancela a hipoteca coa entidade anterior e se subscribe unha nova con outro banco ou caixa de aforros que ofreza mellores condicións. OBS: A súa pronuncia é sub-rogación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subscribir ou subscribirse.

      1. Adquisición dos títulos dunha sociedade.

      2. subscrición preferente

        Dereito preferente concedido aos accionistas dunha sociedade sobre as accións emitidas para ampliar o capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión dunha sección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de substanciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten substancia.

    2. Que é abundante en ideas ou elementos útiles.

    3. Que é de gran valor nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transposición pola que unha palabra que pertence a unha categoría gramatical diferente do substantivo pasa a exercer a función deste. Algúns lingüistas distinguen entre substantivación usual ou semántica, non condicionada por circunstancias sintácticas (Sérvelle o xantar aos pobres. O branco do ollo. Non me dixo o porqué) e substantivación ocasional ou sintáctica, condicionada por un contexto (Ten un camiñar moi alegre. Afonso X o Sabio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de substituír.

      1. Disposición testamentaria pola que se designa un substituto para que reciba a herdanza en lugar do herdeiro que non queira ou non poida selo.

      2. substitución exemplar

        Substitución legal por parte dos ascendentes, na facultade de testar, dunha persoa con incapacidade mental para facelo.

      3. substitución fideicomisaria

        Substitución en que o testador (fideicomitente) encarga ao herdeiro (fiduciario) que conserve ou transmita a un terceiro (fideicomisario) o todo ou a parte da herdanza.

      4. substitución pupilar

        Substitución legal, por parte do pai ou da nai, na facultade de testar, en nome dos fillos ou descendentes menores de catorce anos.

      5. substitución vulgar

        Previsión testamentaria pola que o testador chama a herdanza a unha ou máis persoas co carácter de substitutos vulgares, que entrarán nesta en caso de que o chamado en lugar preferente non poida ou non queira ser herdeiro.

    2. Posibilidade de utilización de factores alternativos nun proceso de produción ou de elección de bens excluíntes por parte do consumidor. A susbtitución dun ben por outro implica a identidade do seu valor (de determinadas cantidades de cada un deles) e dá lugar ao concepto de elasticidade de substitución, que mide a proporción en que dous bens determinados son intercambiables para un consumidor tamén determinado. O efecto substitución tenta medir as variacións no seu prezo relativo. A relación en que son substituíbles dous bens denomínase relación marxinal de substitución.

    3. Cambio dunha cantidade por outra nunha ecuación, nunha integral ou nun sistema de ecuacións lineais.

    4. Mecanismo de defensa mediante o que o organismo substitúe unha actividade por outra.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subtraer ou subtraerse.

    2. Operación que consiste en, dados dous números a e b, determinar o número c tal que c + b = a.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axuda económica que se concede a actividades ou institucións determinadas e que, segundo a procedencia, poden ser de carácter público ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar unha subvención a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de suxeitar ou suxeitarse.

    2. Estado de quen está suxeito.

    3. Figura retórica que consiste en facer preguntas quen fala ou escribe, ás que el mesmo responde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten manchas.

    2. Que non se limpa ou que se ensucia moito.

    3. Aplícase ao oficio ou local que ensucia moito.

    4. Que contén algunha substancia estraña.

    5. Que orixina contaminación, especialmente radioactiva.

    6. Que ten alteracións ou defectos con respecto ao orixinal, especialmente aplicado a un son.

    7. Que non segue as regras e usa malas artes.

    8. Que fere o pudor ou a honestidade.

    9. Que non é legal.

    10. Que carece de brillo porque está mesturado con outra cor.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sucionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extraer un líquido ou outra substancia aspirando cos beizos.

    2. Extraer aspirando un líquido de calquera lugar utilizando medios mecánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de suar.

    2. Produción de suor cunha finalidade hixiénica ou terapéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñeceu Sudán entre 1899 e 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación de palabras por medio da adición de sufixos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sufocar ou sufocarse.

    2. Dificultade para respirar.

    3. Sensación súbita de calor conxestiva que sobe ao rostro e que adoita aparecer nas mulleres durante a menopausa.

    VER O DETALLE DO TERMO