"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na vila de Mondariz-Balneario, posúe dous mananciais, Troncoso ou Saidoiro e a Gándara. Durante a Idade Media, as súas augas foron utilizadas polos moradores do Castelo de Sobroso. En 1772 Pedro Gómez de Bedoya mencionaba a existencia de fontes en Mondariz; sen embargo, non foi ata 1862 cando Domingo Blanco Lage descubriu a fonte do Troncoso. En 1871, realizáronse obras de captación de augas no manancial da Gándara, descuberto por Enrique Peinador Vela, quen logrou que fosen declaradas de utilidade pública o 16 de xuño de 1873. A partir dese momento construíuse o Gran Hotel-Balneario, obra de Jenaro de la Fuente, destruído por un incendio o 9 de abril de 1973 e o templete clásico que serve de cuberta á fonte da Gándara, obra de Antonio Palacios. Enrique Peinador procurou, ademais, facer de Mondariz un ‘pazo mundial das augas’, onde converxesen a cultura, a arte e a medicina, para o que contou co apoio da clase política da Restauración borbónica (Montero Ríos, Bugallal, González...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Guitiriz, o manancial era coñecido dende vello e estaba ao aire libre. En 1955 construíuse a edificación actual que pecha a fonte. Co tempo vén funcionando un moderno complexo de bungalows asociado á fonte de augas medicinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Verín, as primeiras instalacións consistían nun pavillón e nun salón para auguistas construído en 1859. Nos primeiros anos do s XX edificouse o hotel que funcionou ata 1960. Na actualidade mantense como planta de envasado de augas minerais naturais, que se comercializa baixo o nome de Agua de Sousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello do Incio, as primeiras instalacións datan de 1892, aínda que se edificaron sobre un pazo de 1630. Co tempo conformouse un moderno complexo balneario-hosteleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
voleibol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo do xénero Commiphora.
-
PERSOEIRO
Escritor. A publicación das Lettres (Cartas, 1624 e 1627) consagrouno como mestre dun xénero que lle outorgaba por vez primeira categoría literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se bambea ou balancea.
-
-
Impulsar algunha cousa ou a alguén nun bambán para que se mova dun lado a outro. SIN: arrandear, balancear, randear.
-
Mover algo ou a alguén dun lado a outro, sen desprazalo do punto no que se atopa. SIN: abalar, abanear, balancear.
-
Moverse a un lado e a outro permanecendo no mesmo lugar un punto fixo da persoa ou cousa axitada. SIN: balancear.
-
Moverse a un lado e a outro alternativamente impulsándose nun bambán. SIN: arrandearse, balancearse, randearse.
-
Mover o corpo a un lado e a outro ao andar. SIN: balancearse.
-
-
-
Mover dunha a outra banda. SIN: bambear, oscilar, randear.
-
Saberse mover para conseguir o que se desexa. SIN: manexarse.
-
-
PERSOEIRO
Político. Fundou o periódico Bengalee (1878) e participou na fundación do Indian National Congress (Congreso Nacional Indio, 1883). Promoveu o boicot para as importacións británicas, opúxose á división de Bengala e encabezou o movemento a favor da educación nacional. Posteriormente fundou a Indian Liberal Association (Asociación Liberal India) e foi ministro de Administración e de Sanidade de Bengala.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria canadense constituída no ano 1817 en Montreal. A comezos do s XX iniciou o seu proceso expansivo absorbendo o Exchange Bank of Yarmouth (1903), o People’s Bank of Halifax (1905), o Ontario Bank (1906), o People’s Bank of New Brunswick (1922) e o Molsons Bank (1925).
-
PERSOEIRO
Actriz de teatro e de cine. Foi unha das actrices máis destacadas de Broadway, que soubo aproveitar Hitchcock no seu filme Lifeboat (Náufragos, 1943), un traballo polo que gañou un Oscar. Encarnou figuras difíciles e ambiguas. Destacan as películas The Cheat (O fraude, 1931), Tarnnished Lady (Muller sen honra, 1931), Main street to Broadway (Rúa principal cara a Broadway, 1953) e The Daydreamer (O soñador aventureiro, 1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de baquetear.
-
Que está experimentado ou curtido nun traballo ou nun negocio.
-
Que está canso en extremo. SIN: baldado, derreado.
-
-
-
-
Dar ou executar o castigo de baqueta.
-
Zoscarlle a alguén repetidas veces.
-
-
Tocar un instrumento de percusión con baquetas.
-
Cansar en extremo. SIN: baldar, derrear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas bienais ou perennes da familia das brasicáceas, de follas brillantes e anguladas, de flores amarelas e froito en silicua. Son herbas propias de ambientes húmidos. En Galicia pódense atopar dúas especies amplamente distribuídas por todo o país: B. intermedia e B. vulgaris, coñecida como herba de santa Bárbara.
-
-
Cortar a rentes os pelos da barba. SIN: afeitar(se), rasurar(se).
-
Saír a barba ao millo cando bota a espiga.
-
Cortar algunha cousa moi a rentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea da Barberino.
-
PERSOEIRO
Músico de jazz coñecido co alcume de Gato. Intérprete do saxofón tenor, comezou imitando a John Coltrane e evolucionou cara a formas musicais propias nas que intentou a síntese do free jazz cos ritmos e as melodías latinoamericanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido Barcia.