"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
PERSOEIRO
Conde de Monzón de Campos (944-947) e de Castela (943-947), fillo de Fernando Ansúrez, conde de Castela. Actuou ao lado de Fernán González cando este era conde de Lara. Participou na Batalla de Simancas (933) co rei leonés Ramiro II, quen o nomeou conde de Monzón de Campos. Ao ser feito prisioneiro Fernán González, recibiu o condado de Castela como conselleiro e preceptor de Sancho, o conde nominal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, fillo de Antonio Fernández o Vello co que debeu formarse. Realizou as imaxes da Virxe da Asunción, san Xoán Bautista e san Xosé para o retablo maior de Santa María de Villestro (1801); o altar de Cristo coas súas imaxes en San Fiz de Solovio; o crucifixo da capela da Pastoriza; e o calvario de Santa María de Salomé. Atribúeselle un nazareno e a Virxe das Dores no convento de San Francisco; os catro retablos das cepas do convento da Ensinanza; e o altar maior de Santa María de Belvís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou ensaios sobre a literatura italiana e as súas novelas tratan o tema da homosexualidade. Da súa produción destaca Le roman italien et la crise de la conscience moderne (1958), L’échec de Pavese (1967) e Dans la main de l’ange (Premio Goncourt 1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Participou activamente na Asociación Galega de Universitarios, Estudiantes e Artistas (AGUEA) e na difusión da cultura galega na emigración en programas radiofónicos (Galicia Emigrante) e publicacións (Vieiros). Autora de versos en galego e castelán, da súa produción destaca Escolma (Premio Brais Pinto 1958) e Lonxanía (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director e actor cinematográfico mexicano. Coñecido como o Indio Fernández, en 1946 foi premiado en Cannes o seu filme María Candelaria (1943). Realizou tamén Enamorada (1946) e Río escondido (1947). Como actor participou en La cucaracha (1958), The Night of the Iguana (1963), Pat Garret and Billy the Kid (1973) e Under the Volcano (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. En 1948 viaxou coa súa familia a Venezuela. En 1969 comezou a traballar na Universidad Central de Venezuela (UCV) e asistiu a clases de fotografía de Carlos Herrera na facultade de Ciencias. Despois dunha viaxe por Chile, en 1974 organizou a súa primeira exposición no Museo de Arte Moderno de Mérida (Venezuela). Nas súas imaxes amósase un interese pola ironía, as imaxes borrosas e os ángulos esaxerados. É autor das series Nicaragua en tiempo de guerra (1984), Mi padre el inmigrante (1996) e Brainstorm (1996); publicou ademais Las estatuas de Caracas (1994). Expuxo a súa obra no Consejo Venezolano de Fotografía (1979) e na Galería de Arte Nacional de Caracas (1994). De forma colectiva participou na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Suponse que foi fillo do entallador Gregorio Fernández quen traballou no retablo de San Martiño de Noia en 1562. A súa formación comezou probablemente nos obradoiros ourensáns da órbita de Juan de Juni, pero a comezos do s XVII trasladouse a Valladolid, onde se formou no obradoiro de Francisco Rincón e está documentado como escultor independente en 1605. En Valladolid recibiu tamén a influencia de Pompeo Leoni e dos escultores clasicistas da corte. Na súa evolución artística distínguense tres etapas: unha de formación ata 1616, caracterizada polo manierismo herdado dos seus mestres; a madurez, ata 1623, baseada no naturalismo; e a derradeira ou da plenitude barroca con actitudes máis dramáticas e dinámicas. As súas obras caracterízanse polo verismo, manifestado no tratamento da anatomía e das encarnacións, que adoitan ser mates, e no emprego de elementos postizos como ollos de cristal. Fronte á plasticidade dos corpos, as vestimentas aparecen acartonadas polo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Jesito, foi profesor de debuxo no Instituto de Ensino Medio Eusebio da Guarda e nas Escolas da Casa da Misericordia da Deputación da Coruña. En 1931 obtivo unha bolsa para estudar a talla dos imaxineiros casteláns. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1929 e recibiu, entre outros, o primeiro premio do concurso de carteis das festas da Coruña (1932) e o segundo premio do concurso nacional da Asociación de Pintores y Escultores de Zaragoza (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista. Estudiou belas artes en Madrid e formou parte dun grupo de arte nova en Xenebra (1971). Cultivou a pintura, a escultura e a cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Descubriu as illas de Juan Fernández e unha nova rota marítima entre os portos de Callao e Valparaíso.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Protexido por Francisco de Moure, pintou, entre outros, o retablo da capela maior de Santa María de Melias (Pereiro de Aguiar, 1606).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e músico. Foi cantor da catedral de Salamanca e profesor de música na universidade. É autor dun conxunto de pezas recollidas no volume Farsas y églogas al modo pastoril (1514), un dos piares do drama castelán primitivo, tanto na súa dimensión profana (Comedia de Bras-Gil y Berenguella) como na relixiosa (Églogas de Navidad e Auto de la Pasión).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1924 estableceuse en París, onde coñeceu o purismo de Le Corbusier e Ozenfant e o cubismo. Expuxo cos surrealistas en 1936 en Nova York. Da súa obra, que mostra unha preocupación polo vigor compositivo e a simplicidade, destacan Abstraction en longitude e Crâne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Patriarca do movemento invencionista, a súa obra anticipou a omnipotencia do narrador, o concepto de “obra aberta” e a prioridade da metafísica sobre a psicoloxía. Publicou No toda es vigilia la de los ojos abiertos (1928), Papeles del Recienvenido (1929) e Una novela que comienza (1941). Postumamente apareceron Poemas (1953) e Museo de la novela eterna (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano e escultor. Ingresou na orde (1881) e tomou os hábitos (1887). Realizou numerosas pezas para as igrexas da orde franciscana e construíu, entre outros, os órganos dos conventos de Herbón e Canedo, ademais de reparar os das catedrais de Lugo e Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Agostiño e escritor. Formado no convento de Santiago, foi destinado a Filipinas (1785), onde foi vogal e definidor da orde. Das súas obras destacan Filosofía cristiana (1838) e Libro de lo que debe hacer el hombre cristiano todos los días (1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano e escritor. Profesou en Salamanca (1828) e foi destinado ás misións de Filipinas (1832). Foi lector de humanidades no colexio de San Tomé de Manila, e mestre de novicios en varios conventos daquelas illas. Colaborou no Dicionario ibanag-español (1854) dos dominicanos e no Dicionario español-ibanag (1864), e dirixiu a reimpresión do Catecismo en lingua ibanag.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Iniciouse no mundo da ilustración e do deseño na súa etapa universitaria. Traballou nas historias Os viaxeiros do tempo e Un misterio para Simón, de Fausto Isorna. Colaborou con Carlos Portela nas series Forest Hill e Guinsy para Atlántico Diario. Publicou na revista de banda deseñada erótica Penthouse Comix, e posteriormente en El Víbora, con historias que combinan humor e erotismo. Logo de colaborar con Elipse, realizou para a revista Golfiño a serie “O castelo regadeira” e participou no tomo Magical Mystery Tour.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador. Realizou, entre outras obras, o retablo de San Xoán de Sardiñeiro (Fisterra, 1580), pintado por Xoán de Moreira, as mesas, asentos, respaldos e púlpito do refectorio de San Xoán de Poio, as andas da confraría do Rosario de Santiago (1585), unha custodia de madeira para a colexiata de Santa María de Vigo, o retablo maior de San Martiño de Fruíme (Lousame, 1600) e os retablos de San Salvador de Cis (Oza dos Ríos, 1601), Santa María de Asados (Rianxo, 1603) e Santa María de Rutis (Culleredo, 1605).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de cantería. Traballou dende 1544 no colexio de Fonseca e foi mestre de obras da cidade e da catedral dende 1564, onde dirixiu as obras que pecharon o claustro polo O (1566-1567). En 1564 recibiu o encargo de realizar a escaleira da praza das Praterías e trazou a planta dunha capela do mosteiro de Caión. Proxectou o campanario da antiga igrexa de San Francisco.
VER O DETALLE DO TERMO