"IBE" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 465.

  • Produto sintético fitoregulador, do grupo das xiberelinas, que está autorizado en árbores froiteiras e plantas hortícolas para reducir a caída da froita madura, reducir os efectos das xeadas ou inducir a maduración do froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitohormona que está producida polo fungo Gibberella fujikuroi e polas células de todas as plantas superiores, e estimula o crecemento, a xerminación, a formación de espigas e a partenocarpia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e alto funcionario real. Tonsurado en 1534, en 1544 pasou a Salamanca, onde cursou canons, artes e teoloxía ata 1561. Subdiácono e probablemente xa sacerdote en 1557, foi elixido bispo de Badajoz en 1562. En 1568 o Papa Pío V outorgoulle o título de patriarca de Antioquía e ascendeu a arcebispo de València (1568). Desde 1602 converteuse nun dos máis firmes avogados da expulsión dos mouriscos. A súa festividade celébrase o 6 de xaneiro

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás zinxiberáceas. SIN: cinxiberáceo.

    2. Planta da familia das zinxiberáceas. SIN: cinxiberáceo.

    3. Familia de plantas rizomatosas ou tuberosas, da orde das zinxiberais, con follas de limbo lanceolado, flores cigomorfas, comunmente hermafroditas, trímeras, de perianto dobre, monandras, provistas dun labelo formado por estaminodios e dispostas en inflorescencias, e de froitos en cápsula loculicida ou en baga. Os seus rizomas conteñen aceites esenciais. Consta dunhas 1.500 especies troncais, propias sobre todo do S e do SL de Asia. SIN: cinxiberáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás zinxiberais. SIN: cinxiberal.

    2. Planta da orde das zinxiberais. SIN: cinxiberal.

    3. Orde de plantas, da clase das monocotiledóneas, coas follas alternas, flores hermafroditas e asimétricas e froito en cápsula dehiscente. SIN: cinxiberal.

    VER O DETALLE DO TERMO