"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración do pulso que consiste na palpitación dunha segunda onda, que ten relación co pechamento da válvula aórtica. É perceptible en certos estados morbosos con tensión arterial baixa.
-
-
Calidade do que é didáctico.
-
Propósito ou intención didáctica dalgunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude do que busca diferenciarse de algo ou de alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bisección f entre dúas aberturas de dous espacios vectoriais normais, tal que f e f-1 son derivables e as derivadas son continuas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que explica a orixe das características que conforman as culturas, en calquera dos seus aspectos, a partir da propagación destas características desde un centro difusor. Na súa forma extrema, presupón a existencia duns poucos centros difusores da cultura e oponse, polo tanto, á idea de paralelismo cultural que sostén que as diferentes culturas chegarían a producir resultados semellantes, aínda que de forma independente. Desenvolveuse a principios do s XX en Europa. Os seus defensores máis destacados foron os ingleses G. E. Smith e W. J. Perry, os alemáns W. Schmidt e F. Graebner e o estadounidense C. Wissler. As ideas difusionistas levaron a definición de áreas e círculos culturais. Aínda que se admiten fenómenos de difusión cultural, a maioría dos antropólogos rexéitano como teoría xeral da xénese das culturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de cruce entre dous individuos que teñen dous xenes dialélicos non ligados, e tamén a segregación mendeliana á que dá lugar este cruce. Por exemplo, o cruce dunha semente de chícharo amarelo e redondo con outra de verde e rugoso e, a segregación que hai na segunda xeración filial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou actitude de diletante.
-
-
Calidade de dimorfo.
-
Tipo de polimorfismo no que se dan dúas formas distintas pola súa morfoloxía externa, dentro dunha determinada especie vexetal ou animal. Fálase de dimorfismo sexual cando estas dúas formas se corresponden cos dous sexos. Tamén hai un dimorfismo estacional, que conduce a dúas xeracións morfoloxicamente diferentes, adaptadas cada unha de xeito distinto ás variacións dos factores ambientais. Nos ciliatos e nalgúns foraminíferos dáse o dimorfismo nuclear, que consiste na presenza de dous tipos de núcleos en cada célula: o micronúcleo, de carácter xenerativo, e o macronúcleo, somático ou metabólico, que non adoita dividirse.
-
Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, dúas ordenacións distintas, que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes. É un caso particular de polimorfismo.
-
-
-
Calidade de dinámico.
-
Teoría filosófica que ve na forza e nas súas combinacións a determinante das propiedades dos corpos. Oponse ao mecanicismo e a toda idea de casualidade.
-
Crenza dalgunhas culturas nunha forza vital impersoal, omnipresente na natureza pero concentrada en diversos obxectos, animais e persoas, que dotaba de poder ao que a posuía, facéndoo á vez intérprete do sagrado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística italiana de carácter futurista que se caracterizou polo gusto pola velocidade pura. Pertenceron a ela, entre outros, Carrá, Marinetti e Severini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Metamorfismo dinámico que se dá como resultado do aumento de presión ou tensión ao longo das dislocacións da codia terrestre. As rochas deformadas presentan moi a miúdo zonas cunha estrutura de gran moi fino. Un exemplo son as milonitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adhesión a unha dinastía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno relativo aos fungos que presentan dúas formas de zoosporas. As zoosporas primarias liberadas, despois de se enquistaren, orixinan unha zoospora secundaria que formará agrupacións celulares; posteriormente, enquistarán e xerminarán co que orixina un tubo xerminal e unha hifa. O período entre esporas primarias e secundarias varía segundo as especies. Pode ocorrer que as zoosporas primarias non cheguen a saír do esporanxio e só sexan libres as secundarias. Este fenómeno preséntano, entre outros, os fungos do xénero Saprolegnia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Política estatal que consiste en orientar a actividade económica do Estado mediante a intervención directa ou indirecta. Apareceu a partir do New Deal (1932) para facer fronte a numerosas crises de funcionamento do sistema e institucionalizouse a través de plans económicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso lingüístico que consiste en aludir a un concepto mediante palabras ou expresións que teñen un matiz pexorativo ou despectivo, por exemplo, empregar napia para referirse ao nariz. É frecuente na literatura humorística, na sátira ou na parodia burlesca. OBS: Oponse ao termo eufemismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Menstruación difícil ou dolorosa. Pode ser primaria, cando se produce como consecuencia de contraccións uterinas severas e anormais que teñen lugar durante o período menstrual, ou secundaria, cando é conscuencia doutra alteración do organismo, como a endometriose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da linguaxe mímica que impide expresar os pensamentos mediante os xestos.
-
-
Tornar menor algo no referente á súa extensión, intensidade ou número.
-
ir unha cousa a menos na súa extensión, intensidade ou número.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno ou debilitamento da memoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de desproporción.