"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Navegante, irmán de Vicente Yáñez Pinzón. Uniuse á primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Pinta. A súa experiencia náutica foi moi valiosa ao longo da viaxe, pero unha vez en América, xurdiron discrepacias entre ambos, dado que era partidario de continuar explorando mentres que Colón se inclinaba por volver a Castela. Finalmente volveu á Península Ibérica, arribando a Baiona (Pontevedra) en 1493.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señora de Meirás. Educada no puritanismo católico, casou en 1923 con Francisco Franco Bahamonde. Co acceso do seu home á xefatura do estado (1939), exerceu como primeira dama e, aínda que se mantivo á marxe da actividade política, parece que exerceu unha influencia directa sobre Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Modelo. Despois de gañar o certame The Look of the Year comezou a traballar con algúns dos deseñadores máis destacados da moda internacional, como Christian Lacroix e Karl Lagerfeld. Exerceu como embaixadora da Moda Galega e participou no filme A rosa de pedra (1999). Tras abandonar os desfiles seguiu vinculada co mundo da moda, xa que é imaxe de marcas como Amichi ou Cortefiel e colabora con revistas de moda prestixiosas do sector en España como Telva.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Militante do PP, foi concelleira no concello de Vigo (1995-1999), directora xeral de Servizos Sociais na consellería de Sanidade e Servicios Sociais (1999-2001) e conselleira de Asuntos Sociais (2001-2003). Foi deputada no Parlamento de Galicia na VI lexislatura (2002-2003) e en 2003 acadou a alcaldía de Vigo, despois da cuestión de confianza que destituíu a V. Pérez Mariño. Desde 2004 é senadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico e escritor. Licenciado en Belas Artes (1984), cultivou a pintura e a fotografía dixital. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas. Escribiu 1937, Castelao e Souto en Valencia (1985), Tratamento Dixital da Imaxe (1999), Arturo Souto (2002) e A Guerra de Arturo Souto (2002). Colaborou, entre outras obras, no deseño de Instituto Xelmírez. Pasado e presente (1997), Con pés na terra (1999) e Dame a túa man (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Especialista en urbanismo, dedicouse á crítica de arquitectura e á investigación teórica. Foi un dos encargados da revisión do Plan General de Ordenación Municipal de Madrid, coautor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago de Compostela (1988) e responsable do proxecto urbanístico de varios barrios da periferia de Lisboa. Traballou con Nuno Teotónio Pereira desde 1959 a 1973 en numerosos proxectos, dos que destaca o da igrexa do Sagrado Coração de Jesús en Lisboa, realizada na década de 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos homes de prol da Revolución de 1810 en Bos Aires, membro do Triunvirato de 1812 e xefe das Provincias Unidas del Río de La Plata (1816-1819). Dimitiu polas súas tendencias centralistas e monárquicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Foi cirurxián maior do exército español, co que realizou viaxes por España, Italia e o N de África. Iniciador e primeiro profesor do Jardín Botánico de Madrid e interesado tamén pola fitoterapia., comezou a publicar en 1762 Flora española ou historia de las plantas que se crían en España, a primeira obra no seu xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e Grande de España. Propietario do pazo de Castrelos, o 12 de decembro de 1924 doouno ao Concello de Vigo coa condición de que non saíse nunca do dominio público e que se destinase a museo de arte e parque público, coa denominación de Parque de Quiñones de León. A doazón fíxose efectiva en 1934.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico, político e escritor, pai de Xaime Quintanilla Ulla. Formado na Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Ferrol en 1917, onde abriu unha clínica de cirurxía. Defensor do galeguismo e do socialismo, foi membro da Irmandade da Fala de Ferrol e asinou o Manifesto da I Asemblea das Irmandades da Fala (1918). Militou no PSOE desde 1920 e foi alcalde de Ferrol coa chegada da Segunda República en 1931. Apartado da alcaldía despois dos sucesos de outubro de 1934, retornou ao concello como concelleiro en 1936. Participou na reunión dos concellos galegos celebrada o 3 de xullo de 1932 en Santiago de Compostela, foi membro e vogal do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932), director de El Correo Gallego e fundou e dirixiu a colección Céltiga. Colaborou en diferentes publicacións e dos seus escritos destacan a comedia dramática Alén (1921), a novela curta Saudade (1922) e o drama Donosiña, estreado en 1920. Morreu paseado xunto con outros...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro naval e capitán de navío. Ocupou diversos cargos dentro da carreira militar. Foi presidente da Federación Galega de Vela (1988-2002), promovendo o barco Galicia 93 Pescanova, da Asociación Galega de Actividades Náuticas. Recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Cruz de San Hermenegildo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. A primitiva igrexa prerrománica foi substituída por un templo do s XII. Ten unha soa planta de forma rectangular con ábsida cadrada e a sancristía acaroada no lado norte do presbiterio. No interior conserva elementos góticos. A portada está formada por un arco de medio punto con arquivoltas e capiteis decorados. A espadana ten un único van e remata en pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Ingresou na orde en Santiago de Compostela en 1881 e pasou á misión de Marrocos. Escribiu Sumario de las Indulgencias (1892), Colección de varios documentos referentes a la Prefectura Apostólica de las Misiones católicas españolas en Marruecos (1892) e Exposición de la Regla de los Frailes Menores por el mismo legislador N. Seráfico P. San Francisco (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e anatomista alemán. Profesor en Dorpat e Königsberg, realizou importantes estudos sobre embrioloxía, especialmente das aves e dos mamíferos, e sobre anatomía comparada. Deulle o seu nome a diversos órganos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor eslovaco. É autor de numerosos libros de poesía, marcados por un profundo acento de patriotismo eslovaco, que reflectiu en Hoj zem drhahá (Oh, terra estimada, 1919) e Kamen na medzi (A pedra da fronteira, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cabana de Bergantiños. Conserva un arco triunfal románico con columnas grosas e capiteis con ornamentación vexetal, e un retablo barroco, de estilo compostelán, que data do s XVIII. Ademais acolle os sepulcros do s XVII de Lorenzo Bermúdez de Castro e a súa dona María de Leis.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. De estilo románico e datada no s XII, ten unha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de canón e de cuarto de esfera no tramo curvo. No exterior presenta dúas semicolumnas que dividen a ábsida en tres vans, no central ábrese unha fiestra semicircular. A porta principal ten os arcos semicirculares en aresta apoiados en columnas e xambas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Os seus traballos filmográficos reflicten diversos problemas sociais, como Edge of the City (1956), Hud (1963), Hombre (1966), Norma Rae (1979), Murphy’s Romance (1985) e Stanley & Iris (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Doutorouse na University of Washington, traballou en varias institucións sanitarias e foi membro de diferentes sociedades científicas. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1994), compartido con A. G. Gilman, polo descubrimento das proteínas G e a súa función na transdución de sinais no interior das células.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou as revistas Galicia Médica e Revista Médico-Social. Das súas publicacións destaca Valencia-Galicia, estudo práctico acerca del tratamiento más eficaz del cólera morbo asiático, método seguido en la epidemia colérica de Valencia del presente año (1885), que publicou tras unha estada en València como colaborador na loita contra o cólera.
VER O DETALLE DO TERMO