"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

  • Denominación obsoleta dun grupo de nucleótidos derivados da piridina. Foi substituída polos nomes derivados de nicotinanida-adenina-dinucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de ferro, de fórmula FeS. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais planos ou en masas irregulares. Ten unha cor amarela. É unha clase ferrífera moi rica da que tamén se extrae xofre para a produción de ácido sulfúrico. OBS: Tamén se denomina pirita magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á plerose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Plotino ou ás súas doutrinas.

    2. Seguidor de Plotino ou das súas doutrinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alexandrino. Fundador do neoplatonismo, viviu sobre todo en Roma, onde fundou un círculo de filosofía. Os únicos escritos conservados son notas ou ensaios en grego dirixidos aos seus discípulos, de carácter asistemático e exhortativo. Porfirio reuniu 54, que dividiu en seis grupos de nove, as Enéadas. O seu pensamento organizouse ao redor do concepto da dualidade da alma humana, que participa tanto do universo intelixible como da natureza sensible, da que procede por degradación. Na súa realidade superior, a alma é unha emanación do intelecto (Noûs), mentres que o intelecto participa dunha realidade superior, o Un, do que emana, e que está máis alá do ser e da intelixencia. No extremo oposto sitúase a materia, concibida como límite do afastamento do ser. Esta é a filosofía denominada matutina, diferente da vespertina, que introduce un elemento discordante, a ousadía, que fai que o intelecto se poña como hipótese fronte ao Un, e a ánima fronte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pneumoconiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de aire a presión no oído medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de políglota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero formado por un número considerable de mononucleótidos. Cando estes son desoxirribonucleótidos, os polímeros denomínanse ácidos desoxirribonucleicos (ADN), e cando son ribonucleótidos, ácidos ribonucleicos (ARN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido cunha molécula que pode ceder varios protóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao período da historia da Terra anterior á aparición da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á célula procariota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de diversas substancias orgánicas compostas de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, fósforo e xofre, de peso molecular elevado e capaces de formar solucións coloidais. Os prótidos comprenden, entre outros, os aminoácidos e as proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isótopo máis abundante do hidróxeno, de masa atómica 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decoración dunha porta ou portada.

    2. Clave do arco labrada en forma de ménsula e con perfil en S.

    3. Cada unha das ménsulas que sostiñan o lintel ou a cornixa da porta xónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reino protista.

    2. Organismo do reino dos protistas.

    3. Reino que comprende os organismos eucariotas unicelulares (ou en ocasións cenocíticos ou pluricelulares sen diferenciación de tecidos) e de organización simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que, sen ser o titor, encárgase de velar polos intereses dun menor. Segundo quen siga as funcións encomendadas, denomínase curador ou defensor xudicial.

    2. Persoa encargada de supervisar as funcións e actuacións do titor. Desde a supresión do código civil o cargo e as súas funcións encoméndanselle ao xuíz de primeira instancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao protogótico.

    2. Estilo arquitectónico desenvolvido entre o románico e o gótico (finais s XII-comezos s XIII). Supuxo a introdución do arco apuntado, a progresiva desaparición de iconografía románica e un incremento do naturalismo e a humanización nas composicións. En Francia destacan a abadía de Saint-Denis, as catedrais de Sens e Chartres e o inicio de Notre-Dame de París. Na Península Iberica desenvolveuse coa obra do Mestre Mateo, que empregou bóvedas de cruzaría no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e coa arquitectura cisterciense, caracterizada pola austeridade construtiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao prototipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Modelo primitivo ou orixinal de algo.

      2. Primeira máquina, instalación industrial ou vehículo construído para experimentar, en funcionamento, as súas calidades, características, rendemento, etc, para poder resolver, eventualmente, as imperfeccións antes de comezar a fabricación en serie.

      3. Primeiro modelo dunha serie de barcos iguais e que, na mariña de guerra, adoita darlle nome aos da súa clase.

    1. Exemplar máis perfecto e modelo dunha virtude, calidade ou vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO