"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Aparece nos Livros de Linhagens co nome de Pero Fernandes d’Ornelas, fillo de Fernan Fernandez Anes de Dornelas e neto de Johan Fernandez o Franco, e como posuidor da quinta de Outeiro, en São Salvador de Dornelas. Desenvolveu o seu labor poético na segunda metade do s XIII e principios do s XIV. Consérvanse unha cantiga de amor, “Nostro Senhor, e ora que será”, en que emprega a figura retórica da interrogatio, e outra de amigo, “Avedes vós, amiga, guisado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    De-portista. Especializado en loita grecorromana, natación e waterpolo, cara a 1905 trasladouse a Barcelona, onde con outros deportistas do ximnasio Solé organizou o Primeiro Campionato de España de Natación (1907). Esta iniciativa deulle a idea de fundar e presidir, o mesmo ano, o Club de Natació Barcelona. Principal impulsor da natación en España, en 1920 fundou a Federación Española de Natación, que tamén presidiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi alumno de Massenet e de C. Frank. Compuxo óperas, como La coupe enchantée (1895), oratorios, a obra Paysages franciscains (1920), para orquestra, o ciclo de cancións Six ballades françaises (1921), o ballet Cydalise et le Chèvre-Pied (1923) e composicións para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castrelo do Val baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado de orixe prerromana situado en Cervantes e encadrado na serra dos Ancares. As pallozas, construídas con muros de pedra, sen máis van que o da porta e con cuberta de palla, funcionaron como vivendas, celeiros e cortes. Experimentou unha rehabilitación do seu uso, dirixida polo arquitecto Pedro de Llano, coa fin de manter e mostrar este tipo de habitación. Foi declarado BIC en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abundan os piornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (1.522 h [2001]). A agricultura e a gandaría perderon importancia ante a chegada da industria. A súa proximidade ao mar contribuíu á construción de urbanizacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Fíxose profesional da fotografía en 1939, influído por Alfred Stiegliz e Paul Strand. Fotógrafo das paisaxes, dos paxaros e do seu hábitat, pasou á fotografía en cor en 1940. Establecido en México, realizou continuas viaxes fotográficas (África, China, Grecia ou Exipto), que reflectiu nas súas exposicións, libros e traballos publicados en distintas revistas. Expuxo no MOMA de Nova York (1943 e 1979) e publicou, entre outros libros, In Wildness Is the Preservation of the World (1962), Antarctica (1978) e All Under Heaven (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria que se transmite con carácter dominante e está caracterizada por manifestacións cutáneas (pápulas tumorais na cara, nevos conxuntivos no tronco ou fibromas ceratósicos periungueais), neuropsíquicas (crises comiciais ou atraso mental) e viscerais (tumores oculares, renais ou cardíacos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista inglés. Formado no Royal Manchester College of Music (1926-1930), ampliou estudos de piano en Berlín. Das súas composicións, de estilo neoclásico, destacan tres sinfonías e o Concert for 10 Instruments (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, crítico das relixións e filósofo francés. De convicción positivista, profesou unha fe utópico-idealista na ciencia, como substituta da relixión, e no progreso da humanidade, froito da libre actuación dos individuos. Escribiu Essais de morale et de critique (1859), Histoire des Origines du Christianisme, en sete volumes (1863-1881), Dialogues et fragments philosophiques (1876) e L’avenir de la science (publicada en 1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de retornear.

    2. Que está ou estivo cheo de figuras e adornos complicados.

    3. Aplícase ao canto con moitas figuras vocais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornear unha cousa facéndolle figuras e adornos esaxerados.

    2. Cantar facendo figuras ou exercicios vocais difíciles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coa súa primeira novela, De Avonden (As tardes, 1947) describiu o ambiente pechado da súa infancia. Cualificado de inmoral, trasladouse a Inglaterra e escribiu en inglés o libro de contos The Acrobat (1958). Destacan tamén as súas novelas Op weg naar het einde (Cara ao final, 1963) e Nader tot U (Máis preto de ti, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. En 1919 participou no Congreso del Teatro de la Comedia en Madrid, representando a seis sociedades obreiras santiaguesas. En 1922 acadou, xunto a Manuel Fandiño Ricart, a integración da totalidade do societarismo de Santiago de Compostela na Confederación Regional Galaica. Colaborou no semanario Lucha Social e en 1925 dirixiu Solidaridad Obrera, o voceiro da CNT galaica. Na Segunda República Española, afastado do activismo obreiro, estivo vinculado ao Centro Federal de Izquierda Gallega e presidiu a Federación Agraria Comarcal. Na década de 1960, colaborou coa revista Vieiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico irlandés. Achegou conclusións decisivas sobre o comportamento dos líquidos nos tubos segundo a súa velocidade (número de Reynolds). Estudou tamén a lubrificación, as turbinas e as bombas centrífugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía navegable de Alemaña que pon en comunicación a Alemaña meridional co mar do Norte a través do Rin e do Mittellandkanal. Ten 38 km de lonxitude e une o Rin, preto de Duisburg, co Dortmund-Ems-Kanal.

    VER O DETALLE DO TERMO