"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e director de escena alemán. En 1967 incorporouse ao Aktionstheatre, un grupo teatral de vangarda para o que dirixiu Leoncio e Lena. Como dramaturgo cómpre salientar a obra Bremen Freiheit (Liberdade Brenana, 1971), presentada en galego en 1989 polo Teatro do Atlántico, con dirección de Xulio Lago. En 1969 iniciou a súa produción cinematográfica, na que destacan títulos como Götter der Pest (Os deuses da peste, 1969), Die Bitteren Tränen der Petra Von Kant (As amargas bágoas de Petra von Kant, 1972), Satansbraten (O asado de Satán, 1976), Lili Marleen (1980), Lola (1981) ou Querelle (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cova ou soto situada debaixo dos templos para almacenar e ocultar os obxectos de culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Ghirlandaio e na Accademia del Disegno e traballou con G. Vasari. Cultivou a pintura relixiosa. Destaca, entre outras obras, A flaxelación da igrexa da Santa Croce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador da arte escocés. Formado na University of Edinburgh, estudiou a arquitectura da India, China e Europa. Das súas obras destaca The palaces of Nineveh and Persepolis restored; an essay on ancient Assyrian and Persian architecture (Os palacios restaurados de Nínive e Persépolis: un ensaio sobre arquitectura antiga asiria e persa, 1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (17.728 km2; 172.893 h [1988]). A capital é Ferkéssédougou (24.662 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Monzón de Campos (944-947) e de Castela (943-947), fillo de Fernando Ansúrez, conde de Castela. Actuou ao lado de Fernán González cando este era conde de Lara. Participou na Batalla de Simancas (933) co rei leonés Ramiro II, quen o nomeou conde de Monzón de Campos. Ao ser feito prisioneiro Fernán González, recibiu o condado de Castela como conselleiro e preceptor de Sancho, o conde nominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), traballou na Misión Biolóxica de Galicia (1970-1980) e ten un master en educación ambiental (1992). Cofundadora e membro da directiva da AS-PG (1979-1985) e logo da Associação Sócio Pedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP), organizou as Escolas de Verán e as Xornadas do Ensino en Galicia. Tamén foi fundadora da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Dirixiu a revista O Ensino (1978-1990) e forma parte do equipo de redacción dos libros de texto da ESO, área de ciencias da natureza, bioloxía e xeoloxía, da Editorial ECIR e colabora con UNICEF na sección Educación para el Desarrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Magnánimo (Marburg, Hessen 1504 - Kassel, Hessen 1567) Langrave de Hessen-Kassel (1509-1567), fillo do langrave Guillerme II. Asumiu plenamente o poder en 1518. En 1524 someteu a nobreza, acabou coas revoltas campesiñas e implantou a Reforma nos seus estados. En 1526, trala alianza defensiva de Gotha con Xoán de Saxonia, acadou do Emperador Carlos V a liberdade relixiosa. En 1529, trala revogación da Dieta de Espira, adheriuse á Liga de Esmalcalda (1531). Vencido por Carlos V en Mülhberg (1547) foi prisioneiro do emperador ata 1552. Fundou a primeira universidade protestante en Marburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de exercicios e prácticas deseñado co obxectivo de acondicionar o organismo humano para a actividade físico-deportiva. A posta en forma evidénciase especialmente no desenvolvemento harmónico da musculatura. Para logralo realízanse exercicios aeróbicos e anaeróbicos localizados nos grupos musculares que se desexan traballar, empregando ou non aparatos e máquinas especificamente deseñados para esa función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Xunto con Ramón Reventós construíu o Poble Espanyol na montaña Montjuïc (Barcelona), con motivo da Exposición Universal de 1929, onde representou as formas máis representativas da arquitectura española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou nas universidades de Berlín e Mainz. Traballou nos hospitais de Dresde e Düsseldorf. Dedicouse primeiramente ao estudo da cardioloxía e máis tarde ao estudo da uroloxía. Desenvolveu unha técnica para a exploración do corazón, a cateterización cardíaca, que consiste en introducir un catéter por unha vea do codo e desprazalo ata o corazón. En 1956 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con D. W. Richards e A. F. Cournand, polo desenvolvemento de novas técnicas para o estudo das enfermidades do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación de dinámica musical utilizada para prescribir unha interpretación da máxima intensidade sonora posible. Represéntase con dous efes (ff) ou, ás veces, con tres (fff).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e coreógrafo estadounidense. En 1948 debutou como bailarín de teatro e cinco anos despois no cine. Participou en diversas películas como Kiss Me, Kate (Bícame, Kate, 1953) ou My Sister Eileen (A miña irmá Eileen, 1955). Continuou facendo musicais en Broadway, ata que en 1969 dirixiu a súa primeira obra cinematográfica, Sweet Charity (Noites da cidade), e á que seguiron outras como Cabaret (1972), pola que gañou varios Oscar, All That Jazz (Comeza o espectáculo, 1979) ou Star 80 (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo francés. As súas investigacións sobre a memoria, o ritmo e a psicoloxía dos tempos convertérono nun dos representantes da psicoloxía experimental. Sucedeu a Henri Piéron na dirección da revista L’Année Psychologique. Cómpre destacar as súas obras Manuel pratique de psychologie expérimentale (1956), Psychologie du temps (1957), Traité de psychologie expérimentale (1963-1970), en colaboración con Jean Piaget, Psychologie du rythme (1974) e Psychologie de demain (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e diplomático danés. Abriu o seu primeiro estudo fotográfico en Madrid en 1895. Foi un dos retratistas máis destacados da aristocracia da época. Colaborou con diversas publicacións como Blanco y Negro e La Ilustración Española y Americana. Ademais dos retratos e dos grupos familiares, tirou imaxes dos ambientes nocturnos de Madrid. Participou na Exposición Universal de Barcelona en 1889. Publicou, con prólogo de Emilia Pardo Bazán, Los salones de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Pastor protestante, combinou a pedagoxía coas novelas de aventuras. Dedicouse á literatura despois do éxito da súa novela Jörn Uhl (1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica alemá realizada en 1925. Foi dirixida por Georg Wilhelm Pabst e protagonizada por Greta Garbo, Asta Nielsen, Marlene Dietrich, Valeska Gert e Werner Krauss, entre outros. Este filme é un melodrama realista que presenta a sociedade de posguerra. A caracterización psicolóxica dos personaxes e a coidada fotografía fan desta película unha das producións máis destacadas do cine europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro francés. Pioneiro na utilización do cemento armado e inventor da técnica do cemento pre-comprimido, destinado a mellorar o comportamento estático das estruturas. Aumentaba a elasticidade ao fixar á estrutura de aceiro unha multitude de fíos ou barras metálicas que comprimían previamente o cemento. Director técnico da Enterprises Limousin (1913-1928), proxectou pontes, hangares, pistas de aeródromos e pontes ferroviarias. Entre outros destacan os destruídos hangares de Orly (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e poeta francés. Secretario da Raíña Filipa de Inglaterra, viaxou con ela por Escocia, Flandres e Francia e, trala súa morte (1368), trasladouse a Hainaut, onde se dedicou ao comercio. Das súas obras destacan as Chroniques (1371-1400), nas que explicou todas as guerras europeas do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO