"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Auditorio de Londres construído por subscrición pública. Inaugurado en 1871, ten capacidade para dous mil espectadores. Nel celébranse actos culturais e competicións deportivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía francesa de teatro creada en 1979 en Aix-en-Provence baixo a dirección de Jean-Luc Courcoult. Busca un teatro popular, que actúa na rúa principalmente e participa do imprevisto. Das súas montaxes destacan La malette infernale (1981) e Le Géant tombé du ciel (1993).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa multinacional que se creou en 1907 pola fusión da empresa neerlandesa Royal Dutch Co, que explotaba pozos de petróleo, coa inglesa Shell Transport and Trading Co, dedicada ao transporte e distribución do petróleo. Ten o seu domicilio social en Londres e na Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica que se dedica á fabricación de motocicletas e, desde 1901 a 1905, á de automóbiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación xeográfica británica creada en 1830 en Londres co propósito de promover e axudar aos estudos e ás investigacións de orde xeográfica. Foi a terceira asociación deste tipo creada no mundo. Publica desde 1893 o Geographical Journal. En 1995 fusionouse co Institute of British Geographers.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forza naval da mariña británica. Durante a Segunda Guerra Mundial obtivo, xunto coa mariña estadounidense, a vitoria na Batalla do Atlántico (1941-1943). Participou tamén no desembarco aliado no continente europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro inglesa fundada en 1960 por Peter Hall e Peter Brook a partir do núcleo do Shakespeare Memorial Theatre de Stratford. Ten cinco teatros e unha programación que se dedica a Shakespeare e a outros autores clásicos e contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pagamento a empresas estranxeiras que se deriva de contratos de asistencia técnica, de cesión de tecnoloxía, polo uso dunha patente ou dunha marca comercial ou por outro aspecto. A cantidade total dos royalties que paga un país pode ser interpretada coma un índice da dependencia técnica do estranxeiro e a súa incidencia económica máis importante e a súa repercusión negativa sobre a balanza de pagamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal das Maldivas. OBS: Tamén se coñece como rupia de Maldivas.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Coñecido como George Santayana, tratou de entroncar o mundo físico co mundo das esencias mediante o espírito humano, o cal co seu esforzo intelectual e os seus sufrimentos fai posible a liberación final dos valores de verdade, beleza e outros. Escribiu The Life of Reason (1906), The Realms of Being (1927-1940) e The Last Puritan (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. De nome Margaret Mary Emily Anne Hyra, debutou en 1981 con Rich and Famous. Da súa filmografía destacan Top Gun (1986), Innerspace (1987), When Harry met Sally (1989), Flesh and Bone (1993),When a Man Loves a Woman (1994), French Kiss (1995), You’ve Got Mail (1998), Proof of Life (2000), In the Cut (2003) e Against the Ropes (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Formouse como técnico de son na produtora UFA, en Alemaña e, posteriormente, integrouse no Departamento Nacional de Cinematografía, que realizou entre 1938 e 1941 o Noticiario Español, anos máis tarde coñecido como NO-DO. Ao longo de máis de tres décadas desenvolveu un importante labor no noticiario, grazas á especial relación que estableceu con Francisco Franco. Ademais, desde a súa produtora, Filmarte, realizou numerosas curtametraxes documentais, centradas moitas delas na cidade da Coruña: Petroliber (1964), La Coruña, ciudad en la que nadie es forastero (1965) ou Accesos a La Coruña (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Turquía, en Anatolia noroccidental, que nace no Emir Da ǧ lari e, tras un percorrido de 790 km, desemboca no Mar Negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, situado na rexión de Costa do Mar Negro (4.821 km2; 732.414 h [1997]). A súa capital é Adapazari.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epíteto (asceta do clan dos śākya’) dado a Buda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico do hinduísmo, que se centra no Sāmkhya-Sūtra (1400? a C). Sistema ateo, recoñece dúas realidades últimas: Puru ṣ a (espírito) e Prak ṛ iti (materia). Asociado ao sistema ioga, tivo influencia no pensamento relixioso.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, situado no val do Duero e regado polo río Lobos (2.152 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría, na agricultura e nas manufacturas da madeira. É centro turístico de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo hindú. Os seus comentarios aos Brahma-sūtra de Bādarāyana, aos principais Upani ṣ ad e ao Bhagavad-Gītā fano o principal representante do Vedānta e da filosofía advaita.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jorge Ruiz de Santayana.
-
PERSOEIRO
Escritor. Fundador da revista de divulgación científica al-Muqta ṭ af, publicou Fatāt Mi ṣ r (A moza de Exipto), considerada a primeira novela sociohistórica da literatura árabe.
VER O DETALLE DO TERMO