"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1328-1341). Fillo de Miguel IX, morto no 1320. Deposto do seu dereito á sucesión pola morte do seu irmán Miguel, orixinouse unha guerra civil (1321) que rematou coa abdicación do seu avó Andrónico II (1328). Entregou o goberno a Xoán VI Cantacuceno. Durante o seu reinado proseguiu o avance dos turcos e serbios, pero logrou restablecer a autoridade bizantina sobre Quíos e Lesbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1376-1379). Destituíu ao seu pai Xoán V e gobernou ata que este recuperou o trono (1379).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino. Foi levado cativo a Roma, e máis tarde foi liberado polo seu amo. Deu a coñecer as obras clásicas gregas, adaptándoas e imitándoas e mesmo traduciu a Odisea. Durante a Segunda Guerra Púnica foille encargado un himno, polo cal está considerado como o iniciador da lírica latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á andrónovo.

    2. Cultura prehistórica da Idade de Bronce de Siberia Occidental que toma o seu nome da poboación de Andrónovo e que se estendeu cara ao O dos Urales entre o segundo milenio e os primeiros séculos do primeiro milenio a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesamento da función sexual no home. Prodúcese entre límites de idades moi variables. Pode vir acompañada de trastornos psíquicos como ansiedade, hipocondria, irritabilidade, falta de atención ou de memoria e tristeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pétalo orixinado por regresión dun estame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tomou a cidade de Rybinsk entre 1984 e 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Ingresou no PCUS (1939) e foi membro do comité central e do seu secretariado (1962-1967 e 1982). En 1967 converteuse en líder da policía política (KGB) e en 1976 en Xeneral do exército (1976). Secretario xeral do PCUS (1982), tamén herdou o cargo de Presidente do Presidium do Soviet Supremo (1983). Durante o seu breve mandato intentou unha moderada reforma do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    A máis extensa do arquipélago das Bahamas, situada ao L da punta meridional de Florida (5.957 km2; 8.180 h [1990]). É baixa, areosa, con lagos e atravesada por canais navegables e polo río Goose (25 km), o único das Bahamas. Industria pesqueira e turística. A illa foi chamada ‘Isla del Espíritu Santo’ polos españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Situada en Grecia no nomós das Cícladas, no Mar Exeo. É a máis setentrional do arquipélago. De relevo montañoso, a cima culminante é o Kubarion (1.009 m). A capital da illa é Andros, un pequeno porto da costa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das primuláceas, anuais ou perennes, de follas en roseta ou en columna, e flores brancas ou rosadas. Viven nas rochas das montañas alpinas e en campos cultivados. Algunhas son cultivadas en xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zoospora masculina das endogoniáceas, que se adhire ao oogonio ou a unha célula adxacente co que se converte nun nanandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula nai das androsporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado, do que fundamentalmente deriva toda unha serie de esteroides hormonais, como a androsterona e a testosterona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetosteroide de acción andróxena, que se funde a 185°C. É segregada polos testículos e pola cortiza suprarrenal e, como as outras hormonas andróxenas, é responsable do desenvolvemento do aparello xenital masculino e da aparición nos machos dos caracteres sexuais secundarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Androuet Du Cerceau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo falso de partenoxénese masculina. Despois da fecundación, o núcleo materno é eliminado ou desactivado ben sexa espontáneamente ou experimentalmente, e polo tanto o embrión, haploide, desenvólvese unicamente a partir do núcleo masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é producido polos homes.

    2. Relativo ou pertencente á acción dos homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce órganos, células e outras estruturas de carácter masculino.

    2. Que provoca ou estimula a aparición de caracteres sexuais masculinos.

    3. Cada unha das hormonas sexuais de acción masculinizante segregadas polos testículos, polo córtex suprarrenal e, en pequena cantidade, polos ovarios. Todos os andróxenos naturais son derivados do androsteno. Deles dependen os caracteres sexuais: virilidade, crecemento dos órganos xenitais, desenvolvemento do instinto sexual, etc. Os andróxenos máis importantes son a testosterona e a androsterona.

    4. Que enxendra homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pseudohermafroditismo parcial no home e na muller. Os individuos con gónadas masculinas (testículos) presentan cliptorquidia e teñen certos caracteres sexuais externos da muller. Os individuos con gónadas femininas (ovarios) presentan algúns caracteres sexuais externos masculinos.

    2. Presencia na mesma planta de órganos reprodutores masculinos e femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO