"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • Que ten forma de abano aberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abano de espolín, de mango longo, símbolo da soberanía. Portada polos escravos na comitiva dos seus señores, foi usado en Mesopotamia e Exipto. Coñecido no mundo grecorromano, introduciuse na celebración litúrxica cristiá como atributo propio do diácono e no séquito do papa. Aínda é un obxecto litúrxico das igrexas de rito oriental.

    2. ripidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritora. Subdirectora de comunicación da CRTVG. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional na cadea SER. Foi directora e presentadora de diversos programas da Radio Galega (De cabo a cabo, A toda radio, Escola de calor, Noticias ás dúas) e xefa de programas da Radio Galega (1994-2002). Presentadora do programa da TVG Sombras de crime, colabora con O Correo Galego. Escribiu os contos para nenos Glub contra Blef (1998) e Un susto para Glub (2000), e diversos relatos breves nas publicacións colectivas Narradoras e Narradio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rego longo, fondo e estreito que se fai nun terreo para poñer cimentos, levantar un valado, soterrar unha canalización, etc.

      1. Canle a cada lado dun camiño ou estrada para recoller a auga da chuvia.

      2. Suco que se fai no medio dos fosos secos dunha fortificación que serve para escoar a auga.

      1. Rego longo e fondo que se fai na terra para plantar ou sementar algo.

      2. Cada unha das fileiras de cepas que conforman unha viña.

    2. Muro de terra e pedras co que se cerra unha propiedade.

    3. Vela que se larga no primeiro mastro, a continuación do pau macho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que gabea.

    2. Ave da orde dos paseriformes que se alimenta principalmente de invertebrados que busca en superficies verticais como árbores ou paredes rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Subir por un muro, unha árbore ou outra superficie valéndose das mans e os pés ou as patas.

    2. Medrar unha planta cara arriba suxeita nun pao ou nunha armazón, ou ben por unha árbore, parede ou outro lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas do litoral occidental da parroquia de San Xurxo da Mariña, concello de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imposto que se cobraba sobre a compra ou a venda dalgúns artigos de primeira necesidade, como o aceite, o viño e o sal.

    2. Imposto sobre o sal que existiu en Francia durante o Antigo Réxime e que consistía na obriga de comprar unha determinada cantidade por cabeza ou de pagar un tanto sobre a que se sacaba dos almacéns reais onde estaba gardada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. Dedicouse á lingüística comparada e investigou as linguas indonesias e polinesias. Destacan as súas obras Élémens de la grammaire mandchoue (1832), en colaboración con Julius Loebe, Ulfilas. Veteris et novi testamenti versionis gothicae fragmenta quae supersunt (1836-1843), Grundzüge der syrjänischen Grammatik (1841) e Beiträge zur Sprachenkunde (I: Grammatik der Dajak-Sprache; II: Grammatik der Dakota-Sprache; III: Grammatik der Kiriri-Sprache, 1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. En 1881 escribiu unha gramática do chinés, distinguida tanto pola súa sinoloxía como pola súa metodoloxía (Chinesische Grammatik mit Ausschuluss der niederen Stiles und der heutigen Umgangssprache). En 1891 publicou a súa obra fundamental Die Sprachwissenschaft, ihre Aufgaben, Methoden und bisherigen Ergebnisse, que se divide en catro partes: terminoloxía e obxecto do estudo lingüístico, principios para a descrición da lingua, problemas tradicionais na historia lingüística e filoloxía en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa corrediza e sen tapa, que se encaixa nos ocos de certos mobles para gardar cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidar ou ordenar algo, especialmente a casa, con detalle.

    2. Facer alguén cousas de pouca importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa traballadora, ordenada e aplicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cesto pequeno e sen asas.

    2. Recipiente de madeira en forma de cilindro onde se adoita gardar o viño. A súa capacidade pode ser ata de cen litros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e pedagoga. Mestra de educación infantil, inicou a súa carreira teatral coa compañía Sarabela, coa que participou en diversos espectáculos como Cama de dous por dous para dous, co que obtivo o Premio Compostela de Interpretación, ou A Esmorga. Tamén traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos como Un soño de verán e Leoncio e Helena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Veterinario. En 1903 obtivo a cátedra de Patoloxía Médica e Terapéutica da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela e en 1921 a de Histoloxía na de Madrid. Deseñou un aparato para proxectar as preparacións con obxectivo de inmersión, co que se obtiñan unhas imaxes de calidade suficiente, que utilizou nas súas clases. Descubriu un método de tinguidura histolóxica específico para determinadas estruturas como as fibras elásticas ou os bacilos de Koch. Realizou tamén traballos sobre histoloxía normal e patolóxica de diversas enfermidades de animais domésticos e sobre o cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. En 1926 con Napoleón ensaiou as posibilidades da tripla pantalla. En 1934 provou, nunha nova versión de Napoleón, o sistema sonoro coñecido como son estereofónico. Outras películas súas son J’acuse (1919), La fin du monde (1931), J’acuse (nova versión, 1937) e Cyrano et d’Artagnan (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO