"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de uva tinta, típica do Levante español, de cor intensa, con tons moi brillantes, pola súa acidez e pouco grao alcohólico. De aroma fresco, aínda que non demasiado intenso, produce bos viños rosados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia bantú que se inclúe no grupo de linguas da zona setentrional-occidental (Zaire, Congo e República Centroafricana). Conta cuns 100.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no val de Trebbia, nos Apeninos, na Emilia-Romaña (Italia), que deu nome á cidade, formada ao seu redor, a 46 km de Piacenza (4.399 h [1980]). Foi fundado por san Columbano no ano 612. Foi un centro de intensa irradiación cultural a causa da actividade dos primeiros monxes, de orixe irlandesa. A biblioteca reuniu moitos códices, a miúdo con textos únicos, e algúns palimpsestos. Actualmente están dispersos por varias bibliotecas, sobre todo na biblioteca Vaticana, na Nazionale de Turín e na Ambrosiana de Milán. Gerbert, o futuro Papa Silvestre II, foi abade deste mosteiro. No 1014 Bobbio foi erixido bispado-condado unido á liga lombarda, oposta ao Emperador Federico I Barbarrubia. A cidade pasou despois aos Visconti de Milán (s XlV) e finalmente ao Reino de Sardeña, dos Savoia, no 1748. O mosteiro, moi decaído trala unión coa congregación cassinesa, foi pechado no ano 1795.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Estudiou a Filosofía do Dereito como ciencia xurídica no ámbito da filosofía analítica e, posteriormente, na liña dun neopositivismo xurídico. Foi director, xunto con Abbagnano, da Rivista di Filosofia. En 1984 foi nomeado senador vitalicio. O seu pensamento reflicte un enorme interese pola defensa dos dereitos humanos, clave, segundo el, para a diferenciación entre a dereita e a esquerda. Trala crise do Comunismo, manifestou a súa identificación co Socialismo, tendencia política que el sinala como defensora da tolerancia e dos devanditos dereitos humanos. Escribiu ensaios de teoría política como Politica e cultura (Política e cultura, 1955), Da Hobbes a Marx (De Hobbes a Marx, 1965), Quale socialismo? (Qué socialismo?, 1976), Il futuro della democrazia (O futuro da democracia, 1984), Etica e politica (Ética e política, 1984), O tempo dos dereitos (1991), Igualdade e liberdade (1993), As claves do debate:...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán do río Bóbr.
-
CAPITAIS
Capital do departamento do Sena Saint-Denis, na île-de-France, Francia, á beira da canle do Ourcq (44.659 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cilindro, de diferentes materiais, que pode levar enrolado un cable, unha fita ou calquera outro tipo de fío semellante.
-
Conxunto de espirais de fío (de coser, eléctrico), de corda, de cinta (tea, papel, celuloide), etc, xeralmente dispostas ao redor dun cilindro adoptando diversas formas, normalmente cilíndricas ou troncocónicas.
-
Dispositivo formado por un condutor eléctrico illado e enrolado; forma un certo número de espirais dispostas en diversas capas e destinado a crear un campo magnético ao pasar por el unha corrente eléctrica. A miúdo vai disposta sobre un núcleo de ferro, e pode formar con outras un circuíto. Hai bobinas toroidais, romboidais, planas e de disco, entre outras. Ademais, poden ser indutoras, inducidas, primarias ou secundarias. Emprégase como bobina de reactancia en filtros eléctricos, circuítos sintonizados e liñas de distribución, ademais doutros usos.
-
Termo aplicado a diversos aparatos constituídos por dúas bobinas encaixadas.
-
Rolo de película liado a un aparato composto por un cilindro central e dous discos laterais. Se o celuloide que ten que transportar é virxe, as pezas laterais non poden ter abertura.
-
Bombo ou rolete para conter unha bobina.
-
Cinta de vídeo que contén os anuncios máis sobresaíntes realizados por unha axencia de publicidade e por unha produtora de cine publicitario. Tamén se chaman bobinas de presentación.
-
Presentación industrial do papel, celofán, etc, en forma de banda continua, enrolada ao redor dunha barra cilíndrica.
-
Conxunto formado por unha alma de madeira, de cartón, de aceiro inoxidable, etc, co fío enrolado ao redor dela, xeralmente en sentido cruzado, aptas para alimentar máquinas téxtiles de gran velocidade ou de consumo intermitente. Segundo sexa a súa forma exterior clasifícanse en bobinas cilíndricas e bobinas cónicas. As bobinas de pouca lonxitude e de gran diámetro chámanse bobinas planas. Un tipo especial, usado nas máquinas de xénero de punto e similares, é a bobina botella.
-
Bobina de indutancia xeradora do campo magnético que desvía o feixe de electróns nun tubo de imaxe de televisión.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de bobinar.
-
Conxunto de operacións de montaxe das bobinas nunha máquina eléctrica.
-
Conxunto de bobinas dunha máquina eléctrica.
-
-
-
Que bobina ou serve para bobinar.
-
Persoa que bobina ou que emprega unha bobinadora.
-
Máquina que serve para bobinar.
-
Máquina empregada para facer bobinas co fío procedente, ben doutras formas de enrolamento, como madeixas, coroas, espirais, ben de bobinas de medidas ou de formas diferentes. As bobinadoras poden formar a bobina por enrolamento do fío sobre unha alma pousada nun fuso ou nunha púa, ou por contacto tanxencial cun tambor ou cilindro, que ten na superficie unhas rañuras en espiral dispostas nos dous sentidos e que guían o fío. Montadas en bancadas comúns, van provistas dun fío axeitado ao tipo de alimentación, dun tensor de fío, dun compensador elástico de tensión e dun mecanismo que detén o fío no caso de atrancarse.
-
-
-
Formar bobinas, enrolando o fío ou o papel ao redor da alma.
-
Transportar a película dunha bobina a outra.
-
Facer as bobinas dunha máquina eléctrica.
-
Colocar as bobinas nunha máquina eléctrica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pano branco, de liño moi fino e con encaixes, que se utilizaba como complemento no traxe de gala feminino. Colócase sobre os ombros.
-
-
Relativo ou pertencente aos bobos ou a súa lingua.
-
Individuo do pobo bobo.
-
Pobo estendido ao longo dunha zona comprendida entre Djenné (Malí) e a rexión de Bobo-Dioulasso, ao SO de Burkina Faso. Representan o elemento étnico máis antigo da zona. Son labregos e dominan a metalurxia. Están organizados en clans patrilineais e viven en casas de arxila.
-
Lingua do subgrupo voltiano, do grupo de linguas níxer-congo, falada polos bobos.
-
-
-
Persoa de escaso entendemento.
-
Moi candoroso e simple.
-
Que demostra unha falta parcial ou total de intelixencia.
-
Personaxe gracioso que aparece nas farsas, autos e entremeses.
-
Persoa que cos seus ditos, feitos ou gracias fai, ou pretende facer, rir aos que o escoitan.
-
-
GALICIA
Ximnasta. Campiona de España en diversas ocasións e en distintos aparatos, foi membro do equipo español de ximnasia rítmica e participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Tras abandonar a práctica deportiva, principiou a súa carreira como técnica e teórica da súa especialidade. Licenciada en Educación Física pola Universidade de Toronto (Canadá), acadou ademais o título de adestradora nacional de ximnasia rítmica. É profesora do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia. Foi adestradora do equipo nacional canadense de ximnasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Houé, Burkina Faso (300.000 h [1993]). É o principal núcleo industrial do país, ten industrias algodoeiras, cervexeiras e tabaqueiras. Así mesmo, é un centro comercial favorecido pola proximidade de Costa de Marfil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Xuvencos que é capital municipal e dá nome ao concello de Boborás.
-
GALICIA
Municipio da comarca do Carballiño situado na provincia de Ourense no centro da comunidade autónoma (42° 26’ de latitude N e 8° 08’ 01’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello do Irixo, ao L co do Carballiño, ao S cos de Leiro e Avión (ambos na comarca do Ribeiro), e ao O con Beariz (O Carballiño) O. Abrangue unha superficie de 87,8 km 2 , cunha poboación de 3.057 h (2007), distribuídos nas parroquias de Albarellos, Astureses, Brués, Cameixa, Cardelle, Feás, Laxas, Moldes, Moreiras, Pazos de Arenteiro, O Regueiro, Xendive, Xurenzás e Xuvencos. A capital está situada no lugar de Boborás, na parroquia de Xuvencos. está a 94 km ao S de Santiago de Compostela e 36 km ao NO de Ourense Está adscrito á xurisdición do partido xudicial do Carballiño e á provincia e diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Boborás está nun espazo de transición entre os dominios climáticos oceánico de montaña e oceánico continental. Situado nun espazo de media... -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Nas súas novelas, de inspiración naturalista, describiu a sociedade rusa do seu tempo. Destacan Kitay-Gorod (1882) e Vasilij T’orkin (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Polonia occidental, na rexión de Silesia, afluente pola esquerda do Oder (268 km de lonxitude; 5.938 km2 de cunca). Nace nos montes Krkonoše, pasa por Jelenia, Gora e Boleslawiec, augas abaixo de Malomice atópase co río Kwisa e desauga no Oder preto de Krosno Osrzańskie.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Na súa poesía e nas súas novelas utiliza unha linguaxe sobria, chea de melancolía. En verso escribiu Sarmatische Zeit (Tempos sármatas, 1961) e en prosa Levins Mühle (O muíño de Levin, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO