"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armand Jean du Plessis de Richelieu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armand Emmanuel du Plessis de Richelieu.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e fotógrafa alemá. Coñecida como Leni Riefenstahl, comezou na danza. Da interpretación en Der Heilige Ber (1926) e SOS Eisberg (1933), pasou á dirección, onde amosou especial interese polo corpo humano. Dirixiu Das Blaue Licht (1932) e os documentais para o III Reich Triumph des Willens (1935) e Olympia (1936). Tras a Segunda Guerra Mundial foi considerada unha colaboracionista do réxime nazi. Dedicada á fotografía antropolóxica, fotografou a tribo nuba en África, que plasmou en Die Nuba von Kau (1973) e Mein Afrika (1982), e realizou fotografía submarina en The Coral Garden (1973). Publicou as autobiografías Memoirs (1987) e os documentais Die Macht del Bilder (1992) e Impressionen unter Wasser (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Talasemia, de caracter heterocigótico, máis benigna que outros tipos.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Dedicouse á investigación en electricidade e electrólise. Descubriu o principio básico do acumulador (1803), estableceu a primeira serie electroquímica metálica e analizou o galvanismo. Descubriu os raios ultravioleta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. En 1960 foi cofundador do Parti Socialiste Unifié (PSU) e o seu secretario xeral (1967-1973), ata que se integrou, en 1975, no Parti Socialiste (PS) de François Mitterrand. Foi ministro de Planificación e Desenvolvemento Rexional (1981-1983), de Agricultura (1983 e 1984-1985), e primeiro ministro de Francia (1988-1991). Elixido secretario xeral do PS (1993-1994), dimitiu despois duns desastrosos resultados electorais e foi substituído por Henri Emmanuelli.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Charente-Maritime, situada en Poitou--Charentes, Francia (76.584 h [1999]). É un dos portos pesqueiros máis importantes da costa atlántica. Dominio inglés (1152-1226 e 1360-1372), foi recuperado polos franceses en 1372 coa colaboración da frota castelá do Rei Enrique II. Durante as Guerras de Relixión (1562-1598), soportou o asedio das tropas reais, que deu paso ao Tratado de La Rochelle (1573), polo que os hugonotes obtiveron a liberdade de culto en La Rochelle, Nimes e Montauban. Esta situación de privilexio rematou co triunfo do asedio que Richelieu exerceu sobre a cidade (1627-1628) e coa revogación do Edito de Nantes (1685).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Representante do neorromanticismo, pasou do escepticismo ao misticismo relixioso. Autor de diversos dramas teatrais, destacou como poeta en Hvide Blomster (Flores brancas, 1892) e Ariel (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Alxebrista, é coñecido sobre todo polo seu teorema e polas polémicas que tivo con Varignon e outros a raíz da súa oposición inicial ao cálculo infinitesimal. A súa principal obra foi Traité d’algèbre (1693).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Liberal convencido, foi partidario dunha economía de mercado e opúxose a calquera política de intervencionismo e de colectivismo. A súa obra principal é Die Lehre von der Wirtschaft (A doutrina económica, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Pertenceu á vella escola histórica. Escribiu Grundriss zu Vorlesungen über die Staatswirtschaft nach geschichtlicher Methode (Fundamento para o curso de economía política segundo o método histórico, 1843) e System der Volkswirtschaft (Sistema de economía popular, 1854-1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Embriólogo alemán. Fundou a embrioloxía experimental e investigou o desenvolvemento de embrións de batracio logo de diversas manipulacións sobre o ovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de T. Garnier, foi un dos arquitectos oficiais da época. Cultivou un eclecticismo, encuberto de aparencias modernas. Das súas obras destacan o centro de cheques postais de París (1932), o anexo da Bibliothèque Nationale en Versailles (1933) e o inmoble da rúa Guynemer en París (1925). Desde 1945 foi xefe da reconstrución de Nantes, onde edificou o hospital da cidade. Recibiu o Prix de Rome en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa multinacional que se creou en 1907 pola fusión da empresa neerlandesa Royal Dutch Co, que explotaba pozos de petróleo, coa inglesa Shell Transport and Trading Co, dedicada ao transporte e distribución do petróleo. Ten o seu domicilio social en Londres e na Haia.
-
REXIÓNS
Rexión moi árida de África intertropical que se estende ao S do deserto do Sáhara, desde as costas do Atlántico ata o Mar Vermello. Constitúe unha zona bioclimática de transición entre a do Sáhara, ao N, e a de Sudán, ao S. Distínguese do Sáhara pola regularidade das chuvias de verán, que permiten unha certa vexetación esteparia con gramíneas, acacias espiñosas e baobabs.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Sahel.
-
ILLAS
Illa volcánica do Atlántico suroriental, situada a uns 1.900 km da costa africana (122 km2; 6.000 h [estim 2001]). A súa capital é Jamestown. É colonia británica desde 1834, e lugar do exilio e morte de Napoleón (1815-1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estratovolcán de actividade intermitente situado en Cascade Range, Washington, EE UU. Despois de 24 anos de inactividade (a última erupción databa de marzo de 1980), en outubro de 2004 iniciou unha nova etapa eruptiva.
-
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de Merseyside, en Inglaterra, Reino Unido, situada ao NL de Liverpool (176.843 h [2001]). É un centro da industria do vidro, pero tamén ten fundicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da illa de Jersey, nas illas Anglonormandas, situada na baía de Saint-Aubin (28.123 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO