"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Matemático ruso. Traballou na lei dos grandes números e analizou os procesos estocásticos, que considera como unha cadea de probas, denominada cadea de Markov. Aplicou os seus coñecementos matemáticos á lingüística (análise de Markov).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor croata. É autor de poemas épicos, como Kohan i Vlasta (1868), dramas históricos, como Karlo Drački (1872), e poemas. Ademais, editou diversos estudios sobre estética, como O desenvolvemento e o contido da estética xeral (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estreou en Viena Il burbero di buon cuore (1786), Una cosa rara, ossia bellezza ed onestà (1786), da que Mozart adaptou un tema para o seu Don Giovanni, e L’arbore di Diana (1787). En Rusia o tsar Paulo I nomeouno conselleiro privado e inspector das compañías de ópera italiana. Está considerado o introdutor do vals na música culta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anatomista. Fundou o Museo Arqueológico e a Sociedad Económica de Amigos del País e dirixiu o Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. Publicou un estudo sobre frei Martín Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi redactor dos xornais La Noche, La Hoja del Lunes e El Pueblo Gallego, e fundou e dirixiu Informe Gráfico, El Pope, Informe Gallego e El Pueblo Gallego del siglo XX. Recibiu o Premio Lija da Asociación da Prensa de Vigo (1992) e a medalla do Concello de Vigo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político. Coñecido como Vicente Risco, foi un dos principais intelectuais e políticos galeguistas do s XX. Fillo de Antonia Agüero Álvarez e de Antonio Martínez--Risco, avogado e funcionario de Facenda, os seus primeiros anos transcorreron na rúa da Paz, en Ourense, onde tamén viviron R. Otero Pedrayo, a quen coñeceu xa desde neno, e Florentino López-Alonso Cuevillas. Rematou o bacharelato en 1899 no Centro Provincial de Instrución e obtivo a licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1906. Posteriormente ingresou na delegación de Facenda da súa cidade natal e comezou a desenvolver o seu traballo artístico e intelectual, tal e como reflicten as súas primeiras colaboracións en El Miño (1910), que asinaba cos pseudónimos de Rujú Sahib e Polichinela, e onde seguía o estilo xornalístico de Eugenio D Ors. A partir de 1911 pasou a colaborar en Mi Tierra, onde escribiu diversos artigos sobre literatura galega. En 1913 marchou excedente a Madrid e alí matriculouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Abandonou o convento franciscano de Szászvár e viaxou a París, onde se adheriu ás ideas democráticas de Jean-Jacques Rousseau. Membro dos Xacobinos Húngaros, organizou unha conxuración para derrocar o absolutismo en Hungría. Detido en Viena (1794), foi decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Félix Marie Massé.
-
GALICIA
Gravador e pintor. Cultivou a pintura ao óleo, a acuarela e o gravado con numerosas técnicas. Da súa produción destaca a acuarela Rincón de Platerías. Acadou o terceiro e cuarto premio de Gravador na Trienal Nacional de Santiago de Compostela en 1971 e 1974, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atamán dos cosacos de Ucraína. Estivo do lado do tsar Pedro I de Rusia no comezo da Guerra Nórdica (1700-1721), pero coa intención de asegurar a independencia de Ucraína, asinou un acordo con Carlos XII de Suecia. Vencérono xunto cos suecos en Poltava (1709).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Il Ferratese, traballou en Ferrara ao servizo dos duques de Este e a súa obra caraterizouse por un realismo rigoroso. Pintou Cristo tra i dottori (1524) e Resurrezione di Lazzaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Mugardos. Atopábase nunha ladeira do antigo Bisancos, preto do río Xubia. Faise referencia a el nun documento de 23 de abril de 1099 no que o abade de Caaveiro, Tedón, lle cede a este mosteiro unha parte da vila de Chantelos.
-
PERSOEIRO
Político. É doutor en dereito pola Universidade de Leningrado, na que impartiu clase entre 1990 e 1999. A partir tamén de 1990, e durante cinco anos, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado. Compaxinou estas actividades con diversos postos nas empresas forestais máis importantes de Rusia, entre elas Bratsk e na gasística Gazprom. En 1999 trasladouse o Kremlin como protexido de Vladimir Putin, que foi elixido presidente de Rusia no ano seguinte. Medvedev é nomeado xefe da Administración en 2003 e dous anos despois, viceprimeiro ministro responsable de programas sociais. No 2008 Putin retírase e Medvedev gaña con facilidade as eleccións presidenciais e nomea a Putin primeiro ministro do seu goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico ruso. Percorreu o país recollendo unha perspectiva lúcida e irónica da revolución socialista. Das súas obras destacan Scast’e (A felicidade, 1934), Čudesnica (A nena dos milagres, 1936) e Osvobozhdyonnaya zemlya (Terra liberada, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Foi o autor dos dramas históricos Carskaja nevesta (A promesa do tsar, 1849) e Pskovitjanka (A moza de Pskov, 1860), que serviron de base ás óperas de Rimskij-Korsakov do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de teatro ruso. Despois dunha época de actuacións no Teatro da Arte de Moscova (1898), formulou a teoría vangardista sobre o teatro simbolista. Prescindiu do teatro convencional e desenvolveu unha técnica radical anti-ilusionista. Acusado de formalista, foi encarcerado e deportado. Das súas realizacións destacan Pelléas et Mélisande (1907), de Maeterlinck; Don Juan (1910), de Molière; The Magnificient Cuckold (1920) e The Queen of Spades (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como George Balanchine, cada unha das súas coreografías realizábase harmoniosamente en estreita relación coa música. Actuou no Ballet de D’aghilev e no Ballet Ruso de Montecarlo, e en 1934 instalouse en Nova York. Fundou a School of American Ballet e o New York City Ballet (1948). Das súas coreografías, de estilo neoclásico, destacan The Nutcracker (1954) e Don Quixote (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Describiu a vida e o ambiente dos sectarios do rito antigo Raskol na ribeira do Volga, e tamén o medio despótico e cobizoso dos comerciantes. Compuxo os tres volumes Sbornik postanovlenij otnosjaščikhsja k raskolu (Compilación de todas as disposicións referentes ao cisma, 1860-1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico ruso. Estableceu unha clasificación periódica dos elementos químicos coñecidos nese momento (63), que dispuxo por orde crecente de pesos atómicos. O primeiro esbozo (marzo de 1869) foi seguido por unha clasificación máis esmerada (xaneiro de 1871), que non é moi diferente da táboa periódica moderna. Grazas a esta, púidose fixar con exactitude o peso atómico e as propiedades físico-químicas dalgúns elementos e prever a existencia doutros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico ruso. Foi o autor do manifesto do simbolismo ruso e escribiu tamén novelas históricas, como a triloxía Khristos i Antikhrist (Cristo e Anticristo, 1894-1904), que relatan os acontecementos cunha visión místico-relixiosa, e obras de crítica literaria, como Tolstoj i Dostojevskj (1901), onde define os dous escritores como os profetas da carne e do espírito, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO