"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • O artigo 4. 1. da Constitución Española, aprobada en 1978, sinala que a bandeira de España está formada por tres faixas horizontais, vermellas a primeira e a terceira, mentres a central é amarela e de dobre anchura. Foi Carlos III quen no ano 1785 implantou para a mariña real un pavillón que é a actual bandeira de España, en substitución do pavillón branco, propio da casa real, que ostentaban os navíos da armada e era motivo de confusións cos pavillóns doutros países onde reinaban os Borbóns. No ano 1843, a bandeira da mariña converteuse na oficial do Estado, agás durante a II República, que adoptou a bandeira tricolor, con tres faixas horizontais da mesma anchura: vermella, amarela e morada, como lembranza do suposto distintivo dos comuneiros de Castela. Trala Guerra Civil, o goberno franquista decidiu restituír o modelo tradicional vermello e amarelo dourado, incluíndo no centro o escudo coa aguia imperial. A actual bandeira de España foi instituída pola Constitución de 1978. O escudo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1981, sinala que a bandeira de Galicia é branca cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito. A Lei de Símbolos de Galicia, promulgada en 1984, establece a disposición, cor e símbolos da bandeira de Galicia. Segundo esta lei, a bandeira ten tres módulos de longo por dous de ancho e a banda é de cor azul celeste subido ou cobalto claro. Así mesmo, obriga a que conteña o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma; a disposición do escudo ten que ser centrada e a súa altura debe ser igual á metade do ancho da bandeira. A orixe da bandeira galega remóntase o s XVII, momento no que era de cor branca cun copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas. Unha bandeira destas características foi empregada polo Batallón Literario durante a Guerra de Independencia. A orixe da faixa de cor azul, que a incorporou o movemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Manduas, concello de Silleda. Con 596 h (1996), constitúe o segundo núcleo de poboación do concello de Silleda, por detrás da capital municipal. A isto contribúe a súa situación á beira da estrada nacional N-525 e, sobre todo, a estación do ferrocarril de Santiago de Compostela a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciou estudios de Arquitectura que abandonou debido a unha doenza física. No Brasil comezou a súa produción literaria en xornais e foi profesor de literatura hispanoamericana na Faculdade Nacional de Filosofia. Considerado como o pai da poesía modernista brasileira, entre as súas obras poéticas destacan: A cinza das horas (1917), Carnaval (1919), Libertinagem (1930), Estrela da tarde (1962); como prosista escribiu Crônicas da província do Brasil (1937) e Apresentação da poesia brasileira (1946), entre outras. As súas investigacións levárono a mergullarse nos cancioneiros medievais galego-portugueses, dando como froito o poema “Cossonte”, onde emula a famosa cantiga “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Extremo setentrional da illa de San Martiño ou Illa do Sur, no arquipélago das Cíes, (concello de Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo integrante dunha bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o artigo 4. 2. da Constitución Española, aprobada en 1978, os estatutos das respectivas comunidades autónomas poderán recoñer bandeiras e enseñas propias. Non existe un modelo homoxéneo para as 19 autonomías españolas, senón que cada unha segue modelos diferentes: Asturias, Madrid, Murcia, Navarra e Melilla son monocromas; Aragón, Illes Balears, Catalunya e a Comunitat Valenciana seguen o modelo tradicional catalano-aragonés de varias faixas amarelas e vermellas; as restantes comunidades empregan distintas cores na composición das súas bandeiras aínda que difiren na disposición. A bandeira de Andalucía está composta por tres faixas horizontais da mesma anchura: a primeira e a terceira verdes e a segunda branca. A bandeira de Aragón está composta por nove faixas horizontais da mesma anchura, alternando a cor amarela nas impares e a vermella nas pares, e sobre elas un escudo acuartelado con coroa ducal que leva no primeiro cuartel, unha árbore de sinople, sobre campo de ouro; no segundo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de expansión dos colonos do Brasil que se basea na organización de bandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da Serra de Larouco, no límite entre as parroquias de Lucenza (concello de Cualedro) e Gudín (Xinzo de Limia), que ten o seu cumio a 1.026 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bandeira pequena usada como distintivo, ornamento, etc.

    2. Mensaxe publicitaria realizada en tea, cartón ou superficie plástica e que xeralmente se presenta como colgante. As bandeirolas urbanas teñen uns tamaños e características predeterminadas e moi variadas; normalmente se colocan nas farolas de iluminación pública.

    3. Bandeira pequena, como a que se soía poñer no cume da hasta das lanzas dos soldados de cabaleiría.

    4. Bandeira destinada a facer sinais ou indicacións.

    5. Bandeira pequena, alongada e estreita, rematada en punta, colocada nas representacións heráldicas nas mans de Cristo resucitado, de san Xoán Bautista e doutros santos.

    6. Pao empregado para sinalar puntos determinados dun terreo no momento de medilo, de marcar unha localización, un límite, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que designa un ‘tipo de encaixe que ten forma oval e se emprega para adornar mobles’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Múnic e Roma. É autor do monumento a Armini (Hermann), heroe dos queruscos fronte aos romanos, Hermannsdenkmal, situado na selva de Teutoburgo (1830-1875), considerado unha obra mestra da arte romántica. Fixo tamén as esculturas do frontón da Gliptoteca de Múnic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marxes de papel nas follas dos selos de correos, que poden ilustrar títulos relacionados coa emisión de selos ou algún debuxo alusivo ao mesmo. Non teñen valor postal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De entre as súas obras salientan o Canzoniere (Cancioneiro, 1544) e as duascentas catorce Novelle (Novas, 1554-1573), cada unha precedida por cadansúa carta dedicatoria, que permite o coñecemento de detalles da vida de personaxes da época, na liña de Bocaccio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que saíu na vila de Ribadeo (Lugo) no ano 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada na cidade da Coruña. Apareceu en 1855 e cesou ao ano e medio. Entre os seus redactores figuraban Abelardo Carballo, Antonio de San Martín e N. Rúa Figueroa. O seu impresor era Timoteo Pombo. Destacaba no seu formato a marca dobre holandesa con gravados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal santiagués que apareceu en 1887 baixo a dirección de Andrés Rey Varela, quen figuraba tamén como fundador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Continxente militar creado en xullo de 1936, organizado e dirixido polo comandante Barja de Quiroga. A pretensión deste continxente era a de alistar soldados na retagarda galega e, unha vez conformado o grupo, fornecer o exército sublevado que combatía a II República. En agosto do ano 1936 saíron para a fronte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter anarquista, de periodicidade bimensual, editada na Coruña entre maio e setembro de 1888. Defendía os intereses dos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente nacionalista ucraíno. Foi cofundador, en 1929, da Organización de Nacionalistas Ucraínos (OUN), nos territorios ucraínos unidos a Polonia en 1919, da que se converteu en presidente. En 1936 o goberno polaco condenouno a prisión perpetua. Ao caer Polonia en 1939, puido fuxir e reorganizar as actividades do OUN e en 1941 converteuse en presidente xeral. Decidiu estender as actividades da organización polos territorios ucraínos da Unión Soviética, onde o 30 de xuño se proclamou o restablecemento da independencia. Detido pola Gestapo, negouse a colaborar cos nazis, fuxiu cara aos territorios aliados e dirixiu dende alí o Exército Ucraíno de Resistencia (UPA). Morreu asasinado polo axente da KGB Bohdan Stacinskuj.

    VER O DETALLE DO TERMO