"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • CAPITAIS

    Capital da República do Congo (973.579 h [1992]). Situada na beira dereita do río Congo, sobre o lago Stanley-Pool, esténdese sobre unha serie de terrazas graduais. A cidade medrou polo aluvión de inmigrantes das áreas rurais do país, e para acoller este fluxo humano na súa periferia xurdiron unha serie de novas localidades (Poto-oto, Bacongo e Moukondji-Ngouaka). A súa principal función, dado o seu carácter capitalino, é a administrativa. Tamén é un centro comercial e industrial, condición favorecida tanto polo volume demográfico como polo seu importante porto fluvial sobre o río Congo, navegable augas arriba. Unha liña de ferrocarril une a cidade con Pointe-Noire, o seu porto no litoral atlántico. As principais ramas industriais son a alimentaria, a téxtil, a do coiro, a madeireira, a dos materiais de construción e os talleres ferroviarios. Hai estaleiros de construción de buques para a navegación fluvial. É sede da Université Marien-Ngouabi, fundada en 1961. Foi fundada no 1880 como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión celebrada en Brazzaville en xaneiro de 1944 polos representantes das colonias de Francia, presidida polo xeneral De Gaulle e por René Pleven. Esta conferencia estableceu os principios das reformas diplomáticas, administrativas e sociais que levaron á creación da Union Française (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Brest (na actual Bielorrusia) o 3 de marzo 1918, polo que o goberno bolxevique de Rusia, en cumprimento dunha das demandas populares que propiciou a súa chegada ao poder, acordou, á marxe dos seus aliados, poñer fin á guerra que mantiña con Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (Primeira Guerra Mundial). Os rusos renunciaban aos territorios de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia occidental e ás súas posesións no Caúcaso, admitindo a independencia de Ucraína e Finlandia, e comprometéndose ao pago de indemnizacións. O tratado foi anulado en novembro de 1918 trala rendición alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 8 de maio de 1360 na aldea de Brétigny (no actual departamento de Eure-et-Loir) entre Francia e Inglaterra, que puxo fin á primeira parte da Guerra dos Cen Anos. Esta contenda ocasionou numerosas perdas económicas e territoriais para Francia na zona sudoccidental do país, ademais da renuncia de Eduardo III ás súas pretensións sobre a coroa de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario polaco. Tivo un papel conciliador nas loitas entre os clasicistas e os románticos. De entre os seus poemas foi moi célebre o idilio Wislaw (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co mazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Pontevedra. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Broucar. As súas armas levan, en campo de goles, unha maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz característica do boi, da vaca ou doutros animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O do brazo occidental do Nilo e ao S de Alexandría (10.130 km2; 3.973.000 h [estim 1995]). A capital é Damanhūr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Foz. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Burazón. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, un buraz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Castaña cocida ou asada sen casca.

    2. Larva da bolboreta antes da metamorfose, que afecta ás verduras en forma de chaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Procedente do integrismo, evolucionou cara a un pensamento socialcristián. Foi ministro de Gracia e Xustiza en 1915 e 1917 e ministro de Gobernación en 1919. Opúxose á actuación dos elementos extremistas da Federación Patronal e do Sindicato Libre de Barcelona e, máis tarde, á ditadura do xeneral Primo de Rivera. Publicou El problema social y la democracia cristiana (1914) e Páginas históricas (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os límites dos concellos de Guitiriz, Begonde e Vilalba. Na marxe esquerda do río Ladra. O seu cumio atópase a 535 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Paraguay (11.474 km2; 435.461 h [estim 1998]). A súa capital é Coronel Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Paraguay (9.496 km2; 140.696 h [estim 1998]). A súa capital é Caazapá (2.948 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade cultural vasca do s XVIII, de ideoloxía ilustrada, fundada no 1748, que deu orixe á Sociedad Económica Vascongada de Amigos del País.

    VER O DETALLE DO TERMO